Translate

jueves, 27 de noviembre de 2008

ANO 2005: 10 Aniversario do Clube Mariño Salnés



Ano 2005: Foi o ano do VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.Cambados 2005, así que non ai moito máis que contar, se cadra que a xente do CMS andou tamén centrada ese ano preparando a sede da Federación, un local cedido vía convenio pola Confraría de Pescadores de Cambados e que serviría tamén de oficina e local de referencia para a Comisión Organizadora do Encontro Cambados 2005.
A partir dese mo
mento as Asembleas xa se van a celebrar aquí, substituíndo á Casa da Cultura de Cambados que viña exercendo de sede oficial.

Penso que foron uns grandes encontros que marcaron o guión dos Encontros do futuro, e a Comisión Organizadora funcionou coma unha piña. Como as imaxes valen máis que mil palabras aí van unhas fotos do fotógraso ofisial Lino Prieto


Saíndo ó mar entre o muelle de Cambados e o de Santomé. En imaxe a dorna de tope cambadesa Airexa. A pé de foto o trincado ferrolán bedoiano Ría de Ferrol.



Esta foto me gusta, me gusta moito. Pantalán co bote de cesantes "Burbida" en primeira plana. Saúdos a "Juanito", presente en todos os encontros dende a primeira edición ate a última en Ferrol. E sempre chegou navegandó.

Por aí tamén se ve a Belida, o racú a Oleira,.......




Por aq
gamela coruxeira, a Rabandeira de Vilanova e A Nova Jorita de Cambados





.O Mediterraneo convidado de honra.


muleta "Dunia"



Portugal estivo ben representado coa "Fe en Deus", a "Bosa Sr. dos Anjos", o Moliçeiro ou a "Nsa. Sr. da Agonía"




Os vascos de Albaola que marcharon bogando igual que os irlandeses,


















A flota meca presentou o dornón " A Irmandiña", ían pra América pero desidiron non ir que alí os centolos dis que están cativos.


Foron uns encontros de moita programación cultural, e especialmente bonito foi a recreación da descarga e lañado do peixe polas peixeiras no lavadeiro do muelle de Cambados, cos xeiteira traendo o peixe a terra, nas patelas, que foron feitas expecialmente para a ocasión por Toño, o noso cesteiro

Toño o cesteiro no Pavillón dos artesáns


O ultimo día do Encontro de Cambados, Xabi Argote solicita unha reunión para tratar o proxecto I Encontro Vasco-Galego a celebrar en Pasaia. Alí fumos unha boa representación da FGCMF.


Dorna de Tope da Illa de Arousa: Parada, Pimón, Melquiades,eu e duas rapazas de Albaola. Pasaia 2005

No mes de novembro asisto á Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal para falar na mostra “O Mar, o Barco e Máis Nós”, e como dixo Oswaldo no blog de Sodináutica "También fué el último acto público del presidente saliente de la Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial”. (Jústame eso de saliente). Aínda que esto non foi de todo certo xa que nesas datas tamén asistin a unha reunión no Museo do Mar de Vigo, con Pablo Carrera, Dionisio e representantes da organización de Brest, o cometido era comprobar a dispoñibilidade e capacidade para que Galicia esté presente en Bret 2008 como convidada de honra, pero eso xa é outra historia.

No mes decembro dese ano deixo a Federación e a partir de aquí xa non me corresponde a min falar dela, así que a vindeira entrega correspondente o ano 2006 estará centrada no Clube Mariño Salnés. Simplemente dicir que no primeiro mes do ano 2006, outro cambades e membro do CMS accede á presidencia da FGCMF, Fernando Piñeiro, o actual presidente.


Cousas curiosas dese ano:

Pardavila estrea dorna, "A BAzarra", e a leva con orgullo ó Pais Vasco, a súa outra patria.

Aquí os andan: Pardavila, Calviño e o mestre Camba.



E antes de que se fixera oficial o cartel de Cambados, un xoven rapas, meco por máis señas, manda a Federación unha proposta:


¿Que che parece Lino?

miércoles, 26 de noviembre de 2008

PIRATAS DO CALIME

A semana estivemos a falar moito de pitatas. Lino, experto manilupador de textos, imaxes e santas devocións, envía a primeira entrega desta serie de "Pitatas do Calime na procura do Teodoro de Malpica", que ven a ser unha serie de fotos de homens e mulleres da bichicomada de los barcos viejos de madera transformados polo fochochó.

