Translate

viernes, 7 de noviembre de 2008

ESTAMOS A VENRES

Remata unha semana que pasou correndo á velocidade dunha “gamba san”. Unha semana onde os blogs de cultura marítima, por iniciativa de “Singradura da Relinga”, están a preparar unha entrevista a Manuel García Sendón, presidente da Comisión Organizadora do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. Muros 2009. Unha moi boa actuación a efectos de ir coñecendo cousas do vindeiro encontro, facernos participantes activos e sentir aínda máis perto a Gran Festa da Cultura Marítima de Galicia. Esta semana, ó “sprin” dunha gamba san, quedei sen tempo para pasar do 2003 na historia do Clube Mariño Salnés, polo que para a semana que ven farei a 3ª entrega. E tamén (pensando moi egoistamente), esta semana coñecemos a boa intención de Lino Prieto de non crear un blog propio e tomar bou de vara como referente persoal para intervir e poñer o que lle pete. (adiante Lino, este blog xa é teu tamén)

Ben, o persoeiro desta seman podería ser unha “gamba san” porque nos enteramos que son unhas velocistas de medo, nada máis e nada menos que 20 metros nun minuto sen descansar. Aquí tedes información:
www.mundopesca.org/noticias/hemeroteca/2008/Noviembre/07/FARODEVIGO.htm

Sen embargo bou adicar a semana a un animaliño con roupa e mantido a pan. A cousa estaba complicada, ate fai uns segundos non o tiña decidido. Nun comentario a respecto do Encontro da Illa comentaba que era de xustiza mentar a Pablo Iglesias como presidente da Comisión organizadora Illa.2003. O feito de facerlle unha entrevista blogueira á persoa que vai presidir a comisión do vindeiro encontro, xustificaba aínda máis a elección de Pablo. Máis penso que ese ano 2003 tivo un referente para o conxunto da Federación e máis para min a nivel persoal.


Así que co permiso de Pablo Iglesias o
persoeiro desta semana é Xabier Trepat, Trepa.

No hay comentarios: