Translate

martes, 23 de diciembre de 2008

Exposición A Memoria do Mar

Onte presentouse o traballo feito pola equipo do Museo do Mar de dixitalización de fotografía antiga do mar e vilas costeiras, un proxecto que vai contribuir a ter un importante arquivo de imaxes e documentación asociada as mesmas. A vila de Cambados tamén está neste arquivo, e a web feita para este traballo publica unhas fotos de Cambados (sinceiramente penso que hainas moito mellores e representativas) con algúns erros que bou comentar para que se poidan corrixir, xa que non imos cambiar agora á vista de tanta xente o que durante tantos anos conservaron esas fotos na intimidade.

1ª corrección: Mariñeiros no Pósito de Cambados

Esta foto en efecto poden ser mariñeiros de Cambados, non discuto, pero dende logo non é o Pósito, esto é a casa dos Pomares-Zárate na praza de Alfredo Brañas (por certo, fundador do Pósito de Cambados no 1912 o primeiro en España). É unha das poucas edificacións de estilo modernista que queda en Cambados. O que se ve na foto é a entrada principal cos azulexos nas paredes e aquí é onde estaba a consulta do médico Eulogio Pomares. Eu papaei moitos xiringazos nesa mesma consulta e lembro aqueles azulexos un por un porque os contaba sentado no banquiño de madeira dese recibidor que facía as veces de sala de espera. A casa aínda existe, está restaurada e o único que cambiou foi a cor da pintura da fachada principal que antes era en tonos grises e agora en tonos verdosos. O máis probable é que estes homes estiveran agardando turno de consulta, e os nenos idem, simplemente vese que van vestidos "pra ir o médico".

2ª corrección: Redeiras no peirao de Cambados

Estas son redeiras de Cambados pero o porto é o de San Tomé. Do muelle de Cambados vese o arranque do espigón á esquerda da foto.

3ª corrección: Procesión do Carmen de Cambados

Esta foto ilústrase do seguinte xeito: "Vista xeral dun cerqueiro na procesión da Virxe do Carme de Cambados".
Home, as mulleres do mar de Cambados teñen sona de ser fortes e ajerridas, pero chamarlles "cerqueiros" xa me parece excesivo.

Por último: Dornas amarradas en Cambados

Desta foto se dí se ven "dornas" amarradas. Non discuto que a primeira desas embarcacións sexa unha dorna, que as había, sobre todo "mecas" e "de tope". Pero a segunda dende logo é unha gamela, porque a gamela é a embarcación por excelencia de Cambados. Aparellaban en latina e se empregaban para ir ó raño, á liña e para as artes menores (xeitos, tramallos, ...etc), e esto era así porque Cambados está no fondo da Ría, e a gamela plan e de pouco calado, facilitaba a súa varada e navegación polas augas de escasa fondura. E digo esto para que non se distorsione á realidade, historia e ideosincracia, singularidade e particularidade e todo o que se queira de cada vila, porque se non, cando vexamos fotos antigas, nos poñeran a dun "Macdonas" deses e dirán que daquela o que máis se comía na costa eran hamburguesas.

Bueno, aos que a fixeron simplemente lles deixo estas aclaracións por si lles vale de algo. Noraboa polo traballo e as fotos pódense ver en:
http://memoria.museodomar.com

6 comentarios:

Fernando dijo...

Xaquín sería bon que llas mandaras os muchachos que o fixeron, porque tes toda a razón.

Fernando

Por sierto, o Lino non saca o que lle movía a pasión ese día, e quedou coas gañas de coller un coma ese pequeno, por suposto o ghrande non se ensina, que pode dar moi fuerte no blogue.

Amiga Atlántica dijo...

Xaquí, muchísimas gracias por tus apuntes, opino lo mismo que Fernando al respecto.
Ah, y gracias por avisarme de la exposición, no me la pienso perder ;-)
Salitre y buenos vientos para el 2009

bou de vara dijo...

Fernando:
xa lle mandei un correo informando dos erros.
Podes ensinar o jrande sempre que non pase de 38 cm. lineais. É o que di o jefe do fochochó, o Sr. Lino

bou de vara dijo...

Mar, non me estraña que non probaras as vieiras despois de estar unha semana enteira desaparecida mirando para o "luar".
O do fochochó é mellor que mandes ti unha foto. Eu non lle deixaría vía libre ós do taller para ter que inventar algo.
Ala a disfrutar do Nadal. Moitos bicos e apertas.

Anónimo dijo...

Hola Xaquín, das coreccións que ti plantexas, a seghunda é evidente, a terseira podería ser (ainda que dereiche que tes un vista!)Pero a primeira foto é a porta do pósito de Cambados antes de faser as obras de reforma da fachada. Os mariñeiros son de Cambados e un deles foi Patrón maior do Pósito (Pepe O Muxe.
Unha aperta
Un de Santomé

lino dijo...

miña abuela fasía redes e nunca falou de redeiras, toda a vida falou das atadoras... eso si, pode que fora porque non tiña estudios, coma min