Animádeos e a ver que sae daquí. As fotos as podedes mandar á:

xaquin@beiradomar.es ou ben a linoprieto@gmail.com

1ª entrega:
Capitán Caramechas
foto orixinal: F.Fdez. Rei
fochochó: Lino Prieto

NOTA:
1. se non tendes fochochó, tamén podedes mandar unha foto e nos a manipulamos no taller de tuneado boudevarafochochó.
2. Podedes puntuar as montaxes nunha escala de 1 a 5 puntos, así podemos elixir a mellor fochochada do mes.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Chegou San Venres

Carteis: Ribeira 1993 - Muros 2009

Ben, xa vexo que estades un pouco retraídos con esto da critica de arte.

A min o cartel gustoume sobre todo pola diferencia co cartel do ano 93, un cartel moi significativo e xa mítico, en branco e negro (etnografía) e o neno coa maqueta da dorna “Javiota”. A dorna rematada por Juan Servando en Brest foi bautizada co mesmo nome. Pola contra este é unha pintura, con forza de cores, moi vitalista e chamativo. A min gústanme particularmente os carteis pintados fronte a fotografía. Son dous conceptos moi distintos que sempre se presentan cando toca elixir. En Combarro por exemplo a metade quería unha foto antiga dun galeón de Combarro por aquelo do valor histórico, e outros algo máis moderno e chamativo argumentando o papel reclamo dun cartel. Nesa ocasión se fixeron dous, a foto para o Encontro, e o “artístico” para a Festa do Mar.

Botadura da dorna "Javiota. Bret 08. Foto Dornablog

Nalgunhas exposición que se teñen feito sobre carteis de Regatas e Encontros puidemos comprobar o gusto dos galegos pola fotografía fronte a artistada. Moi distinto dos Bretóns, por exemplo, que normalmente acoden ó óleo. Na I Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Cambados presentamos como cartel un óleo (obra miña) e a xente gustoulle moito, poucas ocasión máis tivemos para ver un cadro de cartel. No Encontro de Cambados 2005 tamén collemos un óleo de San Tomé, pintado en 1912 por Bríxida Leiro (polo apelido xa vos imaxinades de quen é familiar).

Agora Muros semella facer unha aposta por converter a cita 09 nunha data mítica, con pintura rupestre de novo século, expresiva e colorista. Fecunda. (V)


Persoeiro da semana: Esta semana non puxen ningunha nova (agás o cartel de Muros) porque quería manter a relevancia daquel Novembro do 2002 que tivo tantas imaxes para tantos titulares. Para este blog escollín a do Capitán Mangouras. Para elixir persoeiro desta semana consultei co capitán, e falando e falando coincidimos na admiración e fascinación por un gran persoeiro do mar:

O Capitán Kid

Persoeiro da semana: Capitan Kid


Corsario KID

O Capitán Kid foi tratado pola historia coma un pirata. Foi executado como tal e penduraron os seus restos nunha gaiola ós pés do Támesis para escarnio e advertencia. Kid era un corsario, e foi capitán do Adventure Gallei, un impresionante barco de guerra da época, co cometido de “cazar” piratas que amenazaban ó trafico de mercadorías da potente Compañía das Indias Orientais. Finalmente, viuse atrapado entre unha maraña de intereses e traicións. Entre as oscuras ambicións de monarquía inglesa, os gordos usureiros e os especuladores sen escrúpulos acabaron con el, e o condenaron como chibo espiatorio para tapar as miserables mentes dos que o condenaron.

Recomendo este libro “El Cazador de Piratas” de Richard Zacks” que penso fai xustiza non so a Kid, senón tamén a aquelas persoas do mar que se ven presas das miserables ambicións terrais.

