Largando o Bou de Vara. Flota de Cambados. 2008
Onte abriu a campaña do bou de vara 2008 e as cousas non parecían ir moi ben, os mariñeiros empregaron máis tempo e tiveron máis dificultade para chegar ós topes que en anos anteriores. Por riba o prezo da volandeira, ou do choquiño anduvo moi baixo. Hoxe polo menos os prezos parecen reaccionar á alza, sobre todo a volandeira. Ben, xa tedes un motivo máis para achegaros ate Cambados, a ver a flota faenar (mesmo dende a punta de Tragobe) e a probar as volandeiras, e en todo caso, animarvos a consumir productos da nosa flota artesanal.
Aquí tedes máis información:
/www.mundopesca.org/noticias/hemeroteca/2008/Noviembre/05/lavozdegalicia1.htm
Bou tentar darlle ritmo a historia do Clube Mariño Salnés, seguimos, estamos no ano 2003
6 comentarios:
Para os que queiran ver o Bou de Vara, aqui
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?orixe=2&texto=bou+de+vara
van uns videos sobre o inicio da campaña
Graciñas Lino, hoxe o bou de vara poderíase chamar "bou de varacobaman"
Deixa deixa... non falemos de política.. que é un tema apasionante! os animaliños que representan a republicanos e democratas miran os dous para a dereita.
Para o Pacífico ou para o Atlántico?.
Como diría Floreano, veña quen veña o caso é que non suban as tasas de tinto.
:))
Moncho, o teu comentario e de punto e aparte, un comentario sen comillas, breve e claro, con corchetes pero sen corsé. Fas gala do bo e breve duas veces bo,unha aperta.´¿¡.............
Publicar un comentario