terra
de melura e peixe na patela,
dos
homes de sal en barcos de madeira.
do poema Mar de madeira
Exidio Cuíñas.
febreiro 2019©
Principiamos a actividade en boudevara deste ano como non, falando de barcos. Neste caso das dornas de tope e máis concretamente da súa variante “meca”.
Tipoloxía: dorna de tope
sub-tipoloxía: Meca
Dornas Mecas "de escarva". Lugar de O Borrón. Cambados |
Con total seguridade, a inmensa maioría identificará as dornas mecas coas dornas de escarva propias do Grobe se ben, tamén houbo dornas de tope mecas, ou de proa lanzada, unha variante que eu penso desaparecida dende fai moitos anos. Pero quedan evidencias de que realmente existiron e eu nesta entrada, quero falar dunha desas evidencias, concretamente dunha de tope meca varada no lugar de A Cabana de Cambados en 1953.
Nese ano de 1953, case setenta anos atrás, unha dorna ficou varada fronte ao pequeno areal que había no lugar de A Cabana en Cambados, de onde seguramente non saíu nunca máis. Daquela, nese lugar de fondo de ría, onde o rio da Ucha alimentaba o muíño de mareas do saco de Fefiñáns, moitas embarcacións das consideradas tradicionais, foron abandonadas coa chegada dos motores a partir da segunda metade do séulo pasado. Moitos nenos cambadeses da miña idade seguro que aínda lembrar os últimos restos do esqueleto dun racú e dunha tarrafa que finalmente sucumbiron ao paso do tempo como tamén lle aconteceu a nosa infancia.
Restos dunha tarrafa no lugar de A Cabana-Cambados co muíño de mareas ao fondo antes de facer o actual recheo. |
Muíño de mareas de Cambados. (Páxina web concello de Cambados) |
nota imaxe superior: detalle da antiga porta traseira da casa da Cabana onde vivía Eduardo conectada directamente co mar. Na parte inferior da imaxe apreciase o antigo esquife empregado polos da casa para ir ao "centro" da vila.
imaxes: fragmento do artigo do historiador Caamaño Bournacell ao maquetista naval Egidio López Padín (pai de Eduardo López). Un "Astillero en miniatura. Revista Céltiga. 1942
enlaces relacionados:
Náo Céltiga I
María del Carmen Ana
Moitos anos más tarde, no ano 2001, o Clube Mariño Salnés de Cambados
quixo recuperar unha dorna de tope e foi meu pai quen me falou por primeira
vez de que o seu irmán Eduardo, fixera uns planos dunha dorna
de tope varada na “Cabana” se ben, pasaran moitos anos e non sabía se aínda os
conservaba. Logo dunha conversa telefónica puiden saber que aqueles planos existían se ben, tiña que agardar uns meses a que meu tío viñese por
Cambados a pasar as vacacións de verán. Neses meses de espera, no CMS tivemos a sorte
de que aparecera un casco dunha dorna de tope no Grobe que nos gustou moito e
decidímonos por restaurar integramente esa embarcación para a navegación a
vela, aparcando polo momento a idea de facer unha embarcacións nova. O
resultado foi a dorna de tope A Muller de Balboas, unha embarcación restaurada na carpintería de ribeira de D.Valentín Pérez Gonzalez en Combarro.
A Muller de Balboas: Tragobe 2017 |
imaxe: Restauración de "A Muller de Baboas" na carpintería de Valentín. Combarro 2001
Non foi até o ano 2015, con motivo de rexistrar en Capitanía Marítima a “Muller de Balboas” (até ese momento navegaba sen folio) cando volvín lembrar aquel plano de meu tío Eduardo. Por entón, para matricular a dorna necesitábamos un plano de formas para entregar en Capitanía co resto da documentación e foi nese momento cando reparei que aqueles planos eran efectivamente dunha dorna de tope pero na súa variante meca.
nota: plano distorsionado para preservar os dereiros do autor
E non sería até dous anos despois, cando me xurdiu a oportunidade de poder ver a forma daquela dorna debuxada no plano. Foi baixo a supervisión de Santi, o mestre carpinteiro da Escola Aixola (curso de carpintería de ribeira 2017), cando me puxen a elaborar un medio casco guiado polo plano de Eduardo; e logo dunha chea de horas de traballo, por fin puidemos aproximar unha ollada a escala de como sería aquela dorna de tope meca varada no lugar de A Cabana no ano de 1953.

Proceso de realización de medio casco
dorna de tope "Meca"
1º.- Pasar a un taboleiro os planos a escala:
2º. Pasar os puntos ás pezas de madeira por liñas de auga:
3º.- Unir as pezas seguindo a orden das seccións:
4º.- Rebaixar a madeira sobrante até igualar as distintas liñas de auga:
Ferramenta usada: trencha, cepillo e bastren.
5º: Acabado da peza: lixa, pintura e verniz:
6º.- Montaxe final (ensamblado) das pezas:
remate:
Poder reconstruír as formas dun barco partindo duns apuntes feitos nun papel e gardados durante tantos anos, foi para min algo máxico.
Modelar a madeira a golpe de trencha, ver como paseniño van aparecendo as liñas trazadas no papel e imaxinar como sería realmente aquel barco desaparecido fai tantos anos, é unha actividade verdadeiramente reconfortante.
Lonxe de ser un experto en modelismo naval (é o meu primeiro medio casco) puiden chegar a imaxinar o que senten os verdadeiros modelistas e afeccionados ao maquetismo naval, pechados tantas horas e días nos seus "esteleiros en miniatura".
Moitas veces teño visto así ao meu pai Joaquin, tamén herdeiro desa paixón familiar polo mar e a madeira, concentrado na arboradura dos seus "navíos". E teño que recoñecer que empregar a vella trencha de meu avó e o seu pequeno cepillo "stanley" para modelar este medio caso da dorna meca de tope, foi como revivir algo que estaba aparentemente durmido. Por outra banda, pensar naquel rapaz, un novísimo Eduardo levantándose unha mañá cedo de 1953 para aproveitar a seca e poder trazar os planos daquela dorna con tanta precisión, non deixa de espertar en min unha enorme admiración pola súa aptitude inqueda e unha gran determinación. Chapeau!
agradecementos:
A meu tío Eduardo López Blanco por cederme unha copia dos planos da dorna.
Ao carpinteiro Santiago Cancelas (escola Aixola) polos seus consellos
e ao meu avó Egidio López Padín polas súas ferramentas de traballo.

Medio casco dorna de tope "meca" ou de proa lanzada. |

Terra de
fento no monte
e bocho na ribeira
terra
de calixe no verán
e brétema nos
ollos
da invernía eterna.
Mar de Madeira
Exidio Cuíñas
febreiro de 2019 ©
outros enlaces relacionados: