Día: xoves 15 de setembro
Hora saída: 16,30h.
Banco de pesca: Os Setiembres", conxunto de baixos formados principalmente polos Canteiros e o Pragueiro, a unhas tres millas por fora da Illa de Sagres.
Armase aparello de cerco para o xurelo.
Predicción do tempo: alerta laranxa para toda a costa galega ao entrar a noite.
O Costa Cordal
Porto base: Tragobe.Cambados
Armador: familia Costa Cordal
Tripulación: 2 patróns + 7 mariñeiros
preparando para saír |
outros barcos no porto de Tragobe-Cambados |
Navegación: Porto de Tragobe - Os Setiembres
Saímos con "calma chicha". Temperatura alta, 16º, dez máis que o día anterior. Se cadra ese cambio brusco de temperatura é o anticipo da predicción de alerta laranxa por fortes ventos do suroeste para a noite.
polígono de bateas de Cambados na proa |
O Grobe a babor |
Cambados pola popa |
Os patróns fixan o rumbo na ponte mentres a tripulación se relaxa durante a travesía.
Cae a noite
Os días son curtos, ao achegarnos a Sálvora vai caendo a noite enriba.
paso por Vionta |
Outros barcos do cerco seguen o mesmo rumbo, pronto se irán achegando máis dende as vilas de Ribeira ou Aguiño, todos co mesmo destino e a mesma ansiedade.
Polo paso de Sagres
Ao chegar ao faro do Sargo para sair da Ría de Arousa na enfilación do paso pola Illa de Sagres, o mar cambia, deixandose notar un lixeiro mar de fondo.
Faro do Sargo |
Illa de Sagres |
Laxe Negra |
Deixamos Sagres pola popa e rebasamos polo través o Faro de Corrubedo. Estamos fora da Ría, a partires de aquí, unha hora e media de navegación en mar aberto ata chegar aos "Setiembres".
Detalle da enfilación aos Setiembres na pantalla do ploter. |
A pesca
maqueta aparello de cerco |
pouca luz. "Coa noite o peixe emerxe do fondo", afirma o patrón.
Estamos ao pé dos Canteiros e a través da sonda localízase peixe, con todo probabilidade, xurelo. Soa a bugina e os mariñeiros colocanse cada un no seu posto. Vai a empezar a largarse o aparello.
A partir deste momento e ata que se volvan a encender as luces do barco, non se permite empregar o flash da cámara xa que pode influir no comportamento do peixe.
O patrón berra con forza: "listos", e cada mariñeiro resposta para confirmar a correcta disposición para empezar a maniobra de largar o aparello
listo para largar |
preparando a boia |
Outros barcos do cerco concentranse para largar e escasa distancia pegando uns aparellos con outros.
Finalizado o peche do cerco, dende o sonar calcúlase a cantidade de peixe que pode estar atrapado no aparello, calcúlanse unhas 350 caixas de xurelo. Préndense e luces de a bordo, xa se pode acender o flash.
Sonar (esquerda) e eco-sonda (dereita) |
Diferencia entre un sonar e unha eco sonda marina: Ambos