Translate

jueves, 11 de junio de 2009

As camisolas do BOUDEVARA


No noso incansable afán por superarnos e ofrecer algo novo ao blogosfera, e máis en concreto aos blogs que se moven no entorno da cultura marítima, vimos de deseñar a camisola ofisial do BOUDEVARA.
A partires de hoxe mesmo todos aqueles que desexedes contar con esta peza de pret â porter no voso fondo de armario, a fin de lucila nas vosas galas, ceas familiares ou incluso para sair a enchisparse con ela enriba... (tamén vale para vestila e saír á rúa sen máis) só tedes que enviar un mail a xaquin@beiradomar.es ou linoprieto@gmail.com e solicitar os vosos exemplares, indicando tamén a talla.

Nestes momentos estamos en negociación coa empresa textil que elabora os texidos, polo que non podemos concretar o prezo exacto, pero si adiantamos que:
- serán de color chocolate
- serigrafiadas a dúas tintas (branco e amarelo)
- son presiosas e marabillosas
- inclúen a ultima tecnoloxía anti-sudor, a partir de agora o que sude será porque lle peta
- o prezo rondará os 5 euros e poderanse pedir ata o día 1 de xullo
- as camisetas entregaranse aos seus donos no Encontro Bloggeiro a celebrar durante o IX Encontro, en Muros

Se vos gusta este deseño e queredes facer as vosas camisetas para o voso barco, asociación, empresa, grupo de amigos, catequesis... podedes contactar con Todogrove.com, que foron os encargados de realizar este modelo.

5 comentarios:

O´Fartura dijo...

Ola Xaquín e Lino:
Eu quero unha camisola do Bou de Vara. Está verdadeiramente ben deseñada.
Apuntádelle unha camisola ao Fartura.
Xa ma daredes en Muros.
Ah¡¡¡
A miña talla é XL, nen máis nen menos.
A min o que máis me importa é sumarme a esta gran iniciativa.
Gracias.

Lino dijo...

oído cociña!

bou de vara dijo...

bos ollos te vexan Moncho. Xa había algún tempo que non te tiñamos por aquí. A túa camiseta como dí Lino xa está na cociña. Moitas gracias pola difusión desta iniciativa no teu blog e tamén pola participación na enquisa. Veremos o que pasa despois de Muros, pero de momento a disfrutar deste Encontro que se agarda xa con impaciencia.
Unha aperta companheiro

Unknown dijo...

Ola, Lino!

Aunque ya lo sabes, pero para que quede constancia por escrito, resérvame una XL, que las camisetas que tengo de Cambados ya están un poco descoloridas y tengo que renovar mi vestuario veraniego.

Gracias y hasta pronto!

Lino dijo...

oido cocina