Translate

viernes, 14 de septiembre de 2012

VERAN I


Con ollos de Gato  

A un día de partir para o desembarco de Ons,
unha escolma de imáxenes dalgunhas navegacións
deste vrán que vai rematando,
dende o RANA e cos ollos de Rafa Padín
(“O Gato”)






 
Combarro . Festa do Mar 

sábado 25 de agosto . regata da pamplina

Organiza Clube Mariño " A Reiboa". Hora saída 16.00h remo e 17.00h Vela 
 


 
 









domingo . regreso a Cambados

 Navegamos con vento fresco de proa. Navegación lenta. Levamos convidados

Lola e Pereira do restaurante "Eichededar queridiña"               

















Faise a noite, é preciso prender as luces. Ao rebasar o Faro do Pombeiro o vento morre de súpeto


noite espesa
Fotografías: Rafael Padín.




Regata Calmoseira
                sábado 01 de setembro

Organizada pola Asociación A Calmoseira
con saída dende o Xufre. A Illa de Arousa
Hora: 12,00h.
Percorrido: triángulo do Cantiño






Partimos dende Cambados con vento fresco que vai morendo ao achegarnos ao medio día.
 

Imos co RANA a votar un cabo


A regata

 


 
 
 


 
Armando a "vara de portar" para empopar ao virar polo Faro branco alcumado"da noivas"

 






Gamela "Descalsiña"                                     Aparello: Latina con martelo                                        Detalle: espeque na relinga








Arroases

Os barcos van entrando acompañados por unha manda de "arroases".



 
video:




peche da regata dende o galeón "Comaira" da Illa de Arousa




Remate:

Voltamos da Illa de Arousa o domingo pola mañán con sol e vento para navegar a pracer pola Ría. Algúns barcos curiosos se nos achegan para preguntar por esa estrana fasquía do RANA:  - É un Folkboat  - ¡Ah!.... bonito barco.  
 






viernes, 13 de abril de 2012

PERSOEIRO DO 1º TRIMESTRE

Facía moito tempo que este blog non navegaba e mesmo semella que a preguiza destes tempos de invernaxe ían alongarse alén dos séculos.

Aburrido de tanta mala nova, de tanto patacón perdido nas bolsas da avarícia, de barcos que emigran para deixar valeiro o amarre ruborizante, de burrocrácias e palabrarías que adormen flamélicas velas, de tanta filípica de boa práctica asexual, iluminarios e santóns do malheritage, predicadores de sempre o mesmo e do mesmo de sempre..., aburrido en fín.

Como decía meu gran amigo Lino Silva naquel poema:

En mi puta vida ví...
semejantes destrucciones
de elementos discordantes
sin posibles soluciones.
En mi puta vida vi
sensaciones tan triviales
soluciones tan vanales
y finales tan patanes....


(Barcos. Oleo de Lino Silva)

Falando de barcos e Linos, aquí van unhas verbas de recoñecemento para unha persoa que a pesar dos pesares e de sobreviver nesta coba dos coarenta fanfarróns, conserva o maior tesouro que pode ter un home incivilizado e consecuente: o humor libre e o sorriso claro.


LINO PRIETO PROL
















Hai uns días un dos medios da prensa untada do pais dos ananos (esto é: La Voz de su Amo, O Falo do Virjo e o Diario D´Rosa), deixaban oco para una nova:
A Meca pierde un presidente, pero gana un "dorneiro".


Neste artigo fálase con merecemento dos nove anos nos que Lino Prieto estivo ao fronte da Asociación “Amigos da Dorna Meca” de Ogrobe. É moi certo que esta entidade, sen dúbida algunha das máis emblemáticas, ao longo dos seus moitos anos de vida, tivo momentos de bonanza e tamén de receso ... ¡coma todo!. Xustamente a entrada de Lino para patronear a directiva da entidade coincide cun intre de inacción e apatía.




