![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiZwuSEW3F078tHCNE3V6HqE0cK1K_hOSlzPj79q6GV17V-oOTVHM_JGYqtAer3SYaigzVHkU3Uk7Rdevta97fkJOsj0qU1uenJO6F9D542OgqYAUdvLYnYFUR8fC8YHXJPYmFxPfWBwJir/s320/belida+070.jpg)
Barcos da Remadoira en San Gregorio.2008
Foi unha asociación que vin por primeira vez en Combarro, seica empezaban daquela. Nos anos seguintes voltaban a verse en outras concentracións, cada vez eran máis pero a verdade e que nunca lle prestara moita atención porque semellaba que desaparecían ó chejar a terra. Caladiños e sen faser ruído foron recuperando toda unha flota, ensinándolle a xente a coñecer os barcos vellos da pesca, a cultura arredor deles, a coidalos, a navegar e a traballar dentro dun colectivo. Imaxino que tamén terán problemas porque “cada casa é un mundo”, máis os resultados están aí e esto non o regala ninguén, e froito do traballo, a constancia e moita convicción.
e máis nada, boa fin semana e ate o luns.
2 comentarios:
Mándalle truco.
Este Gonzalo é Gonzalo Rodríguez pero con pelo esbrancuxado que o tempo non perdoa.
Xaquín, eu alucino meu, que o mundo é un pano.
Por favor, dalle as miñas felicitacións máis sinceras ao Gonzalo de parte do Moncho Bouzas.
Xa el se dará conta.
Unha aperta mariñeira.
Moncho, así o farei e pronto, antes de que se lle poña o pelo branco de todo, porque leva un ritmo peor ca min, fíxate na foto da dorna do 2002 que cacho pelaço jasta, negro acibeche estilo lacado.
saudiños
Publicar un comentario