“O par de vacas, o xugo de bois e a dorna eran as bases da economía do fogar da illa”.(Stefan Mörling, 2006)
ARQUIPÉLAGO DE ONS (
Illas Aones)

Foto: Rafael Padín ("O Jato")
Dato:
“No ano 1965, Ons contaba con 78 casas habitadas cun total de 485 habitantes, sendo a agricultura e a dorna (contábanse 34) os principais medios de vida. Había tamén nove barcos de motor de arredor de 9 metros de eslora que triplicarían o numero en pouco máis de dous anos. A falla de abrigo para estes barcos sería unha das causas do despoboamento total da Illa”. (Las embarcaciones tradicionales de Galicia).

Mörling fai este comentario sobre o modo de vida das xentes da Illa de Ons a mediados do século XX, xusto antes de que empezase a despoboación e con ela, o abandono do campo, da horta, da casa, o mar e a dorna:

Foto: carro abandoado polo camiño do Canexol. Ons 2010.

Foto: casa abandoada. Ons 2010.
Foto: dorna estragada. Ons 2010.
Remontémonos un pouco antes:Os primeros indicios de poboadores en Ons corresponden a asentamentos da cultura castrexa na Idade de Bronce (2600-900 a.C.). O mais coñecido está por riba do barrio do Canexol e coñécese polo nome de Castelo dos Mouros.
Foto: ruinas do Castelo dos Mouros
Foto: Machado de Talón. Idade de Bronce. Museo de PontevedraSe ben, poidera ser que na Illa, existise presenza humana permanente dende moito antes, se temos en conta as representacións de arte rupestre espalladas pola Illa:


En todo caso, e vindo un pouco máis para acá no tempo, o primeiro documento escrito sobre a illa de Ons atopámolo no ano 899, cando o Rei Alfonso III doa a “Isla Aones” ó Cabildo Compostelano.
Foto: Mapa da época do Catatro do Marques da Ensenada. Século XVIII. Concello de Sanxenxo.A pesares das incursión e ataques de sarracenos e vikingos, na illa estableceuse un Mosteiro no século XV do que xa non queda ningún vestixo. Ao mosteiro asóciase un sepulcro antropomorfo que se conserva nun illote na praia de Area dos Cans.
Outras fontes, apuntan tamén a posibilidade de que o sepulcro correspondese cun sistema de axustizamento, obrigando a permanecer no interior durante o tempo que durase o catigo, a aqueles que atentasen contra a orde establecida polos representantes dos gobernantes da Illa, nobles e cregos. (
Paula Ballesteros Arias. Laboratorio de Patrimonio. CSIC. UCS).
Foto Paula Ballesteros. Arqueoloxía dunha paisaxe cultural: A Illa de Ons. Charlas lanzadeiras (Noalla) . Agosto 2010.Dende finais do século XVI a illa sufreu constantes ataques de piratas e corsarios ingleses o que que provocou unha paulatina fuxida á costa dos poboadores de Ons. Por isto, no 1810, a illa fortifícase e ainda quedan os restos de duas fortalezas, una no barrio de Pereiró e outra perto do muelle, coñecida como "Castelo da Roda".

Foto: Vista dende o Castelo da Roda. (Parque Nacional Illas Atlánticas)
O aumento da seguridade permitiu a repoblación e o Estado cedía terreo para o seu cultivo a cambio dun canon. Nos anos 1835-1840 instalóuse a primera fábrica de salazón na Illa o que provocou un aumento da actividade pesqueira.
Durante todo este tempo, as disputas entre nobles, cregos e o Estado polo control e propiedade da Illa son evidentes, e despois de varias repoboacións, sobre todo de xente procedente do Morrazo, os descendientes da familia Montenegro a venden no 1919 a Manuel Riobó Guimeráns por trescentas mil pesetas. Durante este tempo os habitantes pagan á familia Riobó una renda polas vivendas e están obrigados a venderlles todo o polbo que pescan. Esta economía de autosuficiencia completábase coa agricultura e a gandeiría.

Fotos: S. Mörling.Efectivamente a illa estivo completamente cultivada, sobre todo a cara sur, mais rica e abrigada que a norte.
Foto: Mörling. Ons 1964.Aínda hoxe pódense apreciar cultivos e as terrazas (ou sucalcos)para traballar a terra .... e aínda quedan os piornos.