Se Mangouras é Kid son piratas, entón eu tamén:

Lancha Xeiteira "Nova Marina". Douarnenez 2004

miércoles, 19 de noviembre de 2008

presentación cartel Muros 2009

Cartel IX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA
Muros 2009



Estes días presentouse o cartel de Muros 2009 no Salón Náutico de Barcelona. Que vos parece?

viernes, 14 de noviembre de 2008

aniversario do Pretige

Capitán Apostolos Mangouras

Nunca mais un capitán preso pola incompetencia política


miércoles, 12 de noviembre de 2008

seguimos: 10 anos do Clube Mariño Salnés

ano 2004. Un ano de luces e moitas sombras para o CMS

A semana pasada quedei na botadura do Galeón “Nuevo Sofía” que non puido estar rematada a tempo para os encontros da Illa. Poucos días despois formaba novo equipo para dirixir a FGCMF, imos por partes:

Ano 2004

A Muller de Balboas ó botala ó mar.
Douarnenez 2004

CMS: o ano 2004 foi o ano máis especial e raro para o Clube Mariño Salnés por moitos motivos. A asociación estaba seriamente “tocada”, nun calexón sen saída, “nin arre nin xo”. Pero ese ano aplicamos aquelo de ou rompe ou racha, así que dende o CMS mandase un bujinaso que resoa coma un aturuxo en toda a Ría: formar unha candidatura para albergar o VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, nin máis nin menos. Había que botarlle un par de relingas.

Así que, no tempo de plegar velas, nos armamos ata a escandalosa. ¿Estábamos tolos?. O senso común dicía que eso non podía ser. Máis mirando a botella chea cando tan so tiña unhas pingas, veu a sentencia: agora ou nunca. Así era, de non facer unha candidatura ese ano, Cambados posiblemente non tería unha oportunidade de albergar un encontro en moitos anos.

A loucura por outra banda estaba calculada, ademais de contar con bos patróns para levar adiante aquela empresa, en Cambados xuntábanse aquel ano condicionantes favorables para emprender a aventura. Así, os outros colectivos cambadeses integrados na FGCMF, Grupo Etnográfico Mascato e Asciación Náutica “As Joritas”, respaldaron a proposta, tamén a Confraría de Cambados e paso a paso outros colectivos foron enganchándose á candidatura: Concello, Asociación de Comerciantes, Asociación de mariscadoras “Guimatur”, Colectivo Ecoloxista do Salnés,.... xa estaba armada a tripulación. Quedaba gañarlle a “loita” á candidatura de Vigo.

Foi un ano de moito traballo pensando no 2005 que estaba á volta da esquina, pero tamén había que atender as citas inmediatas como a presencia do Clube en Douarnenez 2004, a onde fumos coa Muller de Balboas e cunha expedición de circunstancias. A cita bretona tomouse como unha proba interna para saber si o Clube funcionaba como unha asociación ou si por contra simplemente ía de remolque ou lastre de esforzos persoais. Os integrantes da expedición cambadesa non foron os peores en terras bretonas pero o comportamento colectivo “deixou moito de desexar” e non se soubo estar a altura de representar a unha Asociación e unha vila que ía albergar un Encontro. Así de claro.

Douarnenez 2004 abriu unhas enormes fendas na mesma liña de flotación do Cube, deixando ferida seriamente a unha asociación que definitivamente semellaba afundirse, aínda que eu me negaba a aceptalo. Xa case afundidos seguimos vogando, coma o Cid, pero con dorna e sen cabalo, en camiseta e sen armadura. Quedaba a esperanza de que o Encontro do seguinte ano fose milagreira auga de maio. Era o que quedaba.

A Muller de Balboas navegando (Isidro, Mejete, Toño O Cesteiro e eu). Douarnenez 2004

Festa de Galegos, Vascos e Bretóns, a bordo dunha goleta con motivo do
Aniversario da creación da Federación Bretona pola Cultura Marítima
(por aí se ve a Pardavila, Mónica, Santi, Koki, Juan, Chus... e eu ó acordeón)

Para a Federación, foi o ano de inicio dun novo ciclo, de feito ese ano formalizouse como “marítima e fluvial”, se ben eu, agora de presidente, non ía “protagonizar” este novo ciclo, simplemente me consideraba unha peza de transición ou lanzadeira. Naquel momento eu xa andaba con outros proxectos na cabeza tanto a nivel profesional con Intramar, como a nivel persoal, a miña familia tiña trazas de medrar. Así que plantexei unha presidencia de dous anos cuns cometidos claros: Douarnenez 2004, Encontro 2005 e preparar un equipo forte para coller o relevo no ano 2006.

