Translate

miércoles, 24 de octubre de 2018

Unha campaña longa


mar do tempo que en cada salseiro
recargas a tinta azul coa que escribes,
mar da memoria que en cada travesía,
achicas un feixe de historias que revives.


Exidio Cuíñas









Cuaderno de bitácora 2018

Travesía Cambados-Portonovo. Rana 2018


Foi a deste ano sen dúbida unha campaña longa que se iniciou alá polo mes de abril co traslado do Folkboat Rana a Portonovo para a varada anual. Alí estaría o barco unhas cantas semanas antes de volver ao mar. Daquela travesía lembro a ilusión por iniciar unha nova tempada de navegación e o contacto cos barcos; no horizonte: travesías, concertos, fondeos fronte á praia..., en fin, o VERÁN.

   




    Traballo durante a varada:

Exterior: tratamento obra viva, saneamento cuberta, pintura cabina, verde e patente.
Interior: saneamento sentina, retoques verniz e pintura.
Pau: lixado e verniz.

Outros: soporte motor, reparación bomba achique, reposición escota foque, cana temón, etc.






Chegado o mes de Xullo, emprendemos travesía de volta un fermoso día con parada na illa de Ons a papar o polbo en Casa Checho. Iniciase así a campaña de navegación no Folkboat Rana coa agradable presenza de Manolo, o noso taberneiro cambadés favorito. 



imaxe: Manolo (Furancho Madalena). Folkboat Rana. 2018


 




















 
CMS
clube mariño salnés

Dornas do CMS a inchar. Tragobe 2018
Pronto empeza a tempada tamén para o Clube Mariño Salnés e logo duns cantos meses de traballo na sede para preparar os barcos, cumprimos co prazo do 17 de maio para ter os barcos navegando o día das Letras Galegas.

As primeiras en ir ao mar a inchar serán a Julicheira e A Muller de Balboas, mentres que a Sikamontes terá que agardar un pouco máis para repoñer o calafateado.







Xulia (esquerda) e Ana (dereita) mestras calafates.















Traballo na Sika: retirada estopa vella, saneamento xuntas, reposición estopa e sellado con brea alquitranada.




 
 
Traballos colectivos: limpeza da sede-obradorio do CMS






















Asiña empezaron tamén as actividades para as demáis entidades de Cultura Marítima de Cambados (A Torre e As Goritas) coa organización da regatas de remos e a III Regata do Salnés de dornas a velas organizadas pola Asociación Cultural A Torre.







Rafa patroneando a Julicheira (CMS). III Regata do Salnés




Equipo de regata a remos do CMS (de esquerda a dereita): Alicia, Rubén, Miguel, Xaquin, Oscar, Xan, Sanchís e Rafa.



VISITA AO HIDRIA II
Xullo 2018

 

Lavábamos tempo mirando como axudar (modestamente) aos armadores do Hidria II Jacobo & Sesé e este ano, dende a directiva do CMS propuxeron unha visita privada ao "barco alxibe" para socios do Clube e a xornada foi todo un éxito.

Até o Grobe desprazámonos coa Muller de Balboas (dorna de tope), o Rana (nordic folkboat), o Unicornio (bote de Ribadeo) e a Julicheira (dorna polbeira).






Preparando os barcos para a expedición. T de Cambados. 2018






Arribada ao Grobe.

Foi unha xornada completa con visita guiada polo barco seguindo as explicacións de SESÉ, e posterior comida a bordo onde improvisamos un pequeno restaurante flotante.


No interior do Hidria atendendo ao funcionamento da caldeira de vapor.


 Xantar e baño:
 



























E de regreso, aínda temos tempo de facer unha paradiña en Carreirón para tomar un baño:



Camiño de carrerón a bordo do Rana














 






 ESCOLA DE VELA TRADICIONAL
CAMBADOS 2018


 
 A mediados do mes de xullo ábrese, por terceiro ano consecutivo, a Escola de Vela Tradicional de Cambados, organizada pola Asociación de Vela Tradicional Cambados coa colaboración do Concello.

