Translate

jueves, 11 de junio de 2009

As camisolas do BOUDEVARA


No noso incansable afán por superarnos e ofrecer algo novo ao blogosfera, e máis en concreto aos blogs que se moven no entorno da cultura marítima, vimos de deseñar a camisola ofisial do BOUDEVARA.
A partires de hoxe mesmo todos aqueles que desexedes contar con esta peza de pret â porter no voso fondo de armario, a fin de lucila nas vosas galas, ceas familiares ou incluso para sair a enchisparse con ela enriba... (tamén vale para vestila e saír á rúa sen máis) só tedes que enviar un mail a xaquin@beiradomar.es ou linoprieto@gmail.com e solicitar os vosos exemplares, indicando tamén a talla.

Nestes momentos estamos en negociación coa empresa textil que elabora os texidos, polo que non podemos concretar o prezo exacto, pero si adiantamos que:
- serán de color chocolate
- serigrafiadas a dúas tintas (branco e amarelo)
- son presiosas e marabillosas
- inclúen a ultima tecnoloxía anti-sudor, a partir de agora o que sude será porque lle peta
- o prezo rondará os 5 euros e poderanse pedir ata o día 1 de xullo
- as camisetas entregaranse aos seus donos no Encontro Bloggeiro a celebrar durante o IX Encontro, en Muros

Se vos gusta este deseño e queredes facer as vosas camisetas para o voso barco, asociación, empresa, grupo de amigos, catequesis... podedes contactar con Todogrove.com, que foron os encargados de realizar este modelo.

viernes, 5 de junio de 2009

ILP

Agora que se achega Muros e que existe un foro específico para este tema, bou retomar unha vella iniciativa relacionada co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia:

Iniciativa Lexislativa Popular para acadar un recoñecemento institucional para o Encontro como evento de interese cultural galego.

Aquí vai a explicación:

Ai algúns anos, con motivo da Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade ante a Unesco, a FGCMF participou nesa proposta (iniciada pola Asociación Ponte nas Ondas) coa recollida de sinaturas para acadar do Parlamento Galego un recoñecemento e apoio institucional a través dunha ILP.

Esta experiencia abriu un debate de si esta formula era boa para o Encontro coa fin de resolver os problemas financeiros da organización dos mesmos. Todos sabemos que a itinerancia do Encontro é un dos seús atractivos principais, xa que cada dous anos se conta cun escenario distinto, e por outra banda se acada un dos fins mesmos da FGCMF e do Encontro, a divulgación do patrimonio e a nosa cultura marítima.
Pero esto, evidentemente ten uns problemas, cada dous anos a comisión organizadora ten que lidiar coas administracións para acadar a financiación necesaria que implica a organización actual dun Encontro.

Ventaxas dunha ILP:

Cando se abriu o debate se presentaron dúas formas para "elevar" ó Encontro ó Parlamento de Galicia. Unha forma era tratar cun grupo político que presentase a proposta e o resto dos partidos con representación parlamentaria aprobasen a proposta. Esto se tratou no seu momento con todos os grupos e todos estaban de acordo. Se ben esta formula, ainda que rápida, non reflectía o "espíritu" autónomo, popular e asambleario da FGCMF.

Así que, ainda que máis lenta, a vía da ILP semellaba máis propia. A declaración do Encontro como evento de interese cultural, social e económico galego por parte do Parlamento de Galicia ten unhas ventaxes clarísimas, a de ter un recoñecemento institucional e por outra banda estar reflectidos automáticamente nos orzamentos de Galicia. As ventaxes semellan claras.

¿Como se artella unha ILP?

Basicamente, faise unha solicitude no Parlamento. Despois se editan os pliegos de sinaturas, e despois de recabar as sinaturas suficientes se entregan no Parlamento, o cal deberá pronunciarse. Si se acepta, teríamos resolto un grande problema.

O momento penso que é oportuno, porque temos Muros á vista i é bo momento para empezar a crear o "ambiente propicio" e por outra banda a FGCMF ben de integrarse na Maritime Heritage. Temos a experiencia de Ponte nas Ondas e temos máis de 40 colectivos que poden ser os mecanismos de recollida de sinaturas en toda Galicia.

Se ben, este tema vai máis alá de Muros e por iso prefiro que sexa a propia directiva quen en caso de consideralo interesante faga a proposta de debate nos foros oficiais.

Neste blog simplemente bou abrir unha enquisa para ver que opina a xente.
Agardo que esta iniciativa poda abrir un debate e que o consideredes polo menos interesante.

Máis TalXip 09: Concerto no Zorba


No Centro Sentral de Boudevara, estannos chegando moitas fotos e imaxes da TalXip, Ahí van unhas poucas, non sin problemas técnicos previos.











martes, 19 de mayo de 2009

Coma unha paloma!

Xa que "vos empeñades" falaremos da botadura, que movilizou ata o personal dos lugares máis recónditos...
Vela aí a está


Despois de moitos dias e bastante traballo chegou o día do botabaixo da Semparada. Este sábado, chuvioso, desagradable e sen vento ningún, foi o día. Á vista dos día adiantamos o picoteo e as cañas previstas, tuven a sorte de que nos acompañaran un bo lote de amigos e amigas. A verdade é que hincha o peito cando a xente che di que a dorna quedou moi ben.
Empanada, cañas e outros delicados manxares
No aire coma as da Illa

Nunha tregua que nos deu a choiva achegámonos ao varadoiro de Perato e chumbámola ao mar, saimos un pouco a bogar e esto foi o que pasou, en canto pasen os exames hai que izar vela e ir probala, que xa non me para o pan no corpo.

