O vindeiro venres, 2 de decembro ás 20.30 horas, vaise presentar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove a novela "Coa sombra do teu nome", do autor grovense Pío Dalonga e publicado por Todogrove Edicións.
Sempre é unha boa nova que saian á rua productos culturais, e sobre todo como é o caso deste libro, que é o primeiro volume que publica Pío Dalonga (O Grove, 1962), un habitual da creación literaria en xornais, revistas e outras publicacións de ámbito local, comarcal e incluso galego.
Pío é unha persoa moi coñecida e querida na súa vila, os que o tratamos desde hai preto de 20 anos, como é o meu caso, sabemos moi ben que é unha fonte inesgotable de coñecemento literario e un amante da poesía, en particular, ademais de ter unha curiosa capacidade de relatar os feitos cotiás, pero sempre imprimíndolle o seu inimitable estilo.
"Coa sombra do teu nome" é a recompilación dunha serie de feitos acaecidos entre 1995 e 1996, que finalmente o autor se decidiu a recompoñer a partir de vellos escritos. O resultado é unha historia na que Ela é a única protagonista.
Non vos imos a destripar a novela, que se poderá mercar nas librerias desde esta mesma fin de semana, pero si que vos animamos a leela e tamén a participar na presentación.

3 comentarios:
Sr. Lino:
Ten boa pinta. Noraboa ao autor e ao equipo de Todogrobe Edicións.
Sr. Xaquin:
Nin que dicir ten que nos agradaría contar coa tua presencia no evento. Mandóuseche polo mail pero veu devolta.
o viernes vémonos
parabéns polo novo título, e que veñan moitos detrás!
Publicar un comentario