Fotos: millo, sucalcos e piorno. Ons 2010. Didio Riobó Bustelo (fillo do que a comprara no ano 1919), comercializaba todo o polbo que se pescaba a través da empresa Isla de Ons S.L., e case todas as capturas ían para Bueu, onde os conserveros cataláns se fixeran “donos” da zona. Iniciada a Guerra Civil, Didio Riobó foi delatado por masón ao bando nacional, aforcándose un día de outubro do ano 1936. Tiña 46 anos.
Despois disto, a illa pasou a ser controlada por un dos conserveiros cataláns de Bueu, Gaspar Massó, obtendo grades beneficios desta xestión (din que foi este mesmo o que delatou a Riobó).
No ano 1943 o Estado de Franco expropia a illa aos Riobó aducindo razóns de “defensa estratéxica militar”, mentres os conserveiros seguen explotando a riqueza pesqueira.
Ó rematar a II Guerra Mundial decae o interése pola situación estratéxica e a Illa pasa ó Ministerio de Agricultura e se decide realizar o barrio actual perto do muelle, onde se edifica una iglesia e varios apartamentos para a clase gobernante(todo cunha arquitectura moi lonxe da propia da illa e algunhas edificións nunca se chegan a empregar).


Foto: Lavadoiro da Entenza. (Obra Social del Movimiento)
Foto: casas construídas en terrazas.Despois doutros traspasos, en 1978, Ons vai para a Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia. Nos últimos anos, a familia Riobó decide prevalecer os seus dereitos de titularidade da Illa aducindo que a expropiación realizada con fines militares nunca foi executada.
Despois de varios procesos, os tribunais dan a razón a familia Riobó, polo que a Xunta de Galicia ten que acadar un acordo dinerario para poder manter a propiedade pública da Illa.

Foto: Onza vista dende o mirador de Ons. (Arquipélago das Ons. Parque nacional das Illas Atlánticas)
Desembarco de Ons:Ben, hoxe, e dende o ano 2002, o Arquipélago da Illa de Ons, pertence ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, e somos moitos os que dende ai uns poucos anos, decidimos dar por conluída a temporada de navegacións estival, acudindo ó
DESEMBARCO DE ONS que coordinan (por decir algo) os compañeiros de Bueu e Portonovo, se cadra descendentes lonxanos daqueles primeiros poboadores que deixaron riscadas as tonas das pedras “Aonas”.
Foto: saíndo para Ons. Na proa Sálvora.
Foto: mar de fondo chegando á boca da Ría. Con de Nor na amura.
Este ano, como o desembarco de Ons coincidiu co I Memorial Tito Silva, tivemos que cambiar o plan de sair pola mañá cedo e non foi até as 20.30h., cando puxemos por fin proa a Salvora. Para entón afrescaba o vento de carallo, e as previsións eran aínda peores para a noite e por fora da Ría. Aquí vos deixo un video coa Illa de Ons na proa, xa con pouca luz e sen posibilidade de coller rizos xa que ibamos coa vela de regata.
O caso é que as 22.00h estábamos fronte o muelle de Ons, xa era noite. Estabamos tan cansos e as condicións de vento e mar eran tan malas que nin sequera tentamos poñer o pe na Illa. A durmir fondeados.
Ao día seguinte, as cousas aínda se puxeron peor e non foi até medio día cando poidemos coller a neumática e ir a terra.
Como cambiou a cousa: o que eran caras larjas, ajotadas, esfameadas, sen grórea nen fé ..., trocaron en todo o contrario nada máis poñer o cú na de Checho pa lapar unha de polbo á Illa, café, copa e caroço. ¡Que barata é a felisidá!.
Despois chegou a despedida para a nosa entrañable Toco. En procesión festeira fumos a acompañala até o Castelo da Roda, onde se esparexeron as súas cinzas.
Ata sempre Toco.
Pola noite, como non, festajaiteiradaquetecriou.

Foto: en 1º plano Simón (Jaiteiro Canhero)
Xa no día seguinte, puxemos rumbo de volta e coma todolos anos, a xente non quere chegar a terra, así que a darlle un rodeo por fora de Salvora, Vionta, Sagres, Aguiño....
Foto: así de triste quedou o actual alcalde de Ons ó despedirmonos.

Foto: Ao comandante Cubeiro algo non lle chista

Foto: Agora pasa de nos e mira pa Salvora.

Foto: Toño "O Cesteiro" e Gerardo non ven as cousas claras.

Foto: xa en Aguiño topamos cunha buceta xeitosa das que levan viveiro a bordo e van coller o bolo aos da raspita.

Ben, ai que ir pechando, non sen lembrar á tripulación do Rana na travesía a Ons 2010:
Gerardo, Cubeiro, Rafa, Toño "O cesteiro", e máis eu.
Coma todolos anos, un verdadeiro pracer.
Para o vindeiro anos máis.