Cristal. Folkboat Rana 2016 |
Compañeira, amiga, sempre ao asexo borboriñando un aloumiño.
Tripulante, patroa do sorriso, do ladro calado rastrexando un ronsel de cariño.
Cadela do mar, de rolda polos corredores na procura dun abrigo.
Compañeira. amiga, sempre presta a navegar comigo..., graciñas Cristal,
contigo faise máis levadeiro o camiño.
A Cristal
Exidio Cuíñas
Exidio Cuíñas
TRIPULANTE CRISTAL
tipoloxía: Cadela da Ría.
Repasando imaxes destes últimos anos, decateime que hai unha constante presenza ao meu carón, case sempre imperceptible, coma un elemento natural da paisaxe que se agocha baixo o cotián.
Estou tan acostumado a súa compañía que apenas percibo o seu ollar escudriñando o horizonte, sempre pendente do rumbo e da costa; e tan só cando desaparece da miña vista por unha ausencia excesiva, é cando instintivamente procuro a súa comparecencia para comprobar no seu ollar que todo esta ben, o cal me alegra e reconforta.

Gústalle percorrer a cuberta de un lado a outro como se estivese comprobando que todo está no seu sitio e cando remata o recoñecemento, adoita sentar na popa a ollar o ronsel que vai debuxando o paso do barco polo mar.
Que mirarán este par de paspáns!. Navegación co Rana na Arrivada Gaélica. Cambados 2018 |
Cando se aburre, reclama a atención da tripulación para enredar un pouco ou simplemente para furtar un aloumiño ou se cadra, un anaco de pan.
Dami algo...! |
Achegate máis oh! Como raies a pintura do barco pintalo todo! |
Normalmente é discreta, non interferindo nos traballos de goberno do barco e nunca protesta polo estado do mar, do vento ou pola tardanza en chegar a terra.
Arredemo, pensei que xa non chegábamos hoxe!. imaxe: expedición CMS ao Hidria II. O Grobe 2018 |
E tanto lle ten ir a vela, motor ou a remos, iso si, sempre que voguen outros.
Víndeme buscar que estes son uns palanquíns! Imaxe: Regata de remos da Valvanera. San Tomé 2017 |
e como boa patroa, gústalle botar un ollo ao que fan os demais, sobre todo á hora de amarrar.
Ás veces gustalle ser fachendosa e mesmo pousar coa tripulación.
Chejo a ter eu unhas gafas desas...! |
e outras veces prefire un discreto segundo plano onde tenta pasar desapercibida:
"Imos ir polo mar abaixo". Cristal atenta ao manexo da cana de Manu Paz por se hai que corrixir rumbo. |
E aínda que ten sona de ter malas pulgas cos da súa especie, normalmente fai de tripas corazón e prefire mirar para outra parte coma que non va con ela a cousa. Iso sí, espreitando co ollo biónico por se acaso.
"Como des un paso en falso tírote pola borda meñoca do carallo", imaxe: Pablo, Sate, Rafa, Pipo e Cristal. A Muller de Balboas 2017 |
E cando hai que botar unha pata en terra para limpar e ordear a sede, éntranlle unhas gañas de mexar que con vexas!
Ajora veño rapazas. Ide empezando sen min!. imaxe: Bea e Betol con aceno resignado. |
Está tan presente no imaxinario do CMS que mesmo sae no gravado da camiseta que se fixo en 2017 para iniciar a serie coleccionable: "Artistas co Clube". Nesta primeira ocasión, obra do pintor local Xurxo.
E non me deixa de sorprender a súa paciencia para aguantar as longas conversas que as veces manteño con outras persoas por temas de barcos.
E non protesta cando arribamos a un porto ou aunha illa, como este ano en Rúa, onde pasamos o día:
remate:
Nestes tres ultimos anos, a compañía de Cristal foi unha constante nas moitas xornadas de navegación que se fan en cada tempada. Lonxe de ser unha molestia, sempre crea un clima de distensión a bordo, sobre todo cando veñen menores, entón convértese en principal protagonista facendo máis levadeira a travesía. Confeso que fai anos era inimigo total de levar animais a bordo pero hoxe en día teño que recoñecer que estaba equivocado, polo menos con Cristal.
Exidio Cuíñas
imaxes:
Manu Paz
David Hamer
Silvia Vozza
Olaia
MIguel Montero
E non me deixa de sorprender a súa paciencia para aguantar as longas conversas que as veces manteño con outras persoas por temas de barcos.
Que? Imos cortando o rollo? Sempre falando de barcos.., pesado! imaxe: Con Ramón Albert no Taller de Velaría. |
E non protesta cando arribamos a un porto ou aunha illa, como este ano en Rúa, onde pasamos o día:
Mimá!, a onde me trouxeron estes. Todo é con..., a ver se polo menos atopo un lagarto que papar! |
remate:
Nestes tres ultimos anos, a compañía de Cristal foi unha constante nas moitas xornadas de navegación que se fan en cada tempada. Lonxe de ser unha molestia, sempre crea un clima de distensión a bordo, sobre todo cando veñen menores, entón convértese en principal protagonista facendo máis levadeira a travesía. Confeso que fai anos era inimigo total de levar animais a bordo pero hoxe en día teño que recoñecer que estaba equivocado, polo menos con Cristal.
..., graciñas Cristal,
contigo faise máis levadeiro o camiño!
Exidio Cuíñas
Manu Paz
David Hamer
Silvia Vozza
Olaia
MIguel Montero
No hay comentarios:
Publicar un comentario