viernes 20 de noviembre de 2009

Novas Bou e Vara


Resumo da semana:

BOU. A boa noticia
(Por Lino Prieto)


É maís que evidente que nesta semana a boa noticia é a liberación do
Alakrana e os seus tripulantes sanos e salvos, aínda que con unha pegada
imborrable nas súas vidas como o que supón os 47 días de secuestro e
incertidume de mans dos piratas somalís.



Neste caso a historia tivo un desenlace feliz, que nada tivo que ver coa que podería terse liado. Namentras outros siguen a tombos co Willy, a ver se é mayor ou menor de idade, ou se xogaba ás damas ou ao parchís cando estaba na escola… e por outra banda está o de sempre: os réditos políticos, de uns e outros, que son os primeiros que calculan canto valen as vidas dos demais en euros ou en votos, non sei que será peor.

Como dicíamos ao principio, podemos rematar esta semana con unha noticia boa, boa das de verdade.

VARA

A mala nova vai para ese lume devastador que está a estragar o sector productivo vencellado co mar e a pesca.




Nunha tarde de mediados de setembro deste ano, dende Cambados víase unha columna de fume negro pola banda do Barbanza semellante a un tornado lento; era a fábrica de cordelería e aparellos CHICOLINO que ardía sen contemplación.
“A pérda patrimonial é importantísima, non podo calculala", decía un abatido Juan José Fajardo Piñeiro, dono de J.J. Chicolino, despois de que o lume arrasase por completo a súa fábrica de Boiro. O seu fillo engadía: "fóronse ó traste 30 años de traballo e moitas ilusións, agora temos que empezar de cero”.
Os dono da fábrica, a pesar dos pesares, queren retomar a actividade canto antes, se ben son conscientes de que sen o apoio da Administración vai ser difícil.
Chicolino desfeito. Foto: Faro de Vigo

Pois cando estamos aínda co cheiro do aparello chamuscado, esta semana prendeu lume a fábrica de Pinturas PROA no polígono de A Granxa no Porriño, un referente en productos de mantemento dos barcos: imprimacións, pinturas, aceites, barnices, patentes... Así daban a nova na prensa: “Unha pequena deflagración na zona de envasado e materias primas da fábrica, provocou un incendio que nuns momentos afloraba pola cubierta do edificio con grandes chamas e unha mesta fumareda negra que amenazaba pola súa toxicidade”. (EL Pais)


Pinturas proa en chamas. Foto: El País

A vara vai esta semana para o “lume”, ese vello inimigo que nos arrasa os montes e agora as fábricas. Xa o sector do mar vai como vai e inda por riba este lume devorador. Todos contra o lume.

Boa fin de semana e coidado de non vos queimar moito

viernes 13 de noviembre de 2009

Nova sección: Bou e Vara

Esta semana estrenamos sección: Bou e Vara


Consiste na vella formula periodística de resumir a semana en dúas novas, unha boa e outra mala. Neste caso, claro está, as novas terán que ver coas cousas dos barcos vellos, as embarcacións feitas a machada, as que van a pan de millo, ós animaliños da Ría (incluídos ós mantidos a pan), coas crebas e o janapán, co bocho, coas maruxías, marejadas e marejadillas, cos cantos das sereas e as tablas de pardaquilla.

Resumo da semana

BOU
(Por Lino Prieto)
Na estrea desta nova sección do Boudevara queremos destacar a boa nova que nos anunciaron desde Portos de Galicia os pasados días. Para os que non esteades ao día, estamos a falar do anuncio feito polo ente público que algún xornal recolleu como "Portos apuesta por reducir las tasas a las embarcaciones tradicionales en los muelles"(Faro de Vigo Ed. Arousa 27/10/09).


Segundo isto, as taxas aplicadas ás embarcacións tradicionais serán obxecto de deducións de até un 90% nos 122 portos galegos dependentes do ente, o que se convertiría nunha realidade a partir de xaneiro.
Está é sen dúbida a nova do mes, a do semestre e incluso á do ano, xa que chegado ese día as embarcacións tradicionais darían o seu primeiro paso cara a teren unha condición especial recoñecida (a nivel oficial) e institucionalizada; o que podería derivar en facilidades para as asociacións e particulares que empregan e reivindican o uso, fomento e dignificación dos nosos barcos.
Agardamos impacientes a xaneiro para poder volver a falar deste tema nesta mesma sección...


VARA


A mala nova da semana é sen dúbida a non resolución do secuestro dos mariñeiros do Alakrana. Solidaridade cos mariñeiros e as súas familias.
A vara nesta ocasión vai para o negocio da piratería, onde como supoñíamos, andan polo medio empresarios, politicos corruptos, autoridade locais e gubernamentais, mafiosos e tamén, de xeito indirecto, “inxenuas” ONGs, e “atolondrados” gobernos europeos que por falla de control na asignación de recursos ó desenvolvemento de paises do “4º mundo”, acadan un efecto perverso de estimulación da piratería.
Todo esto maniféstase no informe “A piratería no golfo de Adén”, realizado polo Instituto Noruego para a Investigación Urbana e Rexional (NIBR), por encargo do seu Ministerio de Defensa e que se publicaba onte no periódico "El Mundo.es".

Esto non é nada novo, detrás da piratería normalmente se esconderon moitos intereses políticos e económicos que nacen nas altas esferas. Para eso se inventou a figura do corso, onde a diferencia co pirata radica en “si te rin” os de arriba ou te "colgan" dunha soga, según veña o vento.
O ano pasada nestas memas datas de aniversario do afundimento do Prestige (6 anos), xa falábamos neste blog destes temas lembrando a figura do Capitán Kid, un home que se veu envolto nun conflicto de intereses que lle ocasionaron a morte, o escarnio público e o sambenito de pirata para a eternidade (el tamén tiña muller e filla). Con tal motivo aconsellábamos o libro “El Cazador de Piratas” de Richard Zacks, onde se narra como “as oscuras ambicións de monarquía inglesa, os gordos usureiros e os especuladores sen escrúpulos acabaron con el, e o condenaron como chivo espiatorio para tapar as miserables mentes dos que o condenaron”, vos sona?


Para rematar, lembrar que JOÂO é o persoeiro do mes de novembro, así que podedes mandar algunha foto, anecdota ou o que queirades que teña relación a:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es

Animádevos e boa fin de semana

viernes 6 de noviembre de 2009

PERSOEIRO DE NOVEMBRO

Esta primeira semana de novembro comeza coa xa vella anguria polos mariñeiros secuestrados do Alakrana. Hoxe mesmo están previstas distintas accións de resposta e presión no País Vasco e aquí en Galicia, que veñen despois de escoitar, onte mesmo, as palabras da muller dun dos mariñeiros reflectindo unha situación crítica. Lonxe de querer facer aquí de conselleiro negociador internacional, simplemente agardar que a situación se solucione ben e o máis rápidamente posible.


Hoxe por outra banda é o primeiro venres do mes e polo tanto toca adicarllo a un “persoeiro”. Este mes tiñamos varios candidatos, todos eles o tiñan merecido con folgura, máis o xurado deste blog, que como sabedes está composto por Bou (o bó) e por Vara (o malo) determinou que a cosa tivese alcance internacional e de grande altura, tal e como o determinan as circunstacias nas que nos toca viver. Unha persoa das de sempre, das que están aí, das que se sinte que o sinten ainda que non se vexan, un soñador chantado na area da ribeira, cos pes mollados polas ondas da memoria e o ollar do infindo ourizonte de acuática lusitanía.



Persoeiro do mes de novembro:


JOÂO















Veste de roxo, em tristura a Senhora da Agonía:

mas o seu manto -azulado- tem bordo salpicado de auforia pelo oiro que o sol resume...


María Emilia Sena de Vasconcelos



A Nosa Señora da Agonía en San Tomé.Cambados 2005

Foto: Lino Prieto



Xa non lembro cando nos coñecemos, teño a impresión que é dende ai moito tempo, polo menos dende aquelas reunións na antiga Casa da Cultura de Cambados. Si lembro verte chegar coa “Nossa Señora da Agonía” a unha xuntanza en Portonovo alá polo ano ...., 2000 pode

ser?.