Semellaba que a Dorna Meca ía vivir dos galóns e o “pedrejí”. Pero non foi así, ao timón da Asociación púxose un xoven, un traballador, dos da lixa, dos que falan ao mesmo tempo que rascan e pintan, dos que se ilusionan pola noite e cumpren polo día. Retomáronse as regatas, entre elas a mítica dos Faros, recuperaronse tipoloxías, racú, dornas de tope, polveiras, actividades de escola, xornadas de divulgación, intensificouse a colaboración co colectivo da FGCMF, e a Dorna Meca voltou ser unha das principais, ocupando o sitio natural para representar a un unha vila peninsular e por ende mariñeira polos catro costados.


Pintando a Semparada.



Aparellando o Racú.


Faría falla moito espazo para encher os frontes nos que Lino Prieto estivo ao pé do cañón: regatas, publicacións, reportaxes, conferencias, presentacións..., sempre combinado con aseso o tempo de navegación, organización e divulgación.
A nosa amizade dende hai un lote de anos e o seu tino de bó satiricón posibilitou a súa incorporación como facedor neste blog de vocación irreverente e se cadra bufonesco nos termos aos que Leo Bassi alude na súa recente e censurada visita a Compostela: “Los bufones siempre han intentado mantener su libertad, su independencia y su relación directa con el público, fuera del dominio de los poderes". Algún Conde que Roa e pague.

Con Lino comparto recordos de navegacións e conversas, argumentos e tonterías, ideas e filosofías, pero sobre risas, moitas risas, as veces da vida, destas a esgalla, outras de nos mesmos, destas outras a escachar.





Simplememte Lino este pequeno homenaxe para tí que xa eres dorneiro e coa espranza de que a alegría retorne a este escenario tan solemne e gris, tan erudito de palabra coma esteril de obra e omisión.



En mi puta vida vi,
teosóficos cagones
teológicos vagones
filtrabobos de los cogones.
En mi puta vida vi,
de verdad...
en mi puta vida vi...

(Un puñado de poemas. Lino Silva. 1999)

Texto: Xaquin Cuíñas
Fotos: Lino Prieto

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Coa sombra do teu nome


O vindeiro venres, 2 de decembro ás 20.30 horas, vaise presentar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove a novela "Coa sombra do teu nome", do autor grovense Pío Dalonga e publicado por Todogrove Edicións.

Sempre é unha boa nova que saian á rua productos culturais, e sobre todo como é o caso deste libro, que é o primeiro volume que publica Pío Dalonga (O Grove, 1962), un habitual da creación literaria en xornais, revistas e outras publicacións de ámbito local, comarcal e incluso galego.
Pío é unha persoa moi coñecida e querida na súa vila, os que o tratamos desde hai preto de 20 anos, como é o meu caso, sabemos moi ben que é unha fonte inesgotable de coñecemento literario e un amante da poesía, en particular, ademais de ter unha curiosa capacidade de relatar os feitos cotiás, pero sempre imprimíndolle o seu inimitable estilo.
"Coa sombra do teu nome" é a recompilación dunha serie de feitos acaecidos entre 1995 e 1996, que finalmente o autor se decidiu a recompoñer a partir de vellos escritos. O resultado é unha historia na que Ela é a única protagonista.

Non vos imos a destripar a novela, que se poderá mercar nas librerias desde esta mesma fin de semana, pero si que vos animamos a leela e tamén a participar na presentación.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Obituario: Pepiño Branco

Pepiño Branco, no chan, e Minero, enriba do banco.

Dende as húmidas terras de Ombre, cauce do Río Longo, afluente do Eume, chégannos desalentadoras novas que obrigan ao Boudevara a enarbolar o crespón negro.
O que noutrora lucira maxestuoso e albino como na foto que precede estas verbas, non era outro que Pepiño Branco, irmán de sangue do celebérrimo Chícharo (o galo navegante do que xa temos dado conta neste humilde espazo), non puido soportar a presión dos moitos procesos e operacións abertas contra el... foi deste xeito como abandonou aos seus semellantes e a aqueles que o acolleran e lle deran a boa vida que o levou ata os 8 kg de peso.

A súa desconsolada familia

Os seus desconsolados parentes e benefactores, (que prefiren permanecer no economato) rogan unha oración pola alma de Pepiño Branco, ao tempo que, enchidos de dor, teñen un intre na memoria para o Chícharo, que quedou de fecundador das pitas da illa de Cortegada. Oremos...