Translate

lunes, 7 de junio de 2010

CARRIL 2011



Carril ven de acadar o apoio da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), para organizar o
X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA 2011.
,
que se vai desenvolver enter os días 30 de xuño e o 1, 2 y 3 de xullo do vindeiro ano.
Alí estaremos.



Dende Boudevara felicitamos a toda a candidatura, encabezada polas asociacións Rompetimóns e a Asociación Náutica e de Cultura Marítima de Vilaxoán e co apoio da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol, o Círculo Artístico Deportivo Gato Negro, Mulleres Rurais, a Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía de Arousa.


Bote de Carril.
(Foto: rompetimóns.blogspot.com)

Neste caso, Carril presentábase por segunda vez cunha candidatura máis madura que no ano 2009, cando finalmente foi Muros a vila elexida. Agora aqueles tempos erroneos do pasado (no meu entender) nos que Carril deambulaba polos terreos fangosos da Federación Galega de Vela con aquel intento de reducir o Bote Tradicional de Carril a un mero artiluxio para regatear baixo unha regulamentación de plástico denominada Clase Bote de Carril, semellan lonxes, moi lonxes. Aquel invento case acaba con boa parte da cultura mariñeira carrilexa, pero agora a cosa trocou e moito, e os botes voltan a ter un futuro digno por onde navegar e lucirán máis que nunca acompañados do galeón Illa de Cortegada. (recoñecemento tamén para Pepin, director do Parque Nacional Illas Atlánticas por respaldar o proxecto).


Galeón Illa de Cortegada. Asteleiros Mougán. Illa de Arousa.
Foto: rompetimóns.blogspot.com



Galeón Illa de Cortegada nos asteleiros Mougán da Illa de Arousa con motivo da botadura da dorna de tope Lavanqueira da ACD A Fasquía da Illa de Arousa (2008). A bordo, o carpinteiro de ribeira Juan Servando esforzándose en explicar os detalles do proceso de contrucción, aínda que a miña prole non semella moi concentrada na lección.


ENQUISA

Finalmente, dicir que os votáchedes na enquisa, acertáchedes mairitariamente coa elección da sede do Encontro (80%). Moitas gracias por votar na enquisa con maior participación até o de agora. Finalmente o Xefe da Mesa electoral, coma sempre, unha vez feito o reconto, recolleo a mesa e marchou.



NORABOA A TODOS