Eu daquela era un recén chegado e ti xa acarrexabas barcos, exposicións e xente dende había moito tempo. A presencia de Portugal xa viña dende os inicios da Federación: a catraia, a lancha poveira, o carocho, o moliçeiro, os sarilhos..... e encontros aquí e acolá, Viana, Lanhelas, Vila do Conde, Esposende...





Despois xa viñeron reunións, ceas e viño tinto. Aquelas xuntanzas da directiva sendo ti vicepresidente da FGCMF na de Canducho (Combarro) ou na de Rosiña (Portonovo). Eran os tempos nos que as asembleas da Federación tiñan dous actos, o primeiro "formal" e o segundo "informal", o da visita ó loureiro, o da cea en xuntanza. Non se podía entender unha acta de asemblea sen incorporar as sensacións e manifestacións dos dous actos ou témpores.


Traballamos intensamente para o Pabillón dos Museos no Encontro da Illa 2001, onde Portugal foi convidado de honra. ¡Cantas horas de coche no Ford Verbena de Trepa de aquí para alá!.

Xa teimabas daquela co tema fluvial que finalmente se aceptou, e tamén pola incorporación do termo “meio acuático” como xeito de agrandar o noso acuoso cerebelo. Agora, en sintonía coa nova folosofía europea en materia de pesca, empregas moi comunmente o argumento da “cultura costeira”, insertando a cultura do mar máis alá da ribeira, levándoa polo menos ate onde chega a comunidade costeira e o espumallo da treboada.




Botadura da "Santa María dos Anjos"

proxecto do Forum Esposendense e do Museo Municipal de Esposende

Réplica da catraia, embarcación de pesca do século XIX, propia do porto de Esposende.

Esposende. Agosto de 1993

Foto: Ivone Baptista de Magalhâes




Lancha xeiteira "Nova Marina", no río Cávado

I Encontro de Embarcaçoes Tradicionais, 1995

.

A "Nova Marina" é unha réplica de lancha do xeito a partir de orixinal atopado en Caldebarcos e recuperada na Escola Taller "A Aixola" de Marín, con dirección de proxecto de Isidro Mariño e subvención por parte da Consellería de Pesca. Na actualidade cedida pola Xunta de Galicia á Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa (ACD Dorna e FGCMF).


Foto: Ivone Baptista de Magalhaes.



Froito desta relación coñecemos a moitas persoas da outra beira do Río (como acostumas a dicer), dende a inmensidade do Sr. Lópes até o sunnani Ivone, autora entre outras moitas cousas do libro "Embarcaçoes Tradicionais: en busca de um património esquecido" e tamén irmán de Joao.




Bueno, tantas cousas, tantas lembranças, tantas receitas para o bacallao (¡máis de mil pá!), ... máis temos todo o mes para ir poñendo cousas porque este més de novembro vai adicado a tí.

Apertas e saudades mariñeiras


Gente de Viana, nas horas vagas do día, toma, em paz, o teu café, consersa disto e daquilo... boceja, até.

Mas desce, despois a pé, a ver o Lima tranquilo.

E como ele se arrepía, cada tarde junto á margem, em nacarado arrepío...

Gente de Viana:

olha o teu rio!


Maria Emilia Sena de Vasconcelos

(do poemario "Minha terra mais pequena")


Foto: Lino Prieto

lunes 2 de noviembre de 2009

Coñecer o mar máis alá da superficie

Este sábado asistimos á presentación do libro "La vida bajo la quilla. Fauna y flora marina de las Rías Baixas".
Os autores deste libro son José Luis Escalante González, biólogo marino grovense, que comentou as fotografías de Rafael Sanmartín Lois, que combinou a súa afición ao submarinismo co interese polo medio que nos arrodea.


O volume conta con 224 páxinas ilustradas con máis de 350 fotografías a toda cor, con gran calidade e detalle, realizadas todas elas en augas da Ría de Arousa, máis concretamente na costa da península do Grove.

