Translate

miércoles, 16 de febrero de 2011

MAR E VENTO


Encadearemos adeuses de escuma para tódalas praias perdidas
...Xuntaremos cadernos en branco da novela errante do vento


(Manuel Antonio. De catro a catro)



Paseo marítimo de San Vicente do Mar (O Grobe)

Martes 16 de febreiro
18.00H
Día de alerta vermella en toda a costa
Percorrido polo paseo marítimo de San Vicente:
dende o porto deportivo do Náutico de San Vicente até as baterias.

Escultura aos voluntarios do Prestige


Secuencias e consecuencias:

Secuencia I:





Secuencia II.





Secuencia III.





Secuencia IV.









Secuencia V.





Secuencia VI.







Secuencia VII.





Secuencia VII.






Ons dende Sálvora:


En el muelle de la Isla, dentro me quedo una rosa y no puedo ir a verla que está la mar peligrosa.
(Tango da Illa de Ons. Popular)



















máis Pedras e Cons:




















Si onte, nas horas previas á entrada do temporal, as vistas dende o paso marítimo de San Vicente eran un espectáculo, hoxe, coa entrada do temporal, tiña que ser show. En todo caso, un paseo espectácular que decorre por unha das costas máis belas das nosas Rías, entre o mar, a area, as pedras e os cons.

lunes, 7 de febrero de 2011

AUGA DOCE




O muíño non é muíño , que é a capilla dos ratos, onde se daban os bicos e mailos moitos abrazos.

(Cantiga popular da recolleita de Xaquin Lourenzo)





No Salnés non temos só mar, tamén hai ríos, e arredor deles moitos muíños.
Dende o ano 2002 está a funcionar o Obradoiro de Emprego “A Segorella”, que ten por obxecto a recuperación destes muíños espallados polos concellos de Meis, Meaño e Ribadumia. Este proxecto no que tuven a sorte de traballar na súa redaccion e tramitación inicial formando equipo coa arquitecta Maria Mariño e que bautizamos como “ A Segorella”, permaneceu activo até o ano 2008 e esta fin de semana fun ver unha destas rutas, en concreto a que sube até a Armenteira, no concello de Meis.



Segorella: Peza que fai dar voltas á moa do muíño e que remata co veo.


RUTA DA PEDRA E DA AUGA


Sabado 5 de febreiro
Hora: 11 da mañán
Concello de Meis

A Ruta: de aproximadamente seis kilómetros, iníciase na rotonda da saída da vía rápida de Ribadumia e Cambados, e chega até o Mosteiro da Armenteira. En total abrangue 32 muíños, todos catalogados e case a metade restaurados integramente.



O Rio

















Os muíños



Muíño Torto, do Xurel, co Crego, da Bouza, do Trinta, da Federica, de Batán, do Amieira, do Xordo, ... do Gaiteiro





















Enxeñería hidráulica




















A vexetación


Fento, sabugueiro, carballo, ameneiro, castiñeiro, vimieiro, abeleira, sobreira, salgueira, loureiro....















Os camiños




Mui muíño, mui muíño,bótame a fariña fóra, que a filla da muiñeira ten un andar que namora. (Popular)



















Finaliza así unha mañán de roteiro polos muíños do Val do Salnés, un camiñar sen pausa como fai a auga doce dos regatos, as veces polas canles empedradas, outras por onde quer. E camiñando, un non deixa de imaxinar o trafego de carros e bestas polas congostras empedradas, deixando a súa rutina gravada nas pedras, igual que fai a auga na paisaxe... é a Ruta da Pedra e da Auga.


Saúdos á tripulación de hoxe: Montse, Mauro e Delia.