
No noso incansable afán por superarnos e ofrecer algo novo ao blogosfera, e máis en concreto aos blogs que se moven no entorno da cultura marítima, vimos de deseñar a camisola ofisial do BOUDEVARA.
A partires de hoxe mesmo todos aqueles que desexedes contar con esta peza de
pret â porter no voso fondo de armario, a fin de lucila nas vosas galas, ceas familiares ou incluso para sair a enchisparse con ela enriba... (tamén vale para vestila e saír á rúa sen máis) só tedes que enviar un mail a
xaquin@beiradomar.es ou
linoprieto@gmail.com e solicitar os vosos exemplares, indicando tamén a talla.
Nestes momentos estamos en negociación coa empresa textil que elabora os texidos, polo que non podemos concretar o prezo exacto, pero si adiantamos que:
- serán de color chocolate
- serigrafiadas a dúas tintas (branco e amarelo)
- son presiosas e marabillosas
- inclúen a ultima tecnoloxía anti-sudor, a partir de agora o que sude será porque lle peta
- o prezo rondará os 5 euros e poderanse pedir ata o día 1 de xullo
- as camisetas entregaranse aos seus donos no Encontro Bloggeiro a celebrar durante o IX Encontro, en Muros
Se vos gusta este deseño e queredes facer as vosas camisetas para o voso barco, asociación, empresa, grupo de amigos, catequesis... podedes contactar con
Todogrove.com, que foron os encargados de realizar este modelo.