Translate

domingo, 26 de julio de 2009

e a navejar

Este sábado despois do café aparellamos de arriamos cabos: 3 dornas e o racú iamos a pasar a tarde navegando con un vento norte que daba justo. O racú foi o último e sair do porto, pero non tardamos moito en alcanzar ás dornas.


Adiantando a Cores e a Mundo


Javi fixo de proel, ainda que todos nos turnamos á caña




Chegamos á Praia das Pipas, onde había un mundo de xente a asollar, varamos o racú e a dorna quedou fondeada. Desembarcamos entre bañistas e tomadores de sol para ir dereitos coma flechas ata o kiosko, onde nos refrescamos á sombra.

Aparellando para sair

Ao regreso fixémonos un pouco os remolóns para que nos alcanzase A Meca pola zona do faro do Jaliñeiro, que saíra de mañan para ir ata Aguiño. Nós ainda seguimos ata a ponte da Toxa, aprobeitando a marea e navegando achegados ao paseo onde a xente se quedaba a mirar para a vela (non nos caiu ningún manís na cubierta)

viernes, 24 de julio de 2009

Pasos necesarios

Comentabamos esta tarde que hai quen opina que destaca moito a noblesa dos nosos barcos, comentábamolo diante de unha boa caña de servesa, á sombra de un bar cambadés. Esta noblesa pasa por ter os barquiños ben arranxados, que dea justo velos e xa de paso impedir que nos entre o bicho na madeira e tela ben nutrida.

Pois ben, hoxe venres, nesta transición meteorolóxica... con ese solaso ás 3 da tarde alí estaba Liniño enriba do varadero de Peralto, con unha brocha a estrenar e unha garrafiña co "condumio": aseite de liñaza, xilamón e un pouco de coloriño, todo ben axitado e coa misma darlle unha boa man a todo, corredores, cuarteles, saleiros, panas, remos, palo...

Esta é a única forma de ter os barcos ben bonitos pa cando nos veñan a faser fotos e tirarnos manises. Mañán haberá algo de navegasión...

miércoles, 22 de julio de 2009

TRIPULANTE OSCAR (CMS)

Oscar merendando no RÁNÁ despois dunha xornada de traballo abordo

No resumo de Muros 2009, non quero deixar a ocasión de citar o noso tripulante OSCAR que non pudo facer a travesía Cambados-Muros no RÁNÁ como estaba previsto. A causa foi un “resbalón” en cuberta nada máis embarcar no pantalán. Durante a semana previa o Encontro de Muros, Oscar traballou arreo para que todo o barco estivese listo para a travesía e o Encontro, pero coma sempre as presas son malas conselleiras e este ano non mesturei os polbos antideslizantes na pintura de cuberta. Esto, unido as presas” por sair, ocasionaron o patinazo.

Consecuencias: un ferida aberta na canilla e un forte golpe no ombreiro. Despois de ir con Oscar ó Centro de Saúde para aplicarlle asistencia médica decidimos saír aínda que a moral xa non era a mesma.

Lección: extremar a seguridade e aplicarlle máis calma porque a cousa quedou nun susto pero a tripulación non deixou de pensar que un dos tripulantes tivo que quedar en terra por unha tontería.

Saúdos da tripulación do RÁNÁ nesta foto que apareceu no mobil entrando en Muros cando unha manda de golfiños nos daban a benvida.

Tripulación travesía Cambados-Muros: Majete, Acha, Jato, e máis eu.

Máis cousas:
RESUMEN ENCONTRO BLOGUEIRO. Muros 2009
POR LINO PRIETO

Para ser fieis á verdade empezarei reconocendo unha falta: cheguei tarde ao Encontro Bloggueiro, e tiña causa xustificada: ese sábado pola tarde saín a dar unha voltiña na SEMPARADA, levando como proel ao amigo Xabier Camba-lache. E aproveitando a coiuntura enleámonos a arrancar todo e meter a dorna no carro.
Ao chegar ao Telecentro de Muros, recibin unha grata sorpresa ao primeiro golpe de vista, veume á cabeza o anterior encontro de blogueiros en Ferrol, no que nos xuntamos catro gatos (case literalmente). Pero nesta ocasión entrei nunha sala de ordenadores na que se atopaban case 25 persoas, blogueiros, blogueiras, consortes e amiguetes.
Xocas facía de moderador im-placable, repartindo os 7 minutos de gloria que nos tocaban a cada un de nós. Cando entrei estaba o amigo Joaquín Yarza, de modelismonaval.com, comentando o mundo de tráfico que rexistra o seu portal, todo un referente dese mundiño en Internet. E logo falou o “recente” amigo Joan Sol, de elmareselcami.blogspot.com, que nos explicou como entende o mar e como leva a súa afición-adicción a el.
Falou Mar, a Amiga Atlántica, que estaba verdadeiramente emocionada e alegre polo resultado dos dous Encontros (o de EETT e o dos bloggers), e logo Regino, de caamouco.net.
E tamén falei eu, que non teño moito que contar e que ando metido en blogs por un tubo.
O encontro foi ben productivo por coñecernos todos e resultou dinámico porque as intervencións non se prolongaron moito, achegábase a hora de cear e alá fomos todos xuntos para a Taberna Mariñeira, onde tomamos unha caña.
Anotacións para vindeiras edicións:
- algo máis de luz, para vernos as jetas e non deslumbrarnos ao sair da sala
- unhas cervecitas frescas,que estamos no mes de xullo!!

