Translate

miércoles, 28 de julio de 2010

Tarde Julicheira

A poucos días da Regata de Dornas da Asociación A Calmoseira, andamos a poñer a punto as dornas do CMS.
Si a semana pasada toquou estrenar drizas para A Muller de Balboas, onte foi a JULICHEIRA a que estivo en probas da nova pala de timón, drizas e caña de fortuna.






De momento comprobamos que é necesario axustar a pala do timón e reparar algunhas fendas que xa son doenzas crónicas que a dorniña padece. Pero imaxinamos que aínda que non nas mellores condicións, poderemos asistir á Regata dos Calmoseiros.



Foi tamén día de escola para a nova xeración do CMS, que paparon unha tarde de solleira e vento de iniciación, !o xusto¡


Emilio


Fran


Fran, Emilio e Quico

Coma ben sendo habitual, Quico ademáis de ser xa un dorneiro de cotío, fai as labouras de fotógrafo oficial do CMS, algo que se votaba en falla xa que até o de agora ninguén se ocupaba deste tema e por iso poucas fotos temos das travesías feitas durante os últimos anos. Aquí van algunhas de onte:

















1ª LECCIÓN:

O IMPORTANTE É CHEGAR A PORTO

mañán máis

martes, 20 de julio de 2010

CRONICA DUNHA VARADA

A noite do 16 de xullo, andaba a nosa flota nerviosa e impaciente pola celebración da I Varada de barcos Tradicionais en San Tomé. Aínda que o CMS xa ten os seus aniños e experiencia en organizar cousas e colaborar noutras, era a primeira vez que se ía facer esta Varada, que inicialmente pretendía ser o escenario de presentación da recuperación dunha réplica de Gamela de Cambados. Como xa explicamos no blog do CMS, esto non foi posible e teremos que agardar un pouco máis de tempo para voltar a ver unha embarcación desta tipoloxía navegando por augas de Cambados.

A Julicheira non daba collido o sono e imaxino que andaba a soñar cunha praia chea de barcos e velas de tipoloxías irmáns.


A Julicheira en San Tomé


Dorna "Nerea" da Asociación Calmoseira de Cambados, á carón da Julicheira.

Pola mañán, reunidos na sede social, recibimos a chamada de Lino Prieto (Amigos da Dorna Meca) anunciando a cancelación da Regata dos Faros do Grove por mor da previsión de fortes ventos do norte para a tarde. “Un pao” porque a Varada quedaba seriamente condicionada, tanto polas previsións de vento como pola cancelación da Regata, o cal impedía a realización da Travesía Grove-Cambados. De inmediato tomouse a decisión de manter a programación conscientes de que as cousas non ían sair como agardábamos, pero a xente viña preparada para navegar e as caixas de sardiña que nos dou a Confraría agardaban na neveira xa co sal.


Preparando para sair

Así que decidimos deixar a Julicheira amarrada e formar tripulación única na Muller de Balboas para disfrutar dun día de navegación. Sen rumbo fixo, saímos a dar bordos pola Ría: primeiro a Carreirón, despois ó Rego de Alcalde, seguidamente ó Bao para pasala Ponte da Illa, despois viñeron os bordos cara Vilanova e o Seixo, e finalmente parada en Vilaxoán que será porto de Encontro para o ano que ben.


Tres en liña






Os risos para as facianas




Comandante Kubeiro con mais roupa da habitual.

Foi o día do bautismo de mar para novos socios que se mollaron con algún salseiro, e tamén para convidados como Fernando da “Asociación Barcas do Minho”.


Mila Miser: ás escotas


Fernando: mariñeiro de reemplazo. (Moitas gracias pola molestia de asistir co carocho)


Sobre as 18.00h voltamos para Cambados, a cumprir coa programación do que quedaba da programada Varada, pois para esas horas xa tiñamos cancelado as actuacións musicais e animacións que estaban anunciadas no Cartel.


Rafa: mariñeiro profesional do cerco á caña na longa empopada á Cambados.

Chegamos a Cambados nun plis-plas cun ventiño constante do norte pola popa e varamos á Muller de Balboas na praia, triste e soa, ¡pobriña!. Por alí non se veía barco ningún, tan só as excepcións de Anxo (Amigos Dorna de Portonovo) que se achegou a San Tomé coa Bicoca, o Sr. José e mais o Carocho de Barcas do Minho, pero xa nin sequera baixaron os barcos do remolque.


A muller sozinha

A tarde caía e ollando para a dársena de San Tomé, pensabamos no bonito que sería ver entrar os barcos para varar na praia e izar as velas...., máis non foi así. ¡Que se lle vai facer!, exclamaban algúns; e o noso presi, insuflando ánimos respostou: Ala, a asar sardiñas.


Dornas cambadesas no solpor

E así se fixo, e co lume, o cheiro das sardiñas e o Vinho Canhero fúmonos animando e pouco a pouco esquecendo o total fracaso da Varada en San Tomé. A eso das 12 da noite xa non quedaban sardiñas e o persoal desprazoude até o centro a presenciar o último traballo de Treixadura, un grupo de música tradicional con moita impronta cambadesa.







E agora qué?. Nada, a seguir traballando e a agardar por tempos mellores.
Apertas a todos os membros do CMS.

Fotos: Mila Miser, Quico Alvarez e Boudevara.

martes, 13 de julio de 2010

I VARADA EN SAN TOMÉ (CMS)



Xa temos á vista a I Varada de Barcos Tradicionais en San Tomé que organiza o Clube Mariño de Salnés de Cambados e que presenta unha combinación de actividades interesante. A data foi elexida especialmente por vaios motivos: é o día de San Antonio, patrón da Confraría de Pescadores de Cambados e temos unha marea chea as 21.30h, que posibilita combinar á Varada coa Regata dos Faros do Grove organizada pola Asociación Amigos da Dorna Meca que vai ter lugar as 16.00h. Unha vez rematada a Regata dos Faros farase navegación en travesía a Cambados para varar os barcos na praia de San Tomé. Haberá sardiñas e música e algunha sorpresa, finalizando co concerto de Treixadura que actúa con motivo da festividade de San Antonio.

No blog do CMS (cmarinhosalnes.blogspot.com) dase conta da programación.
O sábado 17, vémonos no Grove e Cambados.

viernes, 2 de julio de 2010

Unha tarde coa Muller

Non andamos en tempos de enrredar nos blogs.
O inicio do verán xa nos deixou uns nortes bos para mollar os pes cos salseiros. Pero hoxe voltaron as chuvias para mollar os tomates e meternos na casa a eso, a enrredar co blog. Así que imos poñer algunhas fotos dunha tarde coa “Muller de Balboas”:



Multitude a bordo. Rumbo Carreirón.


Bautismo de mar para novos socios.


Cristina: navegante de clase Europa, pásase á clase dorna de tope cambadesa


Capitán Kiko á caña, polas costas o comandante Kubeiro atento.


Os expertos poñendo exemplo de oden a bordo:


Oscar adujando cabos

E para completar unha tarde coa Muller, un fillo. Se ben a bordo non hai famila, tan só tripulantes.

Aprendiz de mariñeiro MAuRo:


Control de idade


Axuste da caida do pao na fogonadura.


Comprobando o estado da mar


Turno de garda en Carreirón.


Descanso do turno de garda.


Saúdos e até a próxima