Translate

viernes, 21 de noviembre de 2008

Chegou San Venres

Carteis: Ribeira 1993 - Muros 2009

Ben, xa vexo que estades un pouco retraídos con esto da critica de arte.

A min o cartel gustoume sobre todo pola diferencia co cartel do ano 93, un cartel moi significativo e xa mítico, en branco e negro (etnografía) e o neno coa maqueta da dorna “Javiota”. A dorna rematada por Juan Servando en Brest foi bautizada co mesmo nome. Pola contra este é unha pintura, con forza de cores, moi vitalista e chamativo. A min gústanme particularmente os carteis pintados fronte a fotografía. Son dous conceptos moi distintos que sempre se presentan cando toca elixir. En Combarro por exemplo a metade quería unha foto antiga dun galeón de Combarro por aquelo do valor histórico, e outros algo máis moderno e chamativo argumentando o papel reclamo dun cartel. Nesa ocasión se fixeron dous, a foto para o Encontro, e o “artístico” para a Festa do Mar.

Botadura da dorna "Javiota. Bret 08. Foto Dornablog

Nalgunhas exposición que se teñen feito sobre carteis de Regatas e Encontros puidemos comprobar o gusto dos galegos pola fotografía fronte a artistada. Moi distinto dos Bretóns, por exemplo, que normalmente acoden ó óleo. Na I Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Cambados presentamos como cartel un óleo (obra miña) e a xente gustoulle moito, poucas ocasión máis tivemos para ver un cadro de cartel. No Encontro de Cambados 2005 tamén collemos un óleo de San Tomé, pintado en 1912 por Bríxida Leiro (polo apelido xa vos imaxinades de quen é familiar).

Agora Muros semella facer unha aposta por converter a cita 09 nunha data mítica, con pintura rupestre de novo século, expresiva e colorista. Fecunda. (V)


Persoeiro da semana: Esta semana non puxen ningunha nova (agás o cartel de Muros) porque quería manter a relevancia daquel Novembro do 2002 que tivo tantas imaxes para tantos titulares. Para este blog escollín a do Capitán Mangouras. Para elixir persoeiro desta semana consultei co capitán, e falando e falando coincidimos na admiración e fascinación por un gran persoeiro do mar:

O Capitán Kid

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Lino, xa nos puxeron na páxina da Federación. Agora haberá que medirse, ou non?. Ti que dis bou ou vara?.

Lino dijo...

hai que ir de vara, por suposto, temos que mirar o das estadisticas, que é cousa de un momento, así que se te achegas dame un toque.