Translate

martes, 23 de octubre de 2012

Estampas de Galicia



"Ata hai uns anos, cando se falaba de fotografía histórica galega, as referencias a Ksado eran inmediatas. Sen lugar a dúbida, era de todos os fotógrafos galegos o que fora capaz de dar á súa obra unha maior difusión en todo o país, logrando que esta fora considerada e apreciada. Aínda hoxe son moitas as casas nas que se conserva, a medio cubrir na maioría dos casos, o álbum Estampas de Galicia". 

Galería Cefvigo. Introducción á obra de Ksado.

O albún de fotografía "Estampas de Galicia" foi publicado no ano 1936 cunha tirada de 10.000 exemplares dos que conservanse uns cantos, se ben, a maioría incompletos. Eu teño a sorte de contar cun destes exemplares e ademáis completo, e ainda que o estado de conservación non é o ideal, sirveme para facer unha entrada adicada a obra de Ksado centrada sobre todo nos aspectos marítimo e fluvial.


Luis Casado Fernández (Ávila 1888 - 1972)
Ksado.

Rúa do Vilar. Ksado
Luis Casado naceu en Ávila en 1888, aínda que a súa familia pronto se traslada a vivir a Ourense. Aprende o seu oficio no estudo do coñecido fotógrafo José Pacheco onde traballa durante dez anos. 

Foi responsable de fotografía do diario "Galicia" en 1915, á vez que abre o seu estudo na Rúa do Vilar de Santiago de Compostela.

En 1922 traslada o seu estudo a Vigo. Estivo vinculado á vangarda coas súas colaboracións na revista Nos e cunha participa activa no Seminario de Estudos Galegos.

Colabora con outras revistas como ABC, La Esfera, Novo Mundo, La Vanguardia, Mundo Gráfico, Céltiga ou Vida Gallega e con publicacións americanas como La Nación de Argentina. As súas fotos inclúense dentro do fondo fotográfico de Padroado Nacional de Turismo.



Malpica. La pinión de A Coruña. Luis Ksado

Durante a Guerra Civil Española pecha o seu estudo para reabrilo posteriormente e centrarse no retrato. En 1961 ilustra a Guía de Galicia editada pola Enciclopedia Espasa. Expón a súa obra por toda Galicia e no Centro Galego de Madrid.
Nese mesmo ano a Agrupación Fotográfica Galega noméao presidente da súa sección de Santiago e réndelle unha homenaxe.
Nesta última época colaboran no seu estudo tanto familiares coma profesionais entre os que compre salientar a Roberto Caamaño.
Antes de falecer transmite o seu estudo ao fotógrafo Sandine.

Obra:
Imaxe de Estampas Copostelanas
  • “Estampas Compostelanas” editado en 1928 con calles y Monumentos de Santiago. 
  • En 1936 edita o libro “Estampas de Galicia” con 405 fotos.
  • En 1948 reedita Estampas Compostelanas.
  • En 1961 ilustra a Guía de Galicia de Editorial Espasa.

Na súa memoria crease o premio de creación fotográfica Luis Ksado.


As imaxes


Traslación do Apóstolo. Padrón

Notas: 
A colección de Estampas de Galicia presentase como un albúm de cromos coleccionable dividido por Series e Provincias.En total 40 series con seis cromos en cada unha.
A escolma de imáxenes que vou a poñer corresponden a eses "cromos" ,escaneados dos orixinais, e recollidos no Albúm Nº1.
Foron publicados en 1936 por Estudios Ksado Sdad. Ltda. de Vigo e impresos por Huecograbado Ribadeneyra S.A. Madrid.
Existen en internet imaxenes moito mellores que as que vou a poñer, xa que o paso do tempo en moitos casos pasou factura, pero prefiro poñer as imáxenes directamente escaneadas dos orixinais e na mesma postura.
Así mesmo, céntrome nos que teñen maior relación co ámbito marítimo-fluvial e sobre todo nas provincias de Coruña e Pontevedra.


Provincia da Coruña.

Serie 8 -  Betanzos

Núm. 2 . Vista parcial da antiga Brigantium Flavium.

 

 Núm. 7 - Vista Xeral



Serie 9 - Noia

Núm. 1 - Ponte sobre a Ría.




