Agora que se achega Muros e que existe un foro específico para este tema, bou retomar unha vella iniciativa relacionada co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia:
Iniciativa Lexislativa Popular para acadar un recoñecemento institucional para o Encontro como evento de interese cultural galego.
Aquí vai a explicación:
Ai algúns anos, con motivo da Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade ante a Unesco, a FGCMF participou nesa proposta (iniciada pola Asociación Ponte nas Ondas) coa recollida de sinaturas para acadar do Parlamento Galego un recoñecemento e apoio institucional a través dunha ILP.
Esta experiencia abriu un debate de si esta formula era boa para o Encontro coa fin de resolver os problemas financeiros da organización dos mesmos. Todos sabemos que a itinerancia do Encontro é un dos seús atractivos principais, xa que cada dous anos se conta cun escenario distinto, e por outra banda se acada un dos fins mesmos da FGCMF e do Encontro, a divulgación do patrimonio e a nosa cultura marítima.
Pero esto, evidentemente ten uns problemas, cada dous anos a comisión organizadora ten que lidiar coas administracións para acadar a financiación necesaria que implica a organización actual dun Encontro.
Ventaxas dunha ILP:
Cando se abriu o debate se presentaron dúas formas para "elevar" ó Encontro ó Parlamento de Galicia. Unha forma era tratar cun grupo político que presentase a proposta e o resto dos partidos con representación parlamentaria aprobasen a proposta. Esto se tratou no seu momento con todos os grupos e todos estaban de acordo. Se ben esta formula, ainda que rápida, non reflectía o "espíritu" autónomo, popular e asambleario da FGCMF.
Así que, ainda que máis lenta, a vía da ILP semellaba máis propia. A declaración do Encontro como evento de interese cultural, social e económico galego por parte do Parlamento de Galicia ten unhas ventaxes clarísimas, a de ter un recoñecemento institucional e por outra banda estar reflectidos automáticamente nos orzamentos de Galicia. As ventaxes semellan claras.
¿Como se artella unha ILP?
Basicamente, faise unha solicitude no Parlamento. Despois se editan os pliegos de sinaturas, e despois de recabar as sinaturas suficientes se entregan no Parlamento, o cal deberá pronunciarse. Si se acepta, teríamos resolto un grande problema.
O momento penso que é oportuno, porque temos Muros á vista i é bo momento para empezar a crear o "ambiente propicio" e por outra banda a FGCMF ben de integrarse na Maritime Heritage. Temos a experiencia de Ponte nas Ondas e temos máis de 40 colectivos que poden ser os mecanismos de recollida de sinaturas en toda Galicia.
Se ben, este tema vai máis alá de Muros e por iso prefiro que sexa a propia directiva quen en caso de consideralo interesante faga a proposta de debate nos foros oficiais.
Neste blog simplemente bou abrir unha enquisa para ver que opina a xente.
Agardo que esta iniciativa poda abrir un debate e que o consideredes polo menos interesante.
10 comentarios:
Boas companheiro, é tempo de se retomar a iniciativa sim.
Abraço
Estou de acordo en que algo temos que facer. Xa non nos vale o de que "como non sodes Federación deportiva non podemos axudaros".
Desenvolver o traballo que está a facer a Federación nestes momentos implica ter un espacio físico onde traballar, cuns medios axeitados (teléfono, ordenador, etc.)e con unha persoa desenvolvendo a función administrativa e de Xestión. De non conseguilo temos que ter claro que cada dous anos imos cambiar de Xunta Directiva da Federación porque saen queimados.
A estas alturas a profesionalización da FGCMF e o recoñecemento institucional do Encontro como "evento de interese" para Galicia semellan as dúas cuestións máis importantes.
Unha ILP pode resolver os dous problemas dunha atacada.
Se Muros consigue abrir este debate teremos por diante un ano 2010 para realizar unha campaña de preparación da ILP:
unha campaña de promoción do Encontro e de xeito parello unha campaña de adhesións e apoios de entidades e organismos.
No seu momento habería que deseñar ben esa campaña (que se vai pedir, asesoramento xurídico, prazos, presentacións, publicidade, dinámica de recollida de sinaturas e adhesións, prensa, etc.)pero estaría ben que o Encontro do 2011 xa tivese ese recoñecemento que ten que significar cando menos:
1. Local digno para a FGCMF (restauración salazoneta, antiga conserveira, etc.)
2. Orzamento de funcionamento (figura de xerente ou liberado, persoal administración e gastos funcionamento)
3. Apoio institucional para o Encontro (promoción Tourgalicia e apoio tecnico permanente de entidades como Fundación deporte galego, etc)
4. Dotación económica automática nos Orzamentos de Galicia para o Encontro.
Esto como cuestións de base ou de mínimos para abrir o debate.
Moitas gracias Joao Marinheiro pola túa visita e o apoio á inicitiva. Aproveito para felicitarte polo teu blog elegante e preciosista.
Unha pregunta á FGCMF: ¿ides tratar este tema na directiva?. ¿Ides poñelo como tema de debate nalgún foro da FGCMF?. ¿Sería posible plantexalo en Asemblea despois de Muros?.
Unha aperta marinheira. A ver se deste "lanse" collemos peixe.
ola Xaquin!
non che coñecía o bló, moi divertido e interesante. Eu non che teño moita idea destas peticións institucionais, pero a todas luces semella unha iniciativa interesante e ventaxosa para nós, non é?
saudinha!
andrea
vaia, que si, que dacordo!
Ola Andrea, preparada para Muros?
Me alegra moito a túa visita a este irreverente bló. A idea semella boa aínda que de momento sexa simplemente eso, unha idea. Pero todo empeza por aí. Despois de Muros, e se esto colle algo de corso, prepararemos un "remuíño de ideas" para ir enchendo de contido a proposta. Pero todo pasa pola aceptación popular da proposta e do pronunciamento da directiva, aínda que como é normal, neste momento, estarán centrados en Muros e ate que pase non terán tempo para nin para estas cousas nin para nada. Por iso a enquisa ten ese prazo, ate Muros. Si neste mes se crea un ambiente favorable á proposta se poderá plantexar ante a directiva.
Saudinha e vémonos en Muros.
Nota: para calquera cousa que queiras enviar ó blog:
www.xaquin@beiradomar.es
Xaquin, acho que não me reconheceste, companheiro...
Joao:
O Xaquin preguntoume a min onte quen é que era o joao marinheiro, asim que tas no certo, non te reconhecera
Xa votei que si na enquisa da BOu de VARA.
Unha aperta mariñeira.
Caro Joao, imaxinaba que eras ti pero non tiña a certeza. Pero cantos blogs xestionas?.
Ben o caso é que coñeces ben a proposta da ILP e consideras que é oportuno retomar esa idea. A ver que pasa despois de Muros. De momento vémonos alí dentro de uns poucos días.
Unha aperta marinheira.
(Nota: a partir de agora poño os comentarios na primeira entrada que aquí xa quedan moi abaixo)
Publicar un comentario