Ao longo dos seus capítulos documéntanse dez filos, ou troncos, e as súas correspondentes especies. A pesar do caracter claramente divulgativo da obra hai que destacar tamén os datos científicos sobre bioloxía marina desta costa, incluído a nomenclatura científica, castelana e local das especies documentadas. Nas fotografías amósanse intres e situacións da vida dos seres marinos que habitan nas nosas costas.


Este libro sae ao mercado da man da empresa grovense Todogrove Edicións e xa está a venda en librerías.

jueves 22 de octubre de 2009

Balandros de Cambados


Balandro "Yago". Cambados 1950

No blog de Arlillo temos unha entrada co título “mis memorias náuticas 3: la parrula y las regatas”, onde Arlillo, un home de 92 anos, fai memoria das regatas das dornas Nai en Vilagarcía de Arousa alá polos anos 50.
O artigo é un documento histórico de gran importancia no seu conxunto, pero a min en particular, interesame precisamente o comentario inicial:

“Estaba en dudas entre un balandro de un carpintero de ribera de Cambados llamado señor Padín, que se deshacía de sus balandros al irse a Venezuela..”.

¿Quen é ese Sr. Padín?

Falemos del, para os cambadeses “albarito” e para min un referente familiar moi presente.
Albarito, ou “Lalo” como o coñecemos na familia, era un xoven entusiasta dos barco, aínda que a súa verdadeira paixóns era a aviación.


Albarito "Lalo" revisando un avión da época

O seu carácter, sen dúbida apaixoado e emprendedor lle levan a acometer a empresa de crear un asteleiro de carpintería de ribeira no “Pombal”, unha zona na beiramar cambadesa do barrio de Triana (Fefiñans).


Muelle de Cambados. Anos 50

Naquel taller se deseñaban e construían balandros como especialidade principal, pero tamén racús e dornas de tope. Nunha entrada, aquí en Boudeva, xa falei das dúas dornas míticas construídas neste asteleiro, a propósito da “verdadeira orixe da Belida”, a dorna de tope recuperada pola asociación “A remadoira” de Vigo que conta con moitísimas probabilidades de ser cambadesa (eu non teño dúbidas ó respecto).




Probando un balandro. Travesía O Pombal-Vigo


Os probadores dos balandros: Eduardo e Joaquín (meu tio e meu pai)

O traballo deste pequeño asteleiro de carácter totalmente familiar e onde traballaron excelentes carpinteiros e ebanistas (como o mítico Antoniño o de “segundo”), pronto tiveron sona polo calidade dos deseños e da execución dos proxectos de construcción.

A clientela dos balandros chegaba dende Santarder, Barcelona, Bilbao ou Londres. Aquela loucura de realizar balandros na metade do século pasado nunha pequena vila mariñeira empezaba a ter resultados empresariais. Tanta foi a lista de pedidos que “Lalo” decide dar o gran salto e marchar ó Brasil a facer ás “américas”, construíndo un asteleiro especializado na construcción de balandros de alta gama. Brasil sen dúbida proporcionaba madeira de gran calidad e unha posición estratégica para o mercado americano (moi puxante naquela época de turbulencias de post-guerra en Europa). Xa instalado en Brasil e cun futuro prometedor por diante, a mala fortuna quixo que Albaro morrese atropelado cando ía traballar ó estaleiro. Aínda hoxe resoan os ecos da traxedia na contorna familiar.
Albarito era un entusiasta, emprendedor e magnífico carpinteiro, máis contaba cun aliado que facía de “cerebro”, que deseñaba e decidía os proxectos a executar, este era o seu primo carnal, Egidio Lopez Padín, meu abó.


