O Clube Mariño Salnés xa está preparado para ir a Muros. Un Clube cunha nova mirada e con novas caras (aí van algunhas):
Bruno
Rubeola
Jato
"A Muller de Balboas" navega xa dende o mes de Abril máis bonita que nunca.Con este renacer da asociación estamos a preparar unha exposición: O CMS ó desnudo que poñeremos durante o vran no Bar Tetuán de Cambados. Aquí vai un anticipo das fotos que poderanse ver na exposición:
e por suposto o Rânâ tamén estará en Muros (con roupa):
2 comentarios:
Magníficas fotos. De seguro que a exposición está a colleitar un rotundo éxito.
Traslada unha idea agradable do Clube, ademáis de transmitir con total claridade que as persoas que nos interesamos na cultura marítima estamos lonxe de andar preocupados do folclore populista.
Identifícome co CMS.
Por certo, Xaquín.
As fotos son túas??
Porque daquela serías un artista do copón, meu.
Unha aperta mariñeira.
Ola Moncho, a exposición aínda non está posta, imaxino que colgaremos as fotos despois de Muros. Alégrome que te gusten as fotos, a verdade é que están moi bonitas. Ningunha foto é preparada, fixéronse expontaneamente e como nos gustaron falamos de expoñelas (ampliadas). As fotos as fixo a "Rubeola" e "Bruno", a fotografía non é o meu. Preciosa foto a do blog Ponto de Encontro: Spencer Tunik, o caravaggio da fotografía.
Por certo, como te identificas co CMS, te animo a que nos envíes unha foto para a exposición, ou polo menos para o blog. Quen sabe, ó mellor acabamos facendo unha expo "a cultuma marítima ó desnudo".
Unha forte aperta
Publicar un comentario