Ao lonxe emerxes coma exército de farallóns ao asexo,
cun enxame de escollos protexendo os teus flancos
e un faro pétreo coroando o outeiro.
Pertences ao mundo granítico,
avoengo de con duro labrado a golpe de vagallón,
Es fogar de soidades, de silencios e estrondos,
de caladas tardes cando o vento se ausenta
e do rebumbio das gaivotas rachando a quietude
Plataforma sólida amorfa,
abrupta de aceno quebrado,
de sorriso esquivo petrificado nas sombras
Illa de pedra que dormes deitada na ría contemplando o ceo,
ollando dende o faro o vagar das estrelas,
rumbos encontrados nas aliñacións cósmicas
Exidio Cuíñas
xullo 2018 ©
imaxes: Rita Yañez, Bea Laya e Olaia Castro
Travesía a Rúa. Verán 2018,
No hay comentarios:
Publicar un comentario