Translate

viernes, 23 de noviembre de 2018

Balandro TENAZ


Modelo Balandro “TENAZ”




En entradas anteriores teño compartido información sobre o estaleiro de Álvaro Padín situado na zona do Pombal de Cambados de onde saíron na década dos corenta e cincuenta do século pasado, modelos e prototipos de balandros de deseño e fabricación propia así como tamén, embarcacións tradicionais como dornas de tope ou racús.

 enlaces:
balandros de cambados
xoguetes de reis





Nesas entradas tiven a oportunidade de amosar a miña teima por acadar toda a información posible sobre ese peculiar estaleiro cambadés e a así mesmo, o esforzo por seguir os pasos tanto dos barcos que se construíron como tamén, das maquetas (prototipos) realizadas na súa maioría por Egidio López Padín que se empregaban como carta de presentaciòn ante posibles armadores futuros.


Goleta de Velacho "Mº del Carmen Ana". Egidio López Padín


Pois ben, paseniño van aparecendo cousas por aquí e acolá; E así, se fai uns meses acadábamos información sobre a maqueta dunha Goleta de Velacho de nome "María del Carnen Ana" doada no seu momento ao Museo Massó e que na actualidade pertence á colección do Museo (propiedade da Xunta de Galicia), esta semana tiven coñecemento da existencia doutra maqueta saída da factoría cambadesa.


enlace:
goleta de velacho Mº del Carmen Ana







Desta vez trátase do balandro TENAZ, un modelo de balandro que se conserva no Museu Maritim de Barcelona co nº de inventario: 6039



Maqueta balandro Tenaz (prototipo). Asteleiro Padín. Cambados




Adxunto os datos que figuran na ficha do propio Museu Marítim de Barcelona.








Na descrición que figura na ficha do Museo cítase textualmente que "proviene del Astillero Pandin (errata do texto), donde probablemente también se construyó el balandro original en la primera mitad del siglo XX". 

En relación a esta posibilidade, neste momento non podo asegurar con absoluta certeza que o Tenaz se construíse realmente; se ben, si podo garantir que se construíu un barco de características semellantes, onde tan só na popa e pequenos detalles da cabina pódese apreciar algunha diferenza.


adxunto imaxe do posible balandro Tenaz:





imaxes comparadas:


















detalles diferenciais apreciables:

- ángulo de caída da popa
- prolongación da cabina cara a proa e corte dos ollos de boi de popa.


Dende logo se non se trata da mesma embarcación, poderíamos dicir que son practicamente iguais, sobre todo se temos en conta que as maquetas eran prototipos que servían de referencia para a construción real, a cal podía incorporar algunha variación de factura e por outra banda, a mesma concepción da maqueta pode diferir en algúns detalles sobre a configuración final da embarcación.



remate:


 
Folga dicir a emoción que sinto con cada achado sobre o estaleiro de "Alvarito" de Cambados. Co paso do tempo vou configurando unha idea certa da importancia que tiña ese estaleiro no seu momento e sobre todo, da proxección do mesmo que se viu truncada pola morte accidental e prematura de Álvaro Padín xusto no momento en que empezaba a agrandar o seu soño co traslado da actividade a Venezuela para conquistar o mercado "americano". 

Sempre quedará a interrogante de até onde podería chegar aquel proxecto e aquela ilusión. Polo menos, sempre nos quedará a testemuña do seu enorme talento e dos utópicos devezos que abrollaban no estaleiro do Sr. Padín.

En memoria de Alvaro Padín Loureiro e Egidio López Padín

Exidio Cuíñas



No hay comentarios: