"Ata hai uns anos, cando se falaba
de fotografía histórica galega, as referencias a Ksado eran inmediatas. Sen
lugar a dúbida, era de todos os fotógrafos galegos o que fora capaz de dar á
súa obra unha maior difusión en todo o país, logrando que esta fora considerada
e apreciada. Aínda
hoxe son moitas as casas nas que se conserva, a medio cubrir na maioría dos
casos, o álbum Estampas de Galicia".
Galería Cefvigo. Introducción á obra de Ksado.
O albún de fotografía "Estampas de Galicia" foi publicado no ano 1936 cunha tirada de 10.000 exemplares dos que conservanse uns cantos, se ben, a maioría incompletos. Eu teño a sorte de contar cun destes exemplares e ademáis completo, e ainda que o estado de conservación non é o ideal, sirveme para facer unha entrada adicada a obra de Ksado centrada sobre todo nos aspectos marítimo e fluvial.
Luis Casado Fernández (Ávila 1888 -
1972)
Ksado.
Rúa do Vilar. Ksado |
Luis Casado naceu en Ávila en 1888, aínda que a súa
familia pronto se traslada a vivir a Ourense. Aprende o seu oficio no estudo do
coñecido fotógrafo José Pacheco onde traballa
durante dez anos.
Foi responsable de fotografía do diario "Galicia" en 1915, á vez que abre o seu estudo na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela.
Foi responsable de fotografía do diario "Galicia" en 1915, á vez que abre o seu estudo na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela.
En 1922 traslada o seu estudo a Vigo. Estivo vinculado á vangarda coas súas colaboracións na revista Nos e cunha participa activa no Seminario de Estudos Galegos.
Colabora con outras revistas como ABC, La Esfera, Novo Mundo, La Vanguardia, Mundo Gráfico, Céltiga ou Vida Gallega e con publicacións americanas como La Nación de Argentina. As súas fotos inclúense dentro do fondo fotográfico de Padroado Nacional de Turismo.
Malpica. La pinión de A Coruña. Luis Ksado |
Durante a Guerra Civil Española pecha o seu estudo para reabrilo posteriormente e centrarse no retrato. En 1961 ilustra a Guía de Galicia editada pola Enciclopedia Espasa. Expón a súa obra por toda Galicia e no Centro Galego de Madrid.
Nese mesmo ano a
Agrupación Fotográfica Galega noméao presidente da súa sección de Santiago e réndelle unha homenaxe.
Nesta última época colaboran no seu estudo tanto familiares coma
profesionais entre os que compre salientar a Roberto
Caamaño.
Antes de falecer transmite o seu estudo ao fotógrafo Sandine.
Obra:
Imaxe de Estampas Copostelanas |
- “Estampas Compostelanas” editado en 1928 con calles y Monumentos de Santiago.
- En 1936 edita o libro “Estampas de Galicia” con 405 fotos.
- En 1948 reedita Estampas Compostelanas.
- En 1961 ilustra a Guía de Galicia de Editorial Espasa.
Na súa memoria crease o premio de creación fotográfica Luis Ksado.
As imaxes
Traslación do Apóstolo. Padrón |
Notas:
A colección de Estampas de Galicia presentase como un albúm de cromos coleccionable dividido por Series e Provincias.En total 40 series con seis cromos en cada unha. A escolma de imáxenes que vou a poñer corresponden a eses "cromos" ,escaneados dos orixinais, e recollidos no Albúm Nº1.
Foron publicados en 1936 por Estudios Ksado Sdad. Ltda. de Vigo e impresos por Huecograbado Ribadeneyra S.A. Madrid.
Existen en internet imaxenes moito mellores que as que vou a poñer, xa que o paso do tempo en moitos casos pasou factura, pero prefiro poñer as imáxenes directamente escaneadas dos orixinais e na mesma postura.
Así mesmo, céntrome nos que teñen maior relación co ámbito marítimo-fluvial e sobre todo nas provincias de Coruña e Pontevedra.
Provincia da Coruña.
Serie 8 - Betanzos
Núm. 2 . Vista parcial da antiga Brigantium Flavium.
Núm. 7 - Vista Xeral
Serie 9 - Noia
Núm. 1 - Ponte sobre a Ría.
Núm. 3 - Vista Parcial
Núm. 9 - Lavandeiras
Serie 10 - Corme e Melide
Núm. 6 - Naiziña
Esta imaxe que si ben non ten pouco que ver cos temática marítima-fluvial, si garda moita relación co gran escultor cambadés Francisco Asorey, os cales mantiveron en vida evidentes coincidencias artísticas e intelectuais.
A Naiziña. Francisco Asorey |
Xosé Cao Lete. Homenaxe a Asorey. Praza de Asorey- Cambados |
Núm. 8 - Vista parcial de Corme
Núm. 9 - Outra vista parcial de Corme
nota: escaneado con efecto sepia. |
Serie 12 - Malpica
Núm. 5 - Cabo Vilano
Núm. 6 - Barcos en Terra
Provincia de Pontevedra
Serie 13 - Pontevedra
Núm 2 - Ponte sobre o río Lérez
Serie 14 - Bueu
Núm. 9 - Vista Xeral de Bueu
Serie 16 - Vigo
Núm. 1 - Escena de pesca no Berbés
Núm. 2 - Ribeira do Berbés
Núm. 3 - Chegada dos barcos coa sardiña.
Núm. 4 - Praia América
Serie 16 - Ramallosa
Núm. 7 - Ponte romano
Serie 17 - Rande
Núm. 4 - Muelle do Comercio
Núm. 6 - Illa-Lazareto de San Simón
Serie 18 - Bouzas
Núm. 4 - Porto pesqueiro
Núm. 5 - Flota pesqueira1
Núm. 6 - Flota pesqueira2
Serie 19 - Ramallosa
Núm. 6 - Tarrafas na Ramallosa
Serie 24 - Cambados
Núm. 7 - Paseo da Calzada
Núm. 8 - Pazo de Fefiñáns
Núm. 9 - Contraluz
Illote de As Goritas (hoxe soterradas) e Faro do muelle de Cambados |
Núm. 5 - Gran Hotel de A Toxa
Nota: Gran Hotel e Balneario da Toxa antigo. Foi derrubado para a construcción do Novo Gran Hotel. |
Serie 25 - Combarro
Núm. 7, 8 e 9. Cruceiro e piornos á beira do mar.
Serie 26 - Mondariz-Balneario
Núm. 2 . Fonte Termal e Gran Hotel
O antigo Hotel-Balneario foi destruído no incendio de 1973. O actual foi inaugurado no ano 1994. (enlace) |
Serie 28 - Vilagarcía de Arousa
Núm. 8 Paseo de Compostela
Núm. 9 - Praia de Compostela
Provincia de Lugo
Serie 30 - O río Miño
Núm. 6 - Ponte sobre o Miño
Provincia de Ourense
Serie 32 - Pontes
Núm. 2 - Ponte sobre o Río Lonia
Núm. 5 - Ponte romana sobre o Miño
Serie 36 - Ribadavia
Núm. 8 - Vista da cidade
Serie 39 - Muíño
Remate: Se cadra o estado de conservación dos "cromos" e o escaneado condiciona a calidade das imáxenes, pero o albún no seu conxunto posibilita unha ollada retrospectiva a unha Galicia moi distinta, de seguro máis auténtica, se cadra máis pobre, pero que nos sirve para ver como era a vida e a paisaxe naquel ano do 36 no que todo mudou violentamente.
E nada máis, remato coa palabras que se recollen na presentación do Album:
"Esta es Galicia viva, bella, dinámica, acogedora, la que hace gritar de orgullo a sus hijos: "¡¡TERRA A NOSA!!"".
Referencias
- Estampas Compostelanas. Ksado
- Estampas de Galicia. Ksado
- Del Daguerrotipo a la Instamatic. Juan Miguel Sánchez Vigil.
- Summa Artis La Fotografía en España. Tomo XLVII
- Cefvigo. Biografía Ksado
Enlaces
- Cefvigo Ksado
- Fotografías antigas de Galicia realizadas por Ksado no Ministerio de Cultura Catalogo Monumental