Dende as húmidas terras de Ombre, cauce do Río Longo, afluente do Eume, chégannos desalentadoras novas que obrigan ao Boudevara a enarbolar o crespón negro.
O que noutrora lucira maxestuoso e albino como na foto que precede estas verbas, non era outro que Pepiño Branco, irmán de sangue do celebérrimo Chícharo (o galo navegante do que xa temos dado conta neste humilde espazo), non puido soportar a presión dos moitos procesos e operacións abertas contra el... foi deste xeito como abandonou aos seus semellantes e a aqueles que o acolleran e lle deran a boa vida que o levou ata os 8 kg de peso.

Os seus desconsolados parentes e benefactores, (que prefiren permanecer no economato) rogan unha oración pola alma de Pepiño Branco, ao tempo que, enchidos de dor, teñen un intre na memoria para o Chícharo, que quedou de fecundador das pitas da illa de Cortegada. Oremos...
1 comentario:
Sempre que se fala de jalos e jalopíns anda o Sorro do antifás(cismo)polo medio, ese que pía polos cumes de Montecucurutxu enarbolando a cresta da fachenda e a curva do bandullo cara adiante en desafiante lambonería.
Pobres animaliños de pluma branca con tanto desalmado armado coas malas artes da Loxia julichería ártabra.
Descanse en paz e en silencio o jalo que xa non cantará mais porque unha guarnición de papadores escollidos directamente da garda do Cesar así o quixo.
AMC
Ave Mortis Cantinpace
Publicar un comentario