A editorial Hoja de Lata, ven de publicar "SÁLVORA. DIARIO DE UN FARERO", un traballo persoal de Julio Vilches, fareiro da illa dende 1980 até o mes de agosto de 2017.
reproduzco a presentación que nos aporta a páxina da propia editorial:
Hoja de Lata. "Sálvora. Diario de un Farero".
Unha mañá brumosa de 1989, Julio
Vilches desembarca en Sálvora, illa localizada na bocana da ría de Arousa,
disposto a estrear a súa praza de fareiro. O reciben un estartelado faro en
obras, dous quilómetros cadrados de praias e bosques virxes, cabalos salvaxes,
estrondo de gaivotas e os seus novos veciños: Andrés, un axudante acordeonista
con moito perigo, e o Algarrobo, coas súa egrexia carabina. Para Julio, Sálvora
será a partir de agora un anaco de terra libre onde celebrar a vida xunto a unha
peculiar comunidade móbil de animais, amigos, amantes, náufragos e trotamundos
mariños.
Con inusitada frescura e non exenta de drama e humor, estas páxinas recollen en primeira persoa, os quefaceres e a evolución do oficio de fareiro, o traballo de cotío nunha illa practicamente deserta, onde os traballos e as avarías do faro altérnanse con sesións de guitarra e cancións xunto a cheminea, guerras feudais co marqués propietario da illa, recollida de “mareas louras” lanzadas ao mar por contrabandistas en apuros, auxilio de mariñeiros accidentados, perigosas travesías marítimas, animadas festas e tamén, épocas intermitentes de soidades (relativas).
Edición de Gloria Vilches
Julio Vilches
(Valencia 1953)
Farero de Sálvora dende 1980 até
agosto de 2017.
O libro é de todo recomendable, son 37 anos de oficio narrados en primeira persoa por unha testemuña de privilexio para poder comprender a vida dun fareiro e se cadra, a transformación da sociedade dende a atalaia dun farol alumando o mar e a terra ao seu redor.
Deixovos unha escolma de imaxes dunha travesía realizada en setembro do ano 2012 onde fumos recibidos precisamente por Julio, que nos convidou amablemente a subir até o alto do faro:
Julio Vilches na entrada do Faro |
imaxes de Rafael Padín.
Para os que queirades ver máis imaxes do faro, deixo o enlace daquela xornada de setembro de 2012
BOUDEVARA: VERÁN II
Noraboa pola publicación do libro e até sempre.