Translate

miércoles, 1 de octubre de 2008

ENCONTROS BOUZAS 2008

A singradura: queríamos sair o sábado as nove da mañán, pero un fallo de motor demorounos a saída ate as once. Cando chagamos ó Faro do Pombeiro (xa fora da Ría de Arousa) apagamos motor e izamos velas. Máis o vento foi escaso durante toda a travesía. Menos mal que pola tardiña levantouse un pouco de vento e navegamos moi ben co resto dos barcos na concentración de Bouzas. O Rana o máis veloz de todos (aínda que esto non ten importancia nunha concentración de barcos tradicionais).
Pasounos o mesmo o domingo para o regreso. Vento miudo así que prende motor e a papar noite dende Ons ata Cambados. A travesía caendo a noite de Ons ata Salvora foi preciosa. O problema e que nos non levamos cámaras de fotos, así que estas fotos son as únicas da nosa estadía en Bouzas, que xa é a segunda vez. Gracias a amiga atlántica polas fotos.

No hay comentarios: