Translate

jueves, 22 de octubre de 2020

Algo deste verán.

 

Imaxe: Corroncos. Rubén Gonzalez

  Algo deste verán se queda na nosa pel, como a codia de sal que impregna a madeira dos barcos, unha tatuaxe que sela para sempre un horizonte marítimo e salgado que nos rodea coma as contas dos corroncos apertados contra o mastro interior.

-Resumo en imaxes dalgunhas actividades deste verán no seo do Clube Mariño Salnés (CMS) e a Asociación Vela Tradicional Cambados (VTC).

                                                                 

                                                                      Exidio Cuíñas. outubro 2020

 



imaxe: baldeando as dornas. Mariña Tradicional Porto de Cambados.



Traballos en Tragobe:

A pesares dos atrancos deste ano atípico, as embarcacións tradicionais acudiron puntualmente ao mar coincidindo, coma de costume, co 17 de maio, día das letras Galegas. Foron traballos colectivos realizados en Tragobe, alternando tarefas no interior das sedes e no exterior, para as embarcacións de maior porte.

imaxe: rematando a dorna "A Muller de Balboas"antes de botala ao mar. Sede do CMS, maio 2020.

 

 

imaxe: Dorna de tope "Airexa" e folkboat "Rana" na explanada de Tragobe pouco despois de subilas á terra para os arranxos anuais (maio 2020).

 


imaxes: Pablo, Bea e Esther traballando no Rana. Obra viva e soporte motor.




 

 


 

 

imaxe: outros arranxos necesarios: soldar berces, revisar rodamentos carro..., todo tén que estar a punto. 

 

 








 

 

Regreso ao mar

Sempre é o momento máis agardado da tempada. Os barcos acabados de pintar, o recendo da liñaza na cuberta e as velas ansiosas por volver respirar a airexa do mar.

 

imaxe: dorna polbeira "Julicheira" de regreso ao mar. (Varadoiro de Tragobe, maio 2020)

 



imaxe: traslado dos barcos dende Tragobe ao Porto de Cambados (Mariña Tradicional).

 

 


 

  









 

A Mariña Tradicional Porto de Cambados

Dende fai algúns anos, Cambados, ao igual que outras vilas de tradición mariñeira de toda a costa galega, reivindicamos espazos habilitados para poder desenvolver as actividades culturais propias dos colectivos en defensa do patrimonio marítimo: escolas de navegacións tradicional, regatas, concentracións, museos flotantes, etc.

Se ben, polo momento semella que os proxectos de Mariña Tradicional fican varados, así acontece polo momento coa MT de Cambados, agardando por unha resposta das administracións competentes (basicamente Portos de Galicia) que se dilata no tempo como a marea en noites de lúa chea.

 

imaxe : Na alborada


imaxe: No solpor



imaxe: Na noite



 

Travesías

Ao longo destes meses (a tempada se alonga de maio a outubro), son moitas as saídas nos barcos tradicionais. Navegacións de mañá, de tarde, saídas de fin de semana..., cada quen vaise apuntando ás navegacións colectivas en función do tempo, o vento ou as gañas de navegar.


imaxe: Noite en Carreirón. Embarcacións: Maat, Rana, Muller de Balboas e Juicheira. (Illa de Arusa, xuño 2020).












Saídas colectivas

imaxe: dornas pola popa vistas dende a Sikamontes (dorna polbeira). Cambados, xullo 2020.



imaxe: A Julicheira (dorna de escarva) vista dende a Muller de Balboas (dorna de tope).



imaxe: a bordo da Mulller de Balboas. Cambados, xullo 2020.

 


 









Navegacións en petit comité:

imaxe: Rubén a bordo da Airexa. Cambados, agosto 2020.

 

imaxe: Esther, á caña da Julicheira





imaxe: Xan, navegando con rizos na Julicheira. Cambados, setembro 2020.



imaxe: David na caña da Mulller de Balboas.

 


 

 Imaxe: Rosana nun bordo coa Torre por estribor. 




imaxe: O Maat visto dende a popa do Rana. (Travesía a Bueu, agosto 2020).




Saídas na Airexa (dorna de tope)

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



 




 

 

 

 

 

 


 

Saídas no Rana:

O folkboat Rana, a pesares da súa concepción nórdica, é xa un barco máis na flota de embarcacións tradicionais de Cambados, exercendo as veces de barco-escola para todas aqueles que se queiran iniciar no mundo do mar e a navegación a vela. Serían a día de hoxe, incontables as persoas que teñen embarcado neste veterano barco a punto de cumprir medio século de travesías.


imaxe: travesía Cambados-Ribeira-Rianxo co Maat, a Karla e embarcacións da Dorna Meca do Grobe. Xullo 2020.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 De esquerda a dereita: Miguel, Manu, Rubén e Olaia (arriba). Xesús, Xaquin, Jordi e Dolores (abaixo). Ao fondo as embarcacións: Karla, Maat, Rana, Irandiña, Miña Miniña e Sara O. (Porto de Ribeira, xullo 2020).

 

imaxe: Travesía ao Areoso. Delia e Selena antes de desembarcar no illote. Areoso, agosto 2020. 


 

imaxe: concerto nocturno de Iago (voz e guitarra) e Victor (acompamento acústico). Carreirón, xuño 2020. 

 

imaxe: Travesía a Palmeira. Cosendo a vela logo de rachar a maior pola forza do vento do norte. setembro 2020.





 

 

 

 

 

 

 imaxe: entrando no porto de Tragobe. Travesía Rianxo-Cambados. setembro 2020. 

 

 


imaxe: Rumbo Noro. Rana, setembro 2020.

 

 

imaxe: chegada ao porto de Tragobe para recoller e desembarcar. Agosto 2020.




 

 Navegacións a remos

Para calquera persoa que se queira iniciar no mundo da vela, é fundamental saber vogar. O CMS intenta que isto se cumpra, máis algunhas veces se consigue e outras non.

imaxe: Almudena no remo de proa da Muller de Balboas tentando superar á Julicheira. Entrando no porto de Cambados, agosto 2020.




con vento:

imaxe: A Karla (ao fondo) e a Julicheira nun bordo polas Meáns.( Travesía ao Grobe, setembro 2020)


 
 
 
e, calma chicha:

imaxe: Xabi contemplando o avance lento da Muller de Balboas entre as bateas pola amura de babor da Airexa. Setembro 2020.

 



imaxe: rebasando a baliza da Lobeira. Rana, Travesía a Palmeira, setembro 2020. 



 


imaxe: saída na Airexa coa ponte de Arousa ao fondo. Outubro 2020.



FESTIVAL XIRONSA 2020
Colaboración cultural

Este ano, o Clube Mariño Salnés recibiu un convite para colaborar co Festival Xironsa 2020, que organiza anualmente a asociación cultural Xironsa de Cambados no mes de setembro. Até o parque de Torrrado desprazamos a dorna Julicheira acompañados duns paneis realizados para a ocasión con información sobre o Clube e outro sobre as dornas polbeiras ilustrado con debuxos cedidos por Fernando Piñeiro.

imaxe: dorna "Julicheira" no parque de Torrado cos paneis ao fondo. Cambados, setembro 2020.



 

En reciprocidade, o CMS enviou un convite para unha saída náutica aos membros da asociación Xironsa que se realizou a finais de setembro.

imaxe: navegación na Muller de Balboas con representantes da asociación Xironsa.


 

imaxe: dornas do CMS na illa de A Toxa. Travesía coa asociación Xironsa. Illa de A Toxa, setembro 2020.


 

Fin da tempada 2020.


Como todo aquilo que empeza, tamén nas dornas a tempada ten un final. No caso do CMS coincide case sempre polo mes de outubro "coa ponte do Pilar", onde se aproveita para invernar os barcos nos locais de Tragobe. 

Toca preparar os barcos, endulzar velas e planificar os traballos para a tempada de inverno, porque o coidado dos barcos se cadra, sexa tan importante ou máis que a propia navegación. 



imaxe: na sede do CMS cos barcos xa no interior e planificando os traballos para a tempada de inverno.Tragobe, outubro 2020.




Remate: No ano da Covid-19, tanto o Clube Mariño Salnés como a asociación Vela Tradicional Cambados conseguiron facer unha tempada máis que considerable, incorporando novos socios/as, consolidando as saídas de navegación colectivas e formando tripulacións e equipos de traballo para o futuro. Non foi posible por contra organizar a I Xornada de Cultura Marítima de Cambados como estaba previsto para a primeira fin de semana do mes outubro, aprazada até a primavera do 2021 a  causa do avance da pandemia. 

 

 Con todo, o verán foi unha campaña marabillosa de navegacións e actividades colectivas. E si, algo deste verán nos quedará para sempre cando miremos de esguello pola popa, ollando un ronsel de lembranzas e sensacións. Por diante novos retos, novos proxectos que ten que afrontar tanto o  CMS como VTC, pero esa é unha historia que apenas acaba de empezar. 

Saúdos mariñeiros

 

 

 

agradecementos:

A todos os integrantes do CMS e VTC pola cesión de imaxes compartidas nos grupos de wasap.

Á directiva do CMS e VTC pola excelente planificación da tempada.

imaxes: 

- arquivo Boudevara.

- grupo de wasap CMS: Xabier Leonet, Miguel Montero, Begoña Pichel, David Hämmer, Olaia Castro, Bea Laya, Rubén Gonzalez ...    

- Joaquin Costa.