Translate

miércoles, 11 de febrero de 2009

A SEMPARADA

Hoxe presentamos á máis nova da familia: a SEMPARADA.

Foi no 2002 cando empezou a rondar na cabeza a idea de meterse nas regatas de dornas, pasando de ser espectador a actor, xa choveu desde aquela, pasaron polas miñas mans varias dornas en todos os formatos de propiedade posibles: comprada a medias, prestada e finalmente Lino Prieto ao 100%, a partir deste verán estaremos coma sempre nas filas dos Amigos da Dorna Meca do Grove.
A Luz Divina nunha mañan de pouco vento

A primeira embarcación foi a Luz Divina, unha dorna de 10 cuartas, grandeira, mercada na Illa de Arousa, compartida co Figueiro, despois de varios anos de aventuras, a primeira nos Encontros da Illa de Arousa, viaxou polos mares da AP-9 e quedouse en Ferrol, onde cambiou de nome, pero non de vida.

A Pelexa descansando no Porto de Meloxo o pasado verán

Para a seguinte temporada o bo amigo Isidro Mariño, ocupado en tarefas chasulísticas, brindounos a oportunidade a Elías e a min de navegar na Pelexa súa amada e histórica dorna, e así foi, unha boa posta a punto e polas rías anduvemos, tamén viaxamos a Ferrol e Aveiro con ela ás costas do remolque.

O día do cambio de mans


Finalmente a finais de 2008 apareceu a posibilidade de facerse cun barco propio, houbo contacto cos carpinteiros pero ao tempo apareceu unha dorna carreirana semi-nova, con un ano de vida e moi pouco uso, totalmente equipada e con todo en regra, así que alá fun, arranxei co seu dono e agora está no meu garaxe, en pleno proceso de preparación. Quedan por diante os rompedeiros de cabeza, de si verniz ou color e todas esas discusións de taberna no vermú dos sábados; o que si está claro é o nome: SEMPARADA, o alcume da miña avoa materna que, xunto coa miña nai, me criou e me aturou, vai por ela, por elas.

Fotos e texto: Lino Prieto

4 comentarios:

Mar dijo...

Muy bonita, y como no puedo ir al vermú, personalmente me inclino por el barniz :-)
Apertas

Lino dijo...

Ao vermú non ves porque non queres, que é unha convocatoria aberta! :-)
En non o teño nada claro, pido opinións, e hainas de todos os tipos, por comodidade a pintura, por estética ao natural... que lío!

Fernando dijo...

Benvida e longa vida e "Semparada", que non a abandonen os bos ventos e no discurrir do seu navegar non che traia mais que satisfaccións, na regata, na xuntanza ou na taberna, que a "Semparada" sexa un motivo de orgullo.

E deixandonos de caralladas douche a miña opinón sobre o da pintura:

Eu sempre pensei en sair de bernis como fixen para pasar o fermoso negro, agora non o teño tan claro, pois teño a experiencia do negro e do bernis, o tempo quita ou dá a razón, pero teño a impresión que o bernis protexe mais da meteoroloxía e incluso e mais facil de pintar, o problema está na cuberta onde ainda non atopei unha pintura que me respondera como eu quero, collendo a experiencia de Jacobo dinlle "Xilacell" ou similar, pero ainda non podo decir nada o que si teño claro e que "aseite de tecla" nin de broma, por porco e esbaradizo.
Tamén e importante onde vai pasar a maior parte do tempo, ghalpón-mallante.

Espero que a miña experiencia che axude.
Fernando

Anónimo dijo...

Ao final pintura pa todos!