A boghar!

jueves, 14 de mayo de 2009

A TAL XIP 09

Resumo da Tal Xip VIGO 09:

Moi boas a todos/as. Días atrás tivemos o da Tal Xip de Vigo, e como tocou traballar arreo, a semana pasada a pasamos varados no sofá a recuperar. Pensando nun titular que faja resumen do acontecido poñería o seguinte:

"OS RUSOS SON COMA NOS"

A historia da frase agora que a conte Lino. Eu simplemente bou facer unha cronoloxía do acontecido nos termos que nos interesa:

A Mostra de Cultura e Patrimonio Marítimo de Galicia:

(o dos barcos vellos).

O sábado día 25 de abril, parte da nosa flota foise navegando para Vigo: O Triste Sofía e a Rabandeja de Vilanova, a Lancha Leiteira, a “Espesie de Rabo” e a Irmandona dende a Illa de Arousa, a Meca dos mecos, A Jaliña de Portonovo, o Gamaleón de Combarro e a Zorba. En teoría dende a Zorba tíñamos que dar cobertura á flota pero aljún que outro problema retrasounos a saída e mesmo tivemos que parar en Ons sen motor e co barco cheo de fume. O caso e que chegamos os últimos a Vigo o cal propiciou que o amarre da flota non se axustase o “mapa de amare”, ousexa cada quen amarrou onde pudo e nos vindeiros días, Nacho máis eu, andivemos a mover todos os barcos.

Ns seguintes días irían chegando os barcos de Vigo (mariñeiros de Bouzas, Escola Mar de Vigo, A Ramallosa, gameleiros Breadouro, Sodináutica, etc.) e tamén outras asociacións da Ría de Vigo (Cangas e Moaña).























O xoves xa estaban todos, incluído os veleiros clásicos do Grove inscritos na Tal Ship, a Miña Miniña e Mizar.(poñeremos fotos)


O xoves tamén aribou o Chasula con velas e varas de currica polos costados (precioso).



Por terra a FGCMF montou a exposición no stand con toda a nova directiva moi atareada, e para completar a Mostra se fixo o que en Vigo lle chaman “marina seca”, coa Fungona de Fernando, A gamela de Sodináutica, a buceta de Combarro, e o bota polbeiros dos Galos de Bueu.


Todo este conxunto formaba parte do proxecto Mostra de Patrimonio Marítimo de Galicia dentro das actividades de animación da Tall Ships, e penso que foi do mellor que se puido ver en Vigo eses días, porque ademais dos poucos barcos participantes nesta edición temos que xuntar unha programación de actividades escasa, escasa e escasa.

Ben, é posible que me esqueza de algunha asociación ou barco, pero estes días iremos poñendo imaxes e textos das cousas que non se viron e que forman parte xa do noso diario de abordo. Por exemplo quedan moitas imaxes da navegación de regreso, do concerto na Zorba e anecdotarios que coma sempre abondan.















Como adianto estas fotos, e dende Barcos e Máis S.L. agradecementos especiais á directiva e colectivos da FGCMF, e a todos os que partipáchedes, ben a nivel colectivo ou individual, a todos moita salitre.


Nacho, Gorge e máis eu na Zorba. sábado día do concerto

fotos: Lino Prieto


martes, 12 de mayo de 2009

Lista para a botadura

Quitando algun pequeno detalle como a vara de portar e os folios nas amuras, a SEMPARADA luce marabillosa nos días previos á botadura. O sábdo haberá festa de amigos a mediodia cando a dorna comeze a súa nova vida.

E agradecerllo moito a meu pai, que ten grandísima parte de responsabilidade en todos os coidados que recibiu a SEMPARADA.


miércoles, 11 de febrero de 2009

A SEMPARADA

Hoxe presentamos á máis nova da familia: a SEMPARADA.

Foi no 2002 cando empezou a rondar na cabeza a idea de meterse nas regatas de dornas, pasando de ser espectador a actor, xa choveu desde aquela, pasaron polas miñas mans varias dornas en todos os formatos de propiedade posibles: comprada a medias, prestada e finalmente Lino Prieto ao 100%, a partir deste verán estaremos coma sempre nas filas dos Amigos da Dorna Meca do Grove.
A Luz Divina nunha mañan de pouco vento

A primeira embarcación foi a Luz Divina, unha dorna de 10 cuartas, grandeira, mercada na Illa de Arousa, compartida co Figueiro, despois de varios anos de aventuras, a primeira nos Encontros da Illa de Arousa, viaxou polos mares da AP-9 e quedouse en Ferrol, onde cambiou de nome, pero non de vida.

A Pelexa descansando no Porto de Meloxo o pasado verán

Para a seguinte temporada o bo amigo Isidro Mariño, ocupado en tarefas chasulísticas, brindounos a oportunidade a Elías e a min de navegar na Pelexa súa amada e histórica dorna, e así foi, unha boa posta a punto e polas rías anduvemos, tamén viaxamos a Ferrol e Aveiro con ela ás costas do remolque.

O día do cambio de mans


Finalmente a finais de 2008 apareceu a posibilidade de facerse cun barco propio, houbo contacto cos carpinteiros pero ao tempo apareceu unha dorna carreirana semi-nova, con un ano de vida e moi pouco uso, totalmente equipada e con todo en regra, así que alá fun, arranxei co seu dono e agora está no meu garaxe, en pleno proceso de preparación. Quedan por diante os rompedeiros de cabeza, de si verniz ou color e todas esas discusións de taberna no vermú dos sábados; o que si está claro é o nome: SEMPARADA, o alcume da miña avoa materna que, xunto coa miña nai, me criou e me aturou, vai por ela, por elas.

Fotos e texto: Lino Prieto