Núm. 3 - Vista Parcial


 Núm. 9 - Lavandeiras

Serie 10 - Corme e Melide

Núm. 6 - Naiziña


Esta imaxe que si ben non ten pouco que ver cos temática marítima-fluvial, si garda moita relación co gran escultor cambadés Francisco Asorey, os cales mantiveron en vida evidentes coincidencias artísticas e intelectuais.


A Naiziña. Francisco Asorey
Xosé Cao Lete. Homenaxe a Asorey. Praza de Asorey- Cambados



Núm. 8 - Vista parcial de Corme


 
Núm. 9 - Outra vista parcial de Corme 

nota: escaneado con efecto sepia.







 Serie 12 - Malpica

Núm. 5 - Cabo Vilano 




Núm. 6 - Barcos en Terra



Provincia de Pontevedra

Serie 13 - Pontevedra

Núm 2 - Ponte sobre o río Lérez


Serie 14 - Bueu

Núm. 9 - Vista Xeral de Bueu



Serie 16 - Vigo

Núm. 1  - Escena de pesca no Berbés


 Núm. 2 - Ribeira do Berbés



Núm. 3 - Chegada dos barcos coa sardiña.




 Núm. 4 - Praia América





Serie 16 - Ramallosa

Núm. 7 - Ponte romano



Serie 17 - Rande

Núm. 4 - Muelle do Comercio


Núm. 6 - Illa-Lazareto de San Simón


Serie 18 - Bouzas

Núm. 4 - Porto pesqueiro




 Núm. 5 - Flota pesqueira1

 



Núm. 6 - Flota pesqueira2



Serie 19 - Ramallosa

Núm. 6  - Tarrafas na Ramallosa


Serie 24 - Cambados

Núm. 7 - Paseo da Calzada



Núm. 8 - Pazo de Fefiñáns



 Núm. 9 - Contraluz


Illote de As Goritas (hoxe soterradas) e Faro do muelle de Cambados
 Serie 24 - O Grobe

Núm. 5 - Gran Hotel de A Toxa

Nota: Gran Hotel e Balneario da Toxa antigo. Foi derrubado para a construcción do Novo Gran Hotel.


Serie 25 - Combarro

Núm. 7, 8 e 9. Cruceiro e piornos á beira do mar.


Serie 26 - Mondariz-Balneario

Núm. 2 . Fonte Termal e Gran Hotel

O antigo Hotel-Balneario foi destruído no incendio de 1973. O actual foi inaugurado no ano 1994. (enlace)


Serie 28 - Vilagarcía de Arousa

Núm. 8 Paseo de Compostela

 


 Núm. 9 - Praia de Compostela




Provincia de Lugo

Serie 30 - O río Miño

Núm. 6 - Ponte sobre o Miño





Provincia de Ourense

Serie 32 - Pontes 

Núm. 2 - Ponte sobre o Río Lonia



Núm. 5 - Ponte romana sobre o Miño






Serie 36 - Ribadavia

Núm. 8 - Vista da cidade



Serie 39 - Muíño






Remate: Se cadra o estado de conservación dos "cromos" e o escaneado condiciona a calidade das imáxenes, pero o albún no seu conxunto posibilita unha ollada retrospectiva a unha Galicia moi distinta, de seguro máis auténtica, se cadra máis pobre, pero que nos sirve para ver como era a vida e a paisaxe naquel ano do 36 no que todo mudou violentamente. 
E nada máis, remato coa palabras que se recollen na presentación do Album:
 "Esta es Galicia viva, bella, dinámica, acogedora, la que hace gritar de orgullo a sus hijos: "¡¡TERRA A NOSA!!"". 

Referencias

  • Estampas Compostelanas. Ksado
  • Estampas de Galicia. Ksado
  • Del Daguerrotipo a la Instamatic. Juan Miguel Sánchez Vigil.
  • Summa Artis La Fotografía en España. Tomo XLVII
  • Cefvigo. Biografía Ksado

Enlaces


 

2 comentarios:

Ademar dijo...

Moi bo Xaquín!

bou de vara dijo...

Ademar, moitas gracias. Me alegro de verte por aquí. Saúdos