E ata aquí a miña parte, Xaquín terá que explicar como empezou o tema, que el foi máis puntual ca min.

martes, 21 de julio de 2009

máis xente elegante en muros

Aquí vai a foto dunha "muller elegante en Muros" lucindo a camiseta boudevara, aínda que como veredes a foto está tirada fronte a Illa de Toralla.
Foto: Amiga Atlántica (blog: Unha mirada a la Ría de Vigo)

Saúdos canheros para Mar, menos mal que ai xente coma ti que se acorda de levar cámara de fotos e tomarse a molestia de publicalas porque se fose por este blog vos quedaríades coas gañas.
Bueno Mar, o Vinho Canhero penso que pode ir de lastre pero despois de bebelo, non te preocupes que "é da casa". Cando veñas por Cambados o probas cunhas vieiras, unhas ostras ou mesmo un cordeiro.
Un saúdo e gracias pola foto

Outras cousas:
1. O RÁNÁ xa está en Cambados de regreso de Muros.
A saída foi o sábado as sete da mañán con vento lixeiro do norte, así que fumos en orellas de burro ate Corrubedo.

Foto: teléfono mobil boudevara

Despois, a eso das dez da mañán o vento quedouse e fixemos o paso de Sagres en calma chicha, mala sorte, pero con todo, poder contemplar Sagres cun mar chumbizo nunha quietude inmensa foi sobrecolledor. Como sempre ningunha cámara a bordo, cousa da casa. Como aínda era cedo, decidimos ir ate o Grobe a ver a Regata dos Faros (gañou Pardavila), onde nos fixeron esta foto (esta tripulación non ten remedio):

Foto: unhas claras no Moscón (Ogrobe) as 13.30h

2. Lino Prieto en Salitre:
Onte luns o noso corresponsal boudevara Lino Prieto (Amigos da Dorna Meca), saíu pola telejaita no programa Salitre, para os que non tivechedes a sorte de velo, aquí tedes o enlace:

http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=615

E para finalizar a entrada de hoxe, lembrarlle a Lino ese resumo do encontro blogueiro en Muros 2009.
Ata mañán

viernes, 17 de julio de 2009

máis muros 2009

Novas imaxes recibidas no Centro Sentral Boudevara.

Policía Local de cartagena:

autor. Lino Prieto
Título: Xa estamos todos

Aula obradoiro da pesca artesanal CHASULA. Intramar s.L:

Autor: lino Prieto
título: O Chasula, barco ecolóxico

Dorna Jatinha. Amigos da dorna de Portonovo


Autor. Lino Prieto
título: A Jatinha, masa social activa

E aquí van imaxes que atopamos do Clube Mariño Salnés noutros blogs::

1. Dorna de Tope "A Muller de Balboas" e o Folkboat "RÁNÁ"
Blog: http://www.modelismonaval.com


2.Proa folkboat RÁNÁ
Blog: nautijorge.blogspot.com

Saúdos e gracias a estes blogueiros e disculpade a collida das fotos.
A medida que vaiamos recibindo material o iremos publicando. Faltan moitas imaxes espectaculares como a chegada de San Francisco o sábado pola tarde coas embarcacións alineadas e o vento na popa. Tamén estamos a agardar videos prometidos e para o final reservaremos unha conclusión con propostas que estamos a recoller para ter en conta no seguinte Encontro.
Lembramos que podedes enviar material a:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es
Graciñas pola vosa colaboración con este irreverente blog.

jueves, 16 de julio de 2009

sejimos o post-muros

Seguimos a recibir fotos e anécdotas no Centro Sentral de Boudevara, como o anuncio que escoitamos por megafonía o sábado pola tarde:
“ PRÉGASE Ó SEÑOR PELOURO QUE PASE POLO STAND DA ORGANIZACIÓN”.


