Translate

domingo, 26 de julio de 2009

e a navejar

Este sábado despois do café aparellamos de arriamos cabos: 3 dornas e o racú iamos a pasar a tarde navegando con un vento norte que daba justo. O racú foi o último e sair do porto, pero non tardamos moito en alcanzar ás dornas.


Adiantando a Cores e a Mundo


Javi fixo de proel, ainda que todos nos turnamos á caña




Chegamos á Praia das Pipas, onde había un mundo de xente a asollar, varamos o racú e a dorna quedou fondeada. Desembarcamos entre bañistas e tomadores de sol para ir dereitos coma flechas ata o kiosko, onde nos refrescamos á sombra.

Aparellando para sair

Ao regreso fixémonos un pouco os remolóns para que nos alcanzase A Meca pola zona do faro do Jaliñeiro, que saíra de mañan para ir ata Aguiño. Nós ainda seguimos ata a ponte da Toxa, aprobeitando a marea e navegando achegados ao paseo onde a xente se quedaba a mirar para a vela (non nos caiu ningún manís na cubierta)

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Parese que ese Racú, oriundo de Cambados, naveja que da justo. Quen o diría ai uns anos cando nadie daba un peso por él. Felicitacións a Escola Aixola polo traballo feito co Racú e a vos por teimar co que parecía imposible, e a ver se pobo probalo.
Moi boa entrada Lino, das que gustan en boudevara. Os cambadeses da Muller de Balboas seica se cruzaron con vos pero en rumbos opostos. Estas pachangas ai que repetilas.

Lino dijo...

O racusiño anda que da justo Xaquçin, e cando queiras probalo xa sabes o que tes que facer.
A verdade çe que me sorprendeu gratamente, ten unha andadura bonita e navega moi ben con ola e todo, estça claro que non çe un barco pa bolinar como unha dorna, pero ten moito encanto, tampouco a vela çe igual, traballa de outro xeito xa que ten o centro máis a popa, e posto a andar... daba justo