Translate

miércoles, 17 de diciembre de 2008

O MELLOR DAS NOSAS RÍAS E DA NOSA PESCA

o mellor do mar:

Nestas datas de tanto papar, non vos esquencer de mercar os nosos mellores productos do mar, ós mariñeiros e mariscadoras que saen ó mar e van á seca todolos días confían en nós, e nos neles. Aquí van algúns dos mellores:

VIEIRA DE CAMBADOS

Mariñeiro de Cambados na Campaña da Vieira. Porto de Tragobe.
Foto: Boudevara


O Luns abriu a campaña da vieira, e hoxe coñecemos que a Confradía de Cambados e maila empresa comercializadora comezaron a vender ó público os primeiros lotes de vieira fresca despois de ser depurada, eviscerada e envasada ó baleiro.

Precisamente para esto, a Confraría abrirá mañá un posto de venta directa de vieira fresca na lonxa de Tragove, de modo que as persoas interesadas tan só terán que dirixirse á persoa responsable para adquirilas por caixas de 25 unidades, que se venderán a un prezo de 50 euros (aprox), xa que varia en función do tamaño das pezas (tfono información Confraría de Cambados: 986 542056)

Tamén, dende o sector agardan que a partir de hoxe se poda atopar vieira fresca de Cambados nas principais superficies comerciais (atentos ó etiquetaxe, data de envasado e orixe).

Pranta de eviscarado. Porto de Tragobe. Cambados

foto: boudeva

Cantidades de captura: os 28 barcos que onte participaron no segundo día da campaña, descargaron no porto de Tragove perto de tres toneladas.



MERLUZA DE CELEIRO

Barco Museo. Reina del Carmen. Burela.
Foto: Fundación Expomar

A Merluza de Celeiro, é un producto de primeira calidade e delicado sabor que ben de colleitar un gran éxito gastronómico da man do cociñeiro compostelán Marcelo Tejedor (integrado no Grupo NOVE), que quedou clasificado na cuarta posición na lista dos mellores pratos de España seleccionados pola revista especializada: Vino+Gastronomía.


A receita
: A base é a merluza pescada polos barcos de Celeiro, acompañada dun caldo de pementos verdes e un pilpil de limón.

A merluza de Celeiro, capturada “ó pincho”, ten acadado nome propio en todo o territorio nacional, ónde cociñeiros da elite gastronómica do país a empregan nas súas preparacións.

Exemplos:

Xavier Rodríguez (coruñés), premio nacional de restauración na Feira Mundial da Pesca de Vigo, cos pratos: merluza con tomate confitado e oliva negra, cullerada de merluza á galega, tacos de merluza en tempura e ali oli de herbas e tartar de merluza con ovas de troita.

A merluza de Celeiro tamén se ten promocionado en Londres, París, ou en Madrid coas ovas de merluza no Salón Internacional do Gourmet de Madrid.


PERCEBE DAS RÍAS BAIXAS

Para o percebe autóctono da costa guardesa, as novas non son tan boas, pero tampouco tan malas. Por unha banda as mareas prohiben a súa extracción nestas datas e como é un producto que non admite conxelación non poderedes degustala na cea de Noiteboa, pero si o percebe da nosa costa situadas máis ao Norte. Máis a boa nova é que se pode degustar ate o próximo día 19 deste mes, data na que termina a marea e poderán volver a facelo a partires do 26 de decembro, data na que se reinicia a extracción.

Con todo, o pasado mércores 10 decembro tivemos a ocasión de coñecer dentro do Seminario “A Gastronomía como valor engadido do turismo mariñeiro en Galicia”, organizado polo Cetmar de Vigo, unha nova actuación con este producto, paté de percebe, un proxecto que desenvolven as Confraría de Baiona, A Garda e Bueu e que pronto teremos nas tendas especializadas.


Susana Gonzalez. Presidenta Agrupación Percebeir@s da Confraría de Baiona
Cetmar. Vigo. Presentación decembro 2008

Outro día falamos das volandeiras, dos ourizos, das algas ou das anémonas,.......

9 comentarios:

Lino dijo...

e nos que comemos hoxe????

bou de vara dijo...

Eu terei que papar calquera chuminada no bar de enfrente.Que se lle vai faser. Pero para a semana collo vacansias e entón si que sí. Do que teño gañas sobre todo e dunhas boas vieiras (despois das ostras,claro), e dun bo bacallao, cun alvariño ou mesmo un tinto de barrantes. non te vai?

Lino dijo...

XA sabes que a min vaime casi todo o de comer, salvo a merlusa e pouco mais, pois xa podemos quedar pa unha desas, Tes ti cartos? porque eu estou a abanear jejeje....

Lino dijo...

Xaquín:
O correo ven de volta again!

bou de vara dijo...

Ola Lino, bou liberar memoria do correo. Oes, pois pódese armar un rule de papatoria de "bichitos de la Ría", mesmo podíanse comprar unhas vieiras e tirar pa un loureiro a papalas. O ano pasado por estas datas, Pardavila trouxo un capacho delas e papámolas no loureiro que está camiño do facho, unhas ó natural, outras á brasa, outras estilo normal (cebola picada, pan raiado, etc),outras ó alvariño e outras estilo Xerardo (con viño tinto).
Estaban todas boas.
Ala, vai pensando.

lino dijo...

mamasiña, de loureiros, como arriscas! eu prefiro ir comer no canto de cenar, porque é aljo máis calmado e os finales non son tan "toledanos". Pero bueno, tampouco é que teña moito tempo para elexir... en todo caso pa cando sea avisa e se se pode ir pois vaise

bou de vara dijo...

Lino, esa estratexia de saír a empatar para non perder, non che me justa nada. As veses que fun de comida acabín senando e almorzando todo no mesmo lote. Bueno, deixando o pelijro aparte, podo prometer e prometo que cando vaia a papar unhas vieiras ou calquera bichicomada da Ría aviso.
xurado nun loureiro, sucursal da Santa Sediña.

Lino dijo...

Cando te pos filosófico non hai dios que te ature

bou de vara dijo...

"Dos", Lino, "Dos".