Aquí temos o Sr. Pelouro en perfil de ¾ depois dunha noite interpretando de maneira maxistral temas de sempre como “CARAMELOS SUGUS” ou “CORRE CORRE CÁ-BALLITO, QUE VAS POR LA CÁ-RRETERA…”

Premio Blogueiro:
E onte mesmo recibimos a mala nova de que este blog quedou fora dos premios de prestixio internacional para os mellores blogs de cousas do mar. A pesar dos nosos esforzos e as nosas ilusións non foi posible por esta vez. Tentaremos mellorar e a ver que pasa en vindeiras ocasións. Así se quedou de contrariada e decepcionada a tripulación da “Muller de Balboas” nada máis coñecer o veredicto.

Autor: F. Piñeiro / Título: Contrariedade

Bueno, bromas aparte, unha forte aperta ós compañeiros blogueiros que recibiron a prestigiosa distinción blogueira, sen dúbida merecido e que nós compartimos e nos sumamos ó recoñecemento.

Blogs premiados:
Una mirada a la ría de Vigo (premio blog de oro)
Optimista al agua
Rincón del marino
Vivir Galicia
Caminar y sentir
El mar es el camí

A todos un saúdo boudevara

martes, 14 de julio de 2009

Xente elegante en Muros


Ben, xa rematou Muros, aínda que non de todo para os que andamos a devoltar remolques, material expositivo, reamarre de embarcacións, e no nosos caso aínda temos o Ráná en Muros ate a fin de semana que ben.

Empezamos aquí o resumo que imaxino se extenderá a todo o mes agardando polo material que nos irá chegando en fotos, videos, anécdotas e esas cousas.

Como lectura principal destacamos que os chamados a ser os Encontros da Crise convertéronse nos Encontros da concordia e da elegancia gracias a resposta da xente de Muros engaladando a vila que daba justo vela, ... e tamén gracias as camisetas boudevara que serviron para dar un toque de distinción á xente elegante como a da foto de enriba.

Como teremos sobredosis de resumenes, dende boudevara vos animamos a resumir o Encontro en frases célebres que se poideron escoitar nestes días. Lino xa ten preparada unha selección delas e imos comenzar coa pronunciada polo alcalde no acto de clausura:
"... entre todos podemos derrubar muros".

ADIANTE, empeza o Encontro da lembranza e nos podedes enviar o que queirades a:
xaquin@beiradomar.es
linoprieto@gmail.com
agardamos o voso material e as vosas impresións

unha abraçada a todos os que fixéchedes que Muros fose un éxito sen tacha

Esta mesma tarde empezamos a recibir material, aquí vai algún:

En relación coa elegancia esta foto:

"Petunias e bedoias nos obenques"
autor: Lino Prieto

En relación coas frases célebres aí vai a que se escoitou reiteradamente na Casa da Churra:
"NON NOS QUEDAN VASOS"

foto: vasos de ColaCao
Lino prieto nos conta que o sábado acabaron servindo os cubatas sen xeo e as cañas en vasos de colacao.

E un detalle do jrupo musical "CANHEROS" entrando na carpa mariñeira ó son da Rumba dos Cinco Mariñeiros:

Como en Muros estabamos "medio Canheros" xa que do grupo so estivemos Edu (gaita máxica), Camba (voz, percusión e froallo), Gerardo (bombo e máis bombo), Acha (tamboril e pandeireta), Pardavila (batuta, voz e percusións varias) maís eu (acordeonlli), bou citar o resto do grupo que non pudo estar:
Chus: gaita, voz e pandeireta
Nando: caixa mística
David: banllo e jran voz
Pablo: tamboril

Un saúdo Canhero a todos e aquí tedes a etiqueta do VIÑO CANHERO, o mellor Mensío do mundo porque non ai cartos que o paje:

Deseño: Lino Prieto

lunes, 6 de julio de 2009

Todos din "Muros"




Comenzou a conta atrás, estafin de semana arribaron ao porto muradán algúns dos máis de 100 barcos que participarán no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Do 9 ao 12 de xullo alá estaremos, e estaremos de festa, compartindo conversas, navegación, actividades, concertos... e moitas cousas máis.


Atracaron en Muros a Peza de Rabo, a Irmandiña, A Meca, o Ría de Ferrol, o Nuevo Sofía e o Râna, entre outros.






Mentras tanto outros barcos atópanse recibindo os ultimos retoques, pijadiñas imprescibles para a navegación e esta posta de largo na gran festa do Patrimonio e a Cultura Marítima. Hai uns días podíamos ler no Faro de Vigo a noticia de que os Amigos da Dorna Meca están a preparar o seu racú para participar no IX Encontro.