Albaro (en 1º plano á dereita) e detrás Egidio. Festa do ramo na inauguración asteleiro do Pombal

Xa teño falado de Egidio con motivo dun comentario no libro de Steffan Mörling “As embarcacións tradicionais de Galicia” onde se cita un artigo de Egidio publicado na Revista General de la Marina (1936),relativo á posibilidade de atribución dunha “orixe nórdica” á nosa dorna (artigo por certo empregado dun xeito sesgado no libro de Morling e que se cadra falaremos outro día).
Era efectivamete Egidio, o que seleccionaba os modelos, os estudaba, os construía en maquetas e o que dirixía o proceso de construcción dos barcos.




Maqueta do balandro "Yago" realizada por Egidio e contruído no Pombal.
Este barco con base en Santander foi o dominador da súa clase no anos 50 nas regatas do Cantábrico.

Todo esto daría para moito pero quero simplemente comentar algúns dos referentes que tiña meu abó naquela época para deseñar os seus modelos de barcos, que non eran outros que as moitas coleccións de revistas da época coa temática do mar, os barcos e a cultura mariña. Aí van algunhas da coleccións do meu abó que eu conservo con devoción:

Algunhas inglesas e americanas como estas:













Tamén referencias francesas:





Sudamericanas como a arxentina "Modelismo Naval":



E tamén referentes máis próximos.







E como non, o referente maís perto, a de Ediciones CÉLTIGA, unha publicación adicada ó MAR, e onde por certo o historiador Caamaño Bournacell publica en 1942, unha entrevista a Egidio co título: "Un astillero en miniatura"




á memoria de Albaro, Egidio e Joaquín
o soño do mar segue navegando en nós

viernes 9 de octubre de 2009

CHEJOU O INVERNO

Ben, temos un bo treito por diante antes de que chegue a seguinte tempada de navegación. Con esto non queremos decir que se deixe de navegar, de feito seguiremos navegando, pero non é o mesmo, ademáis do frío, está a nugalla, ese musjo que nos entra nos miolos polo mes de outubro e xa non sae ate o 40 de maio.

Así que toca buscar cousas que facer. Aquí en boudevara, por petición popular imos retomar o do “persoeiro da semana” que fixemos o ano pasado ate decembro, pero agora farémolo “persoeiro do mes”, porque non sei se temos tanta madeira para manter o lume (coidado que o inverno é larjo coma un día sen pan, sen viño e sen chouriço). E por iniciativa do taller de fochochó, retomamos os traballos de corta, peja e colorea. Así que xa podedes enviar fotos tuneadas e mesmo podedes amosarnos ideas sobre o persoeiro do mes aquí:
linoprieto@gmail.com
xaquin@beiradomar.es


Empezamos:

TALLER DE TUNEADO

Para romper o xeo e darlle continuidade a esta sección nada mellor que iniciar esta segunda fase do fochochó cun dos persoeiros preferidos neste blog e que foi protagonista de portada no último número da revista Cosmopolitan:


Protagonista: Sr. Pelouro
Autor: Lino Prieto


PERSOEIRO DE OUTUBRO

Iniciamos esta sección ó principiar o mes porque todo o mes estará adicado a esta persoa, así que podedes enviarnos fotos, contarmos anécdotas ou o que queirades. Imos falar del:

TOÑO “O CESTEIRO”>

Non lembro exactamente como foi o contacto con él, pero a primeira vez que ven coa FGCMF é con motivo de Doaurnenez 2000, onde a delegación galega é convidada de honra. Este artesán pronto se integra cen por cen no equipo e ademáis de cesteiro se amosa un máis coa delegación: axuda na montaxe de stands, colabora na baixada das embarcacións, navega, toca o yembé, …., e arranxa pezas estragadas como a cana da “Chouva”.


Arranxando a cana da Chouva. Village Galiciem. Douarnenez 2000


No stand da FGCMF: Toño,Cao e o canteiro

Durante aqueles días as conversas con Toño son diarias e van moito máis alá do previsto, argallando plans de colaboracións entre a cultura marítima e as actividades dos artesáns.
Así, no ano 2001 está presente de novo no Encontro de Poio e tamén asiste á Illa de Tathiou (Normandía).

