Ollando de esguello I:
IX Memorial Tito Silva.
Encontro de Embarcacións Clásicas e Tradicionais
data: 06 de outubro.
lugar: Porto de Cambados
hora: 12:00h
imaxes: Rubén Gonzalez
Imos iniciar un resumo da tempada deste pasado verán empezando polo final, en concreto co domingo 06 de
outubro, día no que se celebrou en augas de Cambados a novena edición do Memorial Tito Silva
coa participación de barcos chegados do Grobe, Illa de Arousa e o mesmo Cambados.
Como sempre, este
evento está organizado pola tripulación da dorna de tope Airexa e os familiares de
Tito Silva se ben, este ano contou coa colaboración da Asociación de Vela Tradicional
Cambados que aprobou integrar este evento entre as súas principais actividades.
|
Dorna de tope "Airexa". Vela Tradicional Cambados. |
A Xornada:
Amenceu o día con
nubes e ausencia de vento, unha situación que iría mellorando ao longo das
horas e ao media día, as velas das embarcacións empezaban a incharse
desprazando as proas até a baliza verde das Meáns cun lixeiro vento de través.
Ao realizar o primeiro viraxe, os barcos dispuxéronse en ringleira nunha
bolina de norte até a baliza do Ourido xa cun ceo despexado e lucindo un bonito
sol que alegraba a travesía.
Para entón, a Miña
Miniña de Fabián Garrido encabezaba unha bonita e variada flota de embarcacións
de todo tipo de eslora, aparello e clase.
|
A Miña Miniña.(Asoc.Dorna Meca) |
dornas:
|
A Irmandiña.(Asoc.Dorna Meca) |
|
A Meca. (Dorna Meca) |
|
A Julicheira. Clube Mariño Salnés-Cambados. |
|
A Muller de Balboas. Clube Mariño Salnés-Cambados. |
|
A Toxiña. Asoc. A Torre-Cambados. |
|
A Lavanqueira. Asoc. Fasquía. Illa de Arousa. |
vela cruceiro:
|
Beneteau de Dolores Abella.Vela Tradicional Cambados. |
clásicos:
e variados:
|
Karla. Clube Mariño Salnés-Cambados. |
Xantar
A diferencia dos
último anos, retomouse a comida ao aire libre na rúa Isabel II ao abeiro do bar
de Lupe e a familia Pombo, que agradeceron a participación convidando ás tripulacións
a unhas excelentes viandas a base de empanada, callos e fideos mariñeiros
saídos da boa man para a cociña de Suso Pombo.
Unha sinxela e agradable
xornada de navegación e convivencia mariñeira arredor dos barcos.
Para o ano
máis.
Agradecementos:
Ás tripulacións, armadores/as e
asociación participantes:
- Amigos da Dorna Meca (O Grobe)
- Asociación Fasquía (Illa de
Arousa)
- Clube Mariño Salnés (Cambados)
- Asociación A Torre (Cambados)
- Vela Tradicional Cambados.
-
Ao cociñeiro Suso
Aos/as voluntarios/as
A Rafa Padín pola labores de seguridade no mar,
e a Rubén Gonzalez polo cobertura gráfica e a cesión de imaxes para esta entrada.
Agradecementos especiais:
a asociación
Amigos da Dorna Meca do Grobe pola
súa puntual contribución con este evento, pola súa numerosa flota, os seus
patróns/nas e tripulacións en xeral.
Un prazer contar con vos.