Comentabamos esta tarde que hai quen opina que destaca moito a noblesa dos nosos barcos, comentábamolo diante de unha boa caña de servesa, á sombra de un bar cambadés. Esta noblesa pasa por ter os barquiños ben arranxados, que dea justo velos e xa de paso impedir que nos entre o bicho na madeira e tela ben nutrida.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijD6jcrjhZ5brhCkvq433vXWX23Npm8QNJYsg51l-rdwWQUWuQryIUngny-9Aj6uuFl9IeILNSjEBv2_zb6TNrwtUbDvvJtmVt-VL5m-qAsp2Ifq_x1B7zNCUCQXhzEBMocNVJEQY8vqND/s400/noblesa3.jpg)
Pois ben, hoxe venres, nesta transición meteorolóxica... con ese solaso ás 3 da tarde alí estaba Liniño enriba do varadero de Peralto, con unha brocha a estrenar e unha garrafiña co "condumio": aseite de liñaza, xilamón e un pouco de coloriño, todo ben axitado e coa misma darlle unha boa man a todo, corredores, cuarteles, saleiros, panas, remos, palo...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhbZWHz5hkw58pw7WvJaDPFfs0QZoPlUTl_nwMBPNfoma1WCSrNwKhb1bN8LO7u-VFg_38CHDqTWAmD2A4Yn0eOa3R3E2D62iqDOwbuw7NSbhji2NKmemWg-woCfNN4o0e-CcgiXVWenAf6/s400/noblesa.jpg)
Esta é a única forma de ter os barcos ben bonitos pa cando nos veñan a faser fotos e tirarnos manises. Mañán haberá algo de navegasión...
1 comentario:
aí, aí Lino. Canta arte e noblesa coa brocha e nesa fronte enchoupada de suór.
Eso dende logo é a base do demáis, porque como decía Paco Bicho: é os barcos, quen se ocupa dos barcos?.
É a xente que recupera barcos e os manten, os que posibilitan que veña todo o demáis: regatas, exposicións, encontros, xuntanzas, escolas, ...., cultura viva día a día. Esa xente é o verdadeiro patrimonio a coidar.
Publicar un comentario