Translate

viernes, 12 de diciembre de 2008

PELOURO

Pelouro nada máis coñecer a sorte da rifa.
Taberna Mariñeira Encontro Cambados 2005
Foto: Lino Prieto

Pelouro é o responsable de que os Amigos de Portonovo usen o alquitrén para tratar os barcos e non laca de uñas, “aseitiño, aseditiño”, é o mellor. Tamén é o responsable de que as tripulación de Portonovo non se extravíen nas navegacións nocturnas polos seus profundos coñecementos das estrelas e constelacións. Neste senso sábese do seu romance con Casiopea e Melopea. E tamén é o cerebro organizador das cuestións que esixen coñecementos técnicos de loxística, alta tecnoloxía e motorización.

Aquí o tedes dirixindo unha delicada e complicada operación de traslado de embarcacións.

E por suposto é o responsable de que as tripas do Platuxa estén sempre quentiñas e dispostas para funcionar. “aseitiño, aseitiño”.

Platuxa. Foto: dornaportonovoblog

E como todo bo navegante ten o seu barco, a dorna Paxara, que pecorre puntualmente todos os anos, como ofrecemento en procesión de Semana Santa a travesía Portonovo-Combarro. As malas lingoas din que tamén é a única vez que a pobre dorna navega, pero coñecendo o sentido místico de Pelouro algunha razón de fondo terá.

Compañeiriño, que sería deses barquiños sen ti, sen a túa man experta mimadora de madeiras e motores, de día e de noite sempre esperto, alerta, iluminándonos co teu facho de sabiduría, ..., como Casiopea.

Para finalizar, unha foto do ano 2007, levando a Jatinha polo Lerez arriba na Feira Franca de Pontevedra:

KoKi, Monica e máis eu. A bordo tamén ían Santi e como non Anxo

10 comentarios:

Lino dijo...

es da frase cébebre de pelouro, polo menos a que me repite máis a min,
"VOUCHE ROMPE-LA CÁMARA"

Santy dijo...

Bonita singladura a subida polo Lérez, a verdade é que nos cansamos de facer bordos, pois o canal é moi estreito, coa xurrada do río en contra. Tivemos que medir moito os cambios, menos mal que a tripulasión estaba orjanisada. O importante é que o final costounos pero chejamos. A ver si se repite outros anos.

Saúdos

bou de vara dijo...

Moi boas Lino, son tantas as frases célebres de Pelouro que non chegaría todo o blog para poñelas. A min normalmente díme eso de rompe-la cámara, pero sen o "ma", ou sexa: "vouche rompe-la cara", despois engade "mona".
Como se lle de por ver o que poñemos no blog, igual nos parte a cara, a cámara e máis o blog.... "monas".

bou de vara dijo...

Santy, ¿como levas o de ser papa?.canso?.Xa contarás.
Que bonita foi aquela travesía remontando o Lerez coa marea baixando con forza e o vento en contra. Costou pero chegamos, que pena dunha gravación dende terra, creo que na miña vida fixen tantos bordos seguidos. O máis parecido que lembro, aquel ano do Encontro en Lanhelas do ano 2003. Daquela tamén tivéramos que probar a navegación das dornas contra a correntada na desembocadura do Minho. Que Encontro preciosista aquel de Lanhelas. A ver se os amigos de Portugal se animan a facer-lo de novo.
Saúdos á Mónica e un bico a Xiana.

Lino dijo...

asi remenxendo nas fotos do encontro de cambados teñoas buenisimas, cunha guitarra... este pelouro é o máximo

bou de vara dijo...

Lino, esta semana case a deixaba para cousas curiosas ou anedotas dos Encontros de Cambados, algunhas fotos ou comentarios.Por exemplo non se puxo nada das conferencias, dos concertos, do ambiente na rúa ou polo paseo marítimo, dos bares da zona, as rutas organizadas (muíño mareas, bancos marisqueiros, ....), as saídas do Hidria, Nauja, Zorba, as travesías a remos dos vascos e irlandeses na volta. Os andaluces que por primeira vez asistían a un Encontro en Galicia e o pasaron en grande. ou tamén a participación dos convidados de honra, O Mediterráneo. Foron tantas cousas, e neste ano que se está a cocer o programa de Muros 09, se cadra estaría ben afondar nas historias dos Encontros. Para ir animando o cotarro e se cadra dar ideas.
A todo esto, fecilidades armador. Cando é a botadura?. Ben nos podías presentar a dorna neste blog, non?

Lino dijo...

Xaquin:
Esta noite mirarei de facer un album de fotos do encontro de cambados representativo, unha de cada a poder ser e pásochas pa ir subindo.
O de presentar a dorna está ben, precisamente hoxe fun a mercar a parta para lle botar nas puntas, agora a posta a punto vai ser meticulosa, estou esperando a documentación de cambio de propiedade para logo largarlle o cambio de nome.
Pero con calma, claro.

bou de vara dijo...

Moi ben Lino, ante todo:
"moita calma".
Paso a comunicarme na primeira entrada, que aquí estamos moi abaixo.
Temos algunha entrada en taller de tuneado?

Santy dijo...

Bueno, o de ser Pai si que é canso, porque as horas de dormir son pocas....Xiana está só que as veces da bastante a lata, pero bueno que che vou contar a tí.
Por certo Lino, que é eso de presentar a dorna ¿que fixeches unha dorna nova? Que calado o tiñas. Xa contaras.
Saúdos

lino dijo...

Santi, pasamos a comunicarnos ao primeiro post que aqui estamos moi abaixo, cousas do jefe....