Translate

jueves, 18 de junio de 2009

Tempo de reserva


Xa foron varios os que se decidiron, pero queremos lembrarvos que estades aínda a tempo de reservar a vosa camisola do BOUDEVARA.
Farémolas baixo pedido, polo que se estades interesados debedes facer a vosa encomenda a xaquin@beiradomar.es ou linoprieto@gmail.com antes do día 30 de xuño, indicando numero de unidades e talla.
Non te quedes sen ela.

2 comentarios:

andrea dijo...

A ver ho, haberá que encarregar unha (polo menos)para compostela, logo!

Das tallas non me fío eu nada, que parece que aquí non hai xente miúda! Así que nada, a máis pequena para min, e se aínda así queda grande, xa haberá alguén a quen lle caia de regalo.

Por certo, tedes tamén camisolas de tirantes ou así? É para ir un pouco mais sesis (e fresquinhas), xa sabes...

apertinha dende compostela
andreia

bou de vara dijo...

Ola Andrea, como di Lino: "oido cociña".
O da talla non te preocupes, da talla pequena podes facer un traxe chaqueta-pantalón de mini saia moi elegante e resultón.
Como a nos tamén "nos tira-la sisa", imos mirar posibilidades.
Ate pronto