Aínda que até o de agora todas as edicións foron un éxito, a continuidade da iniciativa vai depender en gran medida da consecución da Mariña Tradicional Porto de Cambados que garanta a seguridade dos barcos e das persoas participantes nas actividades que se ofertan dende a Escola.















 










Folboat RANA. Escola Vela Tradicional. Cambados 2018





 
OUTRAS ACTIVIDADES:


Ao longo dunha campaña tan longa hai tempo para asistir a regatas, organizar excursións, asistir as festas da contorna ou simplemente, organizar saídas de navegación coas visitas que recibimos no verán en Cambados e tamén para os/as novos socios/as.




 Expedición Illa Rúa


Logo do éxito da expedición ao Hidria II, organizamos unha visita á illa de Rúa con merenda incluída e o achado dun contenedor "geocaches" ou "cachés", unha actividade ao aire libre onde os participantes usan o GPS e/ou outras técnicas de navegación para ocultar e buscar contedores agochados en lugares específicos marcados con coordenadas por todo o mundo.


Geocaché atopado en Rúa











  Participación Arribada Gaélica. Cambados 2018:










Participación Regata Camping Miami. O Grobe:



Equipo regata CMS: Rubén, Xan, Patri, Olaia, Rosana e Pablo.



Participación rodaxe video musical "CRESPO-POR MI (EL SANTO)":



















Montaxe Obradorio Carpintería de Ribeira. Festa Corsaria Marín 2018:


Festa Corsaria Marin 2017
Festa Corsaria Marín 2018














Travesía a Ribeira:


Con motivo da celebración dos 25 anos do I Encontro de Embarcacións Tradicionais celebrado na vila de Ribeira no ano 1993, organizamos unha expedición conxunta con Alberto da Asociación Sueste de Moaña, saíndo dende Cambados cos folkboats Pukinelo e o Rana, dúas embarcación xemelgas que por primeira vez navegaron xuntas.


O Pukinelo navegando cara Ribeira.















Arribaba ao Festival "Entre Bateas". Boiro 2018:




Tripulación a Boiro: Xan, Miguel, Rubén, Pablo e Xaquin.









    




Participación rodaxe video musical "estalido" de Santi Araújo:













 













Navegacións, visitas e novos/as socios/as:



A dorna de tope "Airexa" vista dende a proa da Julicheira (dorna Polbeira)


 
Foi un ano de moitas navegacións para atender ás visitas, todas agradables e que axudan a difundir a presenza do CMS na vila e tamén a divulgar por fora, o traballo que facemos tanto no verán coma no inverno, un xeito de espallar unha parte da nosa cultura mariñeira contemporánea ("novos uso para os barcos vellos").







Tripulación da Muller de Balboas: Olaia, Rosana, Bea (A Presi) e Rubén.

















 ... novos socios, novas patroas:








A Sikamontes. Illa de Arousa 2018





e moitas visitas durante o verán:







Saída no Rana con David e amig@s


 





Vista de Rafael e amig@s


e para ir concluíndo, recordo dunha saída de navegación moi especial na Muller de Balboas xa ao final da tempada:



Travesía na Muller de Balboas con Chus, Pilar, Silvia e Cristal. outubro 2018






remate

En fin, unha campaña longa. Agora os barcos pasarán unha curta invernía até pasadas as badaladas do novo ano que marcará coma sempre, o inicio do traballo na nave para a posta a punto das embarcacións para unha nova tempada. 

Pero iso é outra historia e até entón,  imos gozar de todas esas horas de navegación e convivencias  arredor dos barcos tradicionais. 

A tod@s MOITA SALITRE





A Sikamontes navegando coa coa vela "á cruz"

 agradecementos:


- Imaxes:


Miguel Montero
Bea Laya
Manu Paz
David Hamer
Bruno
Silvia Vozza
Arquivo Vela Tradicional Cambados.
Alumnos/as Escola VTC
Soci@s do CMS


- A Manolo (Furancho Madalena) polo polbo en Ons.

- A Jacobo e Sesé pola visita ao Hidria II.

- Aos que me axudaros cos arranxos no Rana deste ano.