Como acompañantes para eses dous anos formaron equipo comigo Joao (barcos do norte), Rosiña (Portonovo), Arturo Loureiro (Ferrol), Fran (Galos), Víctor (Bouzas) e Uxio (Dorna) e tamén se integraron outras moitas persoas a través das comisións de traballo: exposición (Oswaldo) publicacións (Javucho, Lino, Dionisio, Luís e Paco Rei), navegación (Fernando), lexislación (Paco Paxaro e Pablo Carrera), etc. , moitas delas eran membros tamén da Comisión de Traballo para o Encontro Cambados 2005. Chegou o momento de adxudicar, e Cambados gañou fronte a Vigo. E non foi fácil e mesmo se tivo que chegar a unha segunda volta despois dun empate na primeira votación (eu non empreguei o voto de calidade e me abstiven nas dúas votacións por razóns evidentes).

A Federación seguiu coa política de saír fora, Marsella, Donosti, Vila do Conde e a Barcelona convidados por el FAR, alí presentamos o proxecto do Encontro e plantexamos que “O Mediterráneo” fose o convidado de honra en Cambados. Voltaríamos a Barcelona para participar na Festival del Mar, onde se sentaron as bases para a creación da Confederación Ibérica de Patrimonio Marítimo e Fluvial. Ese ano estrenouse a Revista Ardentía (este nº 1 como apoio da FGCMF á candidatura promovida por Ponte nas Ondas ante da Unesco para o Patrimonio Inmaterial Galaico-Portugués), esto foi dentro da II Xornada de Cultura Tradicional organizada pola Asociación Canle de Lira, nace o I Encontro Vila de Muros e entre as novas incorporación á Federación, a Asociación Esteirana de Remo (estes datos interesantes en relación con Muros 2009). E como non, fumos outra vez a Douarnenez 2004, o maior despliegue ate ese momento de navegantes, barcos, contidos expositivos e animación. Dende aquela primixenia expedición a Brest 1992 a cultura marítima galega, dende a óptica do movemento asociativo, tiña percorrido un bo treito. (recomendo o resumo de Douarnenez 2004 en apupo nº 7 ou ardentía nº 1).

Anécdotas dese ano:

Benuá e Emili

A Benuá (o bretón) o coñecín nun Loureiro en Cambados tomando uns tintos. Contoume que era carpinteiro de ribeira e que estaba pasando unha temporada en Galicia para coñecer o traballo dos asteleiros de madeira. Nos fixemos moi amigos. No 2004 nos veu a visitar a Douarnnez. E dous anos máis tarde me visitou en Cambados, onde saímos con Nacho (tamén socio de Intramar S.L.) a dar unha volta no Zorba (Galicia Vai a Vela S.L.).


E o 2004 foi o ano no que o Chiquitín (hoxe Chasula) en
tra no estaleiro dos Irmáns Garrido para iniciar unha longa restauración dirixida por Isidro Mariño.


O Chasula. Astilleros Garrido
O Grove. 2004



viernes, 7 de noviembre de 2008

ESTAMOS A VENRES

Remata unha semana que pasou correndo á velocidade dunha “gamba san”. Unha semana onde os blogs de cultura marítima, por iniciativa de “Singradura da Relinga”, están a preparar unha entrevista a Manuel García Sendón, presidente da Comisión Organizadora do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. Muros 2009. Unha moi boa actuación a efectos de ir coñecendo cousas do vindeiro encontro, facernos participantes activos e sentir aínda máis perto a Gran Festa da Cultura Marítima de Galicia. Esta semana, ó “sprin” dunha gamba san, quedei sen tempo para pasar do 2003 na historia do Clube Mariño Salnés, polo que para a semana que ven farei a 3ª entrega. E tamén (pensando moi egoistamente), esta semana coñecemos a boa intención de Lino Prieto de non crear un blog propio e tomar bou de vara como referente persoal para intervir e poñer o que lle pete. (adiante Lino, este blog xa é teu tamén)

Ben, o persoeiro desta seman podería ser unha “gamba san” porque nos enteramos que son unhas velocistas de medo, nada máis e nada menos que 20 metros nun minuto sen descansar. Aquí tedes información:
www.mundopesca.org/noticias/hemeroteca/2008/Noviembre/07/FARODEVIGO.htm

Sen embargo bou adicar a semana a un animaliño con roupa e mantido a pan. A cousa estaba complicada, ate fai uns segundos non o tiña decidido. Nun comentario a respecto do Encontro da Illa comentaba que era de xustiza mentar a Pablo Iglesias como presidente da Comisión organizadora Illa.2003. O feito de facerlle unha entrevista blogueira á persoa que vai presidir a comisión do vindeiro encontro, xustificaba aínda máis a elección de Pablo. Máis penso que ese ano 2003 tivo un referente para o conxunto da Federación e máis para min a nivel persoal.


Así que co permiso de Pablo Iglesias o
persoeiro desta semana é Xabier Trepat, Trepa.

Persoeiro da semana: TREPA

Xabier Trepat. Trepa
Festa do Mar. Combarro 2006
Foto: Lino Priero (Fotógrafo Ofisial de Bou de Vara)

Naquel ano 1999 na que empezamos a traballar na comisión xestora da FGCM na casa de Isidro, asistía Telmo (membro da Amigos da Dorna de Portonovo) porque o tal Trepa estaba de viaxe. Daquela eu aínda non o coñecía. Despois dalgunhas reunións apareceu con cazadora negra de flocos e casco de moto, alto, delgado e sorriso socarrón. Asiña decateime que tiña unha forma peculiar de actuar, “á catalana”. Era pragmático, acostumado a resolver as cousas por orden de prioridade, separando o grao da palla. Dinme conta que eso era o que se precisaba naquel momento de tanta empachada, de tanto discurso carregado de ideoloxía, principios, valores metafísicos, abstraccións e castelos no aire. Chegou trepa e mandou calar, primeiro esto, despois aquilo, e se queda tempo aquilo outro, o demais o falamos na taberna. Era o mellor discurso naquel momento. As reunións empezaron a contaxiarse de pragmatismo e a levar un orde na resolución das cousas, empezando pola máis importantes ou as máis apremiantes. As cousas que antes eran tan importantes e estercaban as reunións durante horas eternas sen chegar a ningures, quedaron simplemente en conversas agradables na taberna onde intercambiabamos pareceres e nos permitíamos filosofar, era útil para coñecernos, pero estas cousas non ralentizaban o ritmo das decisións e dos acontecementos. Así establecemos dúas prioridades, a inmediata organización de Douarnenez 2000, despois os Encontros 2001. Despois xa veríamos. E así ate o 2003, cousa por cousa e por orden, e foron moitas.

É certo que tiven con el moitas discrepancias e momentos duros, pero traballamos man con man durante moitos anos. Foi unha persoa “providencial” naquel momento delicado e sen embargo, no meu entender, non recoñecido suficientemente. A Trepa estas cousas tráenlle sen coidado, de feito se lee esto diría “¡Bo, cousas de Xaquín!”, pero eu emprego este blog para lembrar a súa gran aportación.

Agora, Trepa anda de monitor con nós na empresa Intramar, onde fai de segundo de abordo no Chasula con Isidro, vaia parexa.

Trepa no porto de San Tomé. Programa escolar Aprende á Beira do Mar. Cambados 2008















E este é Pablo Iglesias, presidente da Comisión Pro-Encontro Illa 2003

Pablo a bordo da Recouvrance.
Ferrol 2007
Foto: Lino Prieto




Boa fin de semana e ate luns

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Campaña do bou de vara 2008

Largando o Bou de Vara. Flota de Cambados. 2008

Onte abriu a campaña do bou de vara 2008 e as cousas non parecían ir moi ben, os mariñeiros empregaron máis tempo e tiveron máis dificultade para chegar ós topes que en anos anteriores. Por riba o prezo da volandeira, ou do choquiño anduvo moi baixo. Hoxe polo menos os prezos parecen reaccionar á alza, sobre todo a volandeira. Ben, xa tedes un motivo máis para achegaros ate Cambados, a ver a flota faenar (mesmo dende a punta de Tragobe) e a probar as volandeiras, e en todo caso, animarvos a consumir productos da nosa flota artesanal.

Aquí tedes máis información:
/www.mundopesca.org/noticias/hemeroteca/2008/Noviembre/05/lavozdegalicia1.htm

Nota: Para comer en Cambados recomendo o restaurante Pandemoniun (Grupo Nove) e o seu menú de degustación, pero tamén tedes productos locais da pesca da temporada (un luxo a bo prezo).E si queredes tomar unhas vieiras excelentes e un bacallao exquisito (receita da casa), entón tedes que ir ó restaurante "O Solar".

