Con ollos de Gato
A un día de partir para o desembarco de Ons,
unha escolma de imáxenes dalgunhas navegacións
deste vrán que vai rematando,
dende o RANA e cos ollos de Rafa Padín
(“O Gato”)
Combarro . Festa do Mar
sábado 25 de agosto . regata da pamplina
Organiza Clube Mariño " A Reiboa". Hora saída 16.00h remo e 17.00h Vela
domingo . regreso a Cambados
Navegamos con vento fresco de proa. Navegación lenta. Levamos convidados
Lola e Pereira do restaurante "Eichededar queridiña" |
Faise a noite, é preciso prender as luces. Ao rebasar o Faro do Pombeiro o vento morre de súpeto
noite espesa |
Fotografías: Rafael Padín. |
Regata Calmoseira
sábado 01 de setembro
Organizada pola Asociación A Calmoseira
con saída dende o Xufre. A Illa de Arousa
Hora: 12,00h.
Percorrido: triángulo do Cantiño
Partimos dende Cambados con vento fresco que vai morendo ao achegarnos ao medio día.
Imos co RANA a votar un cabo |
A regata
Armando a "vara de portar" para empopar ao virar polo Faro branco alcumado"da noivas" |
Gamela "Descalsiña" Aparello: Latina con martelo Detalle: espeque na relinga |
Arroases
Os barcos van entrando acompañados por unha manda de "arroases".
video:
peche da regata dende o galeón "Comaira" da Illa de Arousa | . |
Remate:
Voltamos da Illa de Arousa o domingo pola mañán con sol e vento para navegar a pracer pola Ría. Algúns barcos curiosos se nos achegan para preguntar por esa estrana fasquía do RANA: - É un Folkboat - ¡Ah!.... bonito barco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario