O Capitán Kid foi tratado pola historia coma un pirata. Foi executado como tal e penduraron os seus restos nunha gaiola ós pés do Támesis para escarnio e advertencia. Kid era un corsario, e foi capitán do Adventure Gallei, un impresionante barco de guerra da época, co cometido de “cazar” piratas que amenazaban ó trafico de mercadorías da potente Compañía das Indias Orientais. Finalmente, viuse atrapado entre unha maraña de intereses e traicións. Entre as oscuras ambicións de monarquía inglesa, os gordos usureiros e os especuladores sen escrúpulos acabaron con el, e o condenaron como chibo espiatorio para tapar as miserables mentes dos que o condenaron.
Recomendo este libro “El Cazador de Piratas” de Richard Zacks” que penso fai xustiza non so a Kid, senón tamén a aquelas persoas do mar que se ven presas das miserables ambicións terrais.
Se Mangouras é Kid son piratas, entón eu tamén:
3 comentarios:
Coidado co capitán Caramechas!!! esta foto si que acojona! ainda lle mandei unhas risas,
Xa é fin de semana de novo e mañan toca ir atentar contra a vida das marajotas, está previsto algo de vento, xa non será coma o sabado pasado pero habemos de pasalo ben.
Boa fin de semana a todos.
Señor Lino, indultaches algunha maragota?
Nada, fun verdadeiramente inclemente, todas deron a talla, este sábado a pesar da trancallada non me queixo das pescas, entre bastantes martelas, algunha señorita e algun sargo dos de fritir, subin un punto de mais de kilo e medio e un marabilloso exemplar de maragota de un par de kg, tiña tanto lombo coma min... ou casi (onde se veu un pescador que non fora un pouco mentireiro)
Publicar un comentario