Bou tentar darlle ritmo a historia do Clube Mariño Salnés, seguimos, estamos no ano 2003

10 anos do CMS. Ano 2003

A Muller de Balboas navegando cara a Illa de Arousa

Ano 2003: O ano 2003 tocou traballar para os encontros da Illa e o Clube Mariño Salnés apenas experimentou cambios nese ano. Os problemas internos seguían onde estaban. Fallaba a entrada de novos socios, fallaba a organización de traballo a nivel interno e a pesares do esforzo dos anos anteriores a implantación na sociedade cambadesa seguía a ser “marxinal”. Aínda así preparouse a Muller de Balboas e tamén a Julicheira para a cita de Arousa e mesmo se iniciou o proxecto para construír unha dorna de tope para o Clube dentro de proxecto Desafío A tope da Federación. As pedras da ribeira aínda manchadas de fuel do Prestige eran sinónimo do que acontecía no Clube, incapaz de zafarse de lastres do pasado e sen capacidade de reacción ante o cambio de ciclo que se aveciñaba en todo o colectivo social a prol da cultura marítima. Mentres aparecían novas asociacións, tanto de ámbito do mar coma de ríos, e históricas asociacións retornaban con folgos renovados, nós, envelleciamos prematuramente, semellaba que nos queimáramos cos primeiros cartuchos. Quedaba agardar a ver que pasaba despois dos Encontros da Illa pero a esas alturas xa tiñamos claro que a Xuntanza de Embarcacións de Cambados non ía ter continuidade, e os proxectos de novas construcción estaban no aire agardando por unha milagre na incorporación de socios novos que tirasen da asociación, pero naquel intre nin chegaban nin se esperaban.

Outro conto distinto aconteceu para o conxunto da Federación, os Encontros da Illa, case adxudicados por decreto á Cultural Dorna, funcionaron moi ben, cun importante montaxe en terra, (o pavillón dos Museos foi espectacular) e unha chea de barcos (110 inscritos).

Ese ano destacou pola especial presencia da flota portuguesa que eran convidados de honra (ese ano se instaurou por primeira vez esta distinción), tamén a presencia dos vascos (os de Itsas Bejia acudiron coa Gabarra de 14 m de slora) ou dos marselleses de La Ciotat. Os encontros acadaban ó igual que nos encontros de Combarro, caracter internacional.


O stand de Federación tamén estaba moi ben, cumpríanse 10 anos da Federación e eso notouse, tanto na dimensión do stand, como contidos, elementos expositivos e pola exposición “10 anos da federación” que estreamos para a ocasión. Nese ano a Cultural Dorna tirou de oficio e a escola de navegación tradicional foi todo un exemplo, ó igual que o conxunto da veciñanza da illa. Este éxito tamén o reflectiu a revista Chassé Mare, o seu director andivo eses días pola Arousa de convidado e ó remate manifestou: “L´lle est un petit Douarnenez”.

Curiosa para min foi a actitude dos amigos de Ferrol, con presencia considerable na Illa de Arousa, que andaban moi atentos a todo, ós stands, exposicións, animación, organización,....., algo lles rondaba pola cachola e non eran as “josefas”.

Bote de Ferrol navegando en augas de Arousa coa ponte da Illa de fondo


Anécdota dos encontros: o noso presidente Trepa, montou un “pique” entre a dorna Meca do Grove e a Jatiña de Portonovo nun chamado “desafío Cardú” . Ó final saíulle o cardú polo cuaño e a tripulación da Jatiña dou volta de quilla nas proximidades do múelle do Xufre, con norte fresco de popa e exceso de peso e contrapeso por proa. Aquelo foi algo simbólico, Trepa, que levaba xa tantas horas de piloto da nave da FGCMF, semellaba despedirse cun chapuzón. E así foi, despois dos encontros da Illa, Trepa convocou novas eleccións, remataba un exitoso ciclo que se iniciara no ano 99. (apupo nº. 6)

O ano 2003, foi un ano de moitas botaduras, botes choqueiros, dornas de tope, galeonciños e galeóns, como o de Vilanova.

Eu coa miña Delia.
Botadura do Novo Sofía. Vilanova 2003