Translate

viernes, 7 de noviembre de 2008

Persoeiro da semana: TREPA

Xabier Trepat. Trepa
Festa do Mar. Combarro 2006
Foto: Lino Priero (Fotógrafo Ofisial de Bou de Vara)

Naquel ano 1999 na que empezamos a traballar na comisión xestora da FGCM na casa de Isidro, asistía Telmo (membro da Amigos da Dorna de Portonovo) porque o tal Trepa estaba de viaxe. Daquela eu aínda non o coñecía. Despois dalgunhas reunións apareceu con cazadora negra de flocos e casco de moto, alto, delgado e sorriso socarrón. Asiña decateime que tiña unha forma peculiar de actuar, “á catalana”. Era pragmático, acostumado a resolver as cousas por orden de prioridade, separando o grao da palla. Dinme conta que eso era o que se precisaba naquel momento de tanta empachada, de tanto discurso carregado de ideoloxía, principios, valores metafísicos, abstraccións e castelos no aire. Chegou trepa e mandou calar, primeiro esto, despois aquilo, e se queda tempo aquilo outro, o demais o falamos na taberna. Era o mellor discurso naquel momento. As reunións empezaron a contaxiarse de pragmatismo e a levar un orde na resolución das cousas, empezando pola máis importantes ou as máis apremiantes. As cousas que antes eran tan importantes e estercaban as reunións durante horas eternas sen chegar a ningures, quedaron simplemente en conversas agradables na taberna onde intercambiabamos pareceres e nos permitíamos filosofar, era útil para coñecernos, pero estas cousas non ralentizaban o ritmo das decisións e dos acontecementos. Así establecemos dúas prioridades, a inmediata organización de Douarnenez 2000, despois os Encontros 2001. Despois xa veríamos. E así ate o 2003, cousa por cousa e por orden, e foron moitas.

É certo que tiven con el moitas discrepancias e momentos duros, pero traballamos man con man durante moitos anos. Foi unha persoa “providencial” naquel momento delicado e sen embargo, no meu entender, non recoñecido suficientemente. A Trepa estas cousas tráenlle sen coidado, de feito se lee esto diría “¡Bo, cousas de Xaquín!”, pero eu emprego este blog para lembrar a súa gran aportación.

Agora, Trepa anda de monitor con nós na empresa Intramar, onde fai de segundo de abordo no Chasula con Isidro, vaia parexa.

Trepa no porto de San Tomé. Programa escolar Aprende á Beira do Mar. Cambados 2008















E este é Pablo Iglesias, presidente da Comisión Pro-Encontro Illa 2003

Pablo a bordo da Recouvrance.
Ferrol 2007
Foto: Lino Prieto




Boa fin de semana e ate luns

6 comentarios:

Lino dijo...

desencamiñados os meus tiros para o persoaxe da semana, ou era boi ou vaca...
Outra foto de Combarro, naquel ano que fixo un sabado chuvioso que apenas navegamso, cando Fabian e máis este menda despelotamos a Chunga, en plan de aliviar peso estratexica-extremista, para competir na Regata da Pamplina, versión de remo, que gañamos con ben de chance...
Non foi o domingo dese ano cando nos cadrou ao lado, comendo aquela carne ó caldeiro, con aquel matrimonio maoir que vendieron al chalé "porque le venian los hijos con las hordas de amigos"¿?
que ben o pasamos..

bou de vara dijo...

Lino, lembro aquela muller que preguntounos de onde éramos e lle dixemos: "somos de puerto del trinqui".
¿de onde?
"Na, de Portonovo pero nos lle chamamos así".
Claro de "Puerto del drinking", -dixo ela facendo xesto de empinar a botella.
Aquel ano eu quedei segundo co Rana na Regata da Pamplina sen decatarme e sen votar laca.

Lino dijo...

tamén nos dixo:
"Mi madre siempre me decía que no me casara nin con un marino ni con un gallego, y fué justo que hice, por cierto: está muy buena esta carne en el caldero"
unha revolusionaria!!

bou de vara dijo...

Ola Lino, hoxe non me vai quedar tempo para meter nada novo no blog, mañán si. Pero gustaríame saber que te parece a idea de "Jrandes debates da Semana en Bou de Vara".

bou de vara dijo...

Por exemplo, ¿quen pensades que corre máis unha gamba san ou unha ameixa lexítima?

Lino dijo...

O dos debates é unha boa idea, de xeito xa estamos abertos ao debate cos post e os seus comentarios, hai que ver se teremos correspondencia dos visitantes.
Eu creo que é moito máis rápida unha jamba, onde vai parar...