Translate

martes, 27 de enero de 2009

Estamos de volta.

A vella caldeira do Hidria II que descansa en Punta Moreiras
Foto: Lino Prieto

Despois deste prolongado paréntese das festas, nos que paramos a máquina, arriamos cabos para darlle jasto ao Bou de Vara. Para comezar comentar que está aberto o prazo para presentar fotografías para o I Concurso Fotográfico Pescanatur, composto por tres categorías nas que, moi posiblemente, poidades presentar algunha foto bonita das que nos ofrece o noso mar e os nosos barcos,
Neste enlace podedes ver as normas do concurso, o prazo remata a fin de mes.

Quedámonos con este amencer preto de Ons no mes de novembro

Foto: Lino Prieto

Coa que está caindo de marusías, choiva e vento a opción de contemplar fotografías pode ser do mellor que se faga nestes días, xa que os barcos están invernados e impregnados da humidade do ambiente.
Seguiremos informando...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non é a vella maquina do Hidria, a maquina que ten e a mesma de sempre, e a antiga caldeira, a que fabricaba o vapor para suministrarlle a maquina, agora ten unha caldeira máis pequena e mais moderna.
Braulio

lino dijo...

Gracias pola corrección, Braulio.

bou de vara dijo...

Braulio, no pe de foto pon "Vella caldeira", polo tanto o erro ten que estar no que entendemos por "vella" ou "antiga" porque se non, non entendo. Despois fálase da máquina de Boudevara, que estivo parada e que prendeo de novo Lino porque a min o Nadal ponme parvo, ou tristeiro, a falla de luz mátame e normalmente ate o 21 de xaneiro, cando o día medra unha hora por enteiro non dou sinais de vida máis aló dalgunha parada nun loureiro. Que vos medre.... o dia
xaquin

lino dijo...

Ten razón Braulio, o pe de foto foi correxido

Lino dijo...

Ao tino do post, finalmente o Primeiro (e polo de agora último) Concurso fotogràfico Pescanatur foi ganado por Miguel Muñiz "Enrique", tamén do Grove compañeiro de fatigas e gran amigo meu, e por este que aquí escribe...