Toño na vila de Sant Vaast La Houge. Normandía 2001

Toño xa era un máis de nos. A partir de aquí é un fixo en calquera delegación galega (Barcelona, Viana, Douarnenez….), e mesmo se encarga de organizar e coordinar as actividades de artesanía, como foi o caso da Vila Mariñeira no Encontro de Cambados 2005 ou de facer por encarga unha ducia de patelas para a "danza das patelas" que se interpreta na recreación da descarga de peixe no muelle de Cambados.


Danza das patelas. Cambados 2005

Despois desta data Toño distanciase un pouco da Federación pero segue estando presente en distintas actividades e delegacións. Por exemplo acude a Brest 2008, onde pronuncia unha das moitas frase célebre que lle teño escoitado decir:
Ante unha situación de “confusión” ou enfado de “Toño” durante a celebración de Brest 2008 unha persoa da Federación lle pregunta:

- Que pasa Toño, ¿queres mimos ou qué?
- Eu mimos soio os quero das mulleres,… e non de todas. Dos homes simplemente pido xustiza.

Días atrás fun a facerlle unha visita a súa terra alá polo Xurés, perto de Lobios. Para chegar alí paseinas putas (ou canutas que é mais correcto políticamente). Chovía a dios dar ajuas, mesmo caía pedriço, a noite xa había tempo que entrara no monte, o teléfono sen cobertura e como única referencia un cruce sinalado cun “buzón de correo”,… -“O chegar a este cruce botas o coche pola pista abaixo e xa chejas aquí”-me dixo horas antes de quedar sen cobertura. Finalmente cheguei e coma sempre arreglamos o mundo a carón da lareira, polo día montamos a cabalo e polas tardes miramos a posta de sol (eu pensaba que o sol metíase polo mar, pero dis que primeiro despídese do monte).


Buzón de correos de Toño. "O craneo dunha vaca".

Saúdos Tono ó “7 de xullo” (o seu can manco), á mula e a Águia (o seu cabalo chosco) e a ver se repetimos navegacións. Deixote algunhas fotos de navegacións compartidas:


Na caña da RANA. 2006


Desembarco de Ons no inesquencible 2007

lunes 5 de octubre de 2009

ACABOUSE O VRÁN


Detalle da talla da Muller de Balboas. (Carreirón. Illa de Arousa)
Obra de TINA

Toca ir facendo resumo do verán. Como todos os anos, os do Clube Mariño Salnés somos máis de concentracións que de rejhatas, e así, como fai xa un lote de anos, estivemos, ademáis de Muros, en Combarro, Bueu…, e como non, no desembarco de Ons.
Foi un ano de menos navegación que o anterior, en parte porque moito persoal tivo que “emigrar” no mes de agosto a traballar na recolleita do chícharo alá por terra de bárbaros. Aínda así fixemos majas, millas e majetas travesías:


A RÂNÂ amarrada en porto Beluso. Bueu


A RÂNÂ en Combarro preparando para sair


De Combarro a Bueu


A muller de Balboas soa


A muller de balboas con tripulación de luxo. Delia de patrona


Oscar con arrocamentos


Oscar sen arrocamentos


Repousando na praia das dornas. Ons


Ons dende a proa do Zorba

Nestas travesías veu nova xente con nós como Pedro Paquai (emigrado en Babiera) e Yosi (alumna daquel primeiro curso de dornas a vela en Cambados ai un lote de anos), Ana e Esther, Humberto, Eva e Omar, Loli (do eichededarqueridiña), Chus e Reginha…, dende aquí un saúdo a tod@s e a ver se repetimos.


Yosi e Parada. Curso dornas en Cambados 1999

Este ano íamos facer unha exposición no mes de agosto que finalmente non se fixo pero o noso artista cambadés e membro do CMS, Xurxo Durán, colgou a súas últimas obras no bar Tetúan antes de marchar para Rennes onde ten o seu estudio (e que este clú é así de internacional). Saúdos Xurxo e moita sorte.


O noso artista cambadés de maior proxección

Agora queda traballar no inverno no que teremos que afrontar renovacións e novos proxectos, por exemplo a construcción duna gamela cambadesa, a ver que pasa.