Translate

jueves, 27 de noviembre de 2008

ANO 2005: 10 Aniversario do Clube Mariño Salnés



Ano 2005: Foi o ano do VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.Cambados 2005, así que non ai moito máis que contar, se cadra que a xente do CMS andou tamén centrada ese ano preparando a sede da Federación, un local cedido vía convenio pola Confraría de Pescadores de Cambados e que serviría tamén de oficina e local de referencia para a Comisión Organizadora do Encontro Cambados 2005.
A partir dese mo
mento as Asembleas xa se van a celebrar aquí, substituíndo á Casa da Cultura de Cambados que viña exercendo de sede oficial.

Penso que foron uns grandes encontros que marcaron o guión dos Encontros do futuro, e a Comisión Organizadora funcionou coma unha piña. Como as imaxes valen máis que mil palabras aí van unhas fotos do fotógraso ofisial Lino Prieto


Saíndo ó mar entre o muelle de Cambados e o de Santomé. En imaxe a dorna de tope cambadesa Airexa. A pé de foto o trincado ferrolán bedoiano Ría de Ferrol.



Esta foto me gusta, me gusta moito. Pantalán co bote de cesantes "Burbida" en primeira plana. Saúdos a "Juanito", presente en todos os encontros dende a primeira edición ate a última en Ferrol. E sempre chegou navegandó.

Por aí tamén se ve a Belida, o racú a Oleira,.......




Por aq
gamela coruxeira, a Rabandeira de Vilanova e A Nova Jorita de Cambados





.O Mediterraneo convidado de honra.


muleta "Dunia"



Portugal estivo ben representado coa "Fe en Deus", a "Bosa Sr. dos Anjos", o Moliçeiro ou a "Nsa. Sr. da Agonía"




Os vascos de Albaola que marcharon bogando igual que os irlandeses,


















A flota meca presentou o dornón " A Irmandiña", ían pra América pero desidiron non ir que alí os centolos dis que están cativos.


Foron uns encontros de moita programación cultural, e especialmente bonito foi a recreación da descarga e lañado do peixe polas peixeiras no lavadeiro do muelle de Cambados, cos xeiteira traendo o peixe a terra, nas patelas, que foron feitas expecialmente para a ocasión por Toño, o noso cesteiro

Toño o cesteiro no Pavillón dos artesáns


O ultimo día do Encontro de Cambados, Xabi Argote solicita unha reunión para tratar o proxecto I Encontro Vasco-Galego a celebrar en Pasaia. Alí fumos unha boa representación da FGCMF.


Dorna de Tope da Illa de Arousa: Parada, Pimón, Melquiades,eu e duas rapazas de Albaola. Pasaia 2005

No mes de novembro asisto á Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal para falar na mostra “O Mar, o Barco e Máis Nós”, e como dixo Oswaldo no blog de Sodináutica "También fué el último acto público del presidente saliente de la Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial”. (Jústame eso de saliente). Aínda que esto non foi de todo certo xa que nesas datas tamén asistin a unha reunión no Museo do Mar de Vigo, con Pablo Carrera, Dionisio e representantes da organización de Brest, o cometido era comprobar a dispoñibilidade e capacidade para que Galicia esté presente en Bret 2008 como convidada de honra, pero eso xa é outra historia.

No mes decembro dese ano deixo a Federación e a partir de aquí xa non me corresponde a min falar dela, así que a vindeira entrega correspondente o ano 2006 estará centrada no Clube Mariño Salnés. Simplemente dicir que no primeiro mes do ano 2006, outro cambades e membro do CMS accede á presidencia da FGCMF, Fernando Piñeiro, o actual presidente.


Cousas curiosas dese ano:

Pardavila estrea dorna, "A BAzarra", e a leva con orgullo ó Pais Vasco, a súa outra patria.

Aquí os andan: Pardavila, Calviño e o mestre Camba.



E antes de que se fixera oficial o cartel de Cambados, un xoven rapas, meco por máis señas, manda a Federación unha proposta:


¿Que che parece Lino?

5 comentarios:

Lino dijo...

Saca eso de ahi, non me veñas a goder...

bou de vara dijo...

Ola Lino, atopei ese catel de total vagabundagem por vellos CDs, ó principio non sabía moi ben de onde saira, pero despois decateime que era un deseño teu. Inmediatamente decidín poñelo aquí por moitos motivos, un porque é curioso comprobar o activo que estabas xa daquela, facendo propostas e colaborando nas programacións. Por outra banda, este blog naceo para dar a oportunidade de que saian á luz cousas que moitas veces quedan no esquecemento... así lle pudo pasar tamén a este cartel onde o de menos é o deseño, ou que gañana ou non. Para min o importante e o que representa. Aportación, contribución e suma.
Agracedementos mil
boa fin de semana

Anónimo dijo...

Xaquin, non me fas caso, nin quitaches eso de ahi nin metemos o persoeiro (máis ben personaxe) da semana nin a segunda entregas dos "PIRATAS DO CALIME"
Hai jripe ou que?

bou de vara dijo...

Sr. Lino, ter un blog e coma ter un neno listo. Levo unhas semanas de medo, e non teño tempo pa ná. A verdade é que está preparado moito material para meter no blog, pero non atopo un quik-kat deses. De todo-los xeitos, xa sabes que tes toda a liberdade de meter no blog o que queiras, e no tema dos "Piratas do Calime" moito máis xa que eres o xefe do taller do fochochó. No canto de quitar ou non quitar adopto a máxima "do que se da non se quita", e aínda que fose un erro, aí está. Bou cantar unha canción popular:
"axudaime compañeiro, axudaime que non podo, que me fixo enroquerece un vaso de viño novo".
mañán podo prometer e prometo que a aventura continuará, a singradura está aberta, as velas izadas e tan so estamos a agardar unha pequena airexa que despexe a neboa e con ela a camolseira. Atento patrón, sigue firme na escota que aínda queda moita travesía e moitas aventuras ate chegar a porto.Non desesperes co ourizonte eterno, mañá racharemos esa liña que provoca un sorriso visctorioso de impunidade.
Tripulación en garda sempre, chegará o momento de sentir o vento nos callos dos pés espidos de desodorante.

Anónimo dijo...

O erro ijual foi deixar pasar a oportunidade, porque a min sígueme gustando, polo menos o concepto, pode que non sexa ningunha marabillara, pero como disía aquel... "é miña e quérolle"
Eso actualiza que pasadomañan xa é viernes e esto lojo colle óxido.
Por serto, xa son armador e próximamente haberá que armarse de rasqueta, pasta e majunje... aseptamos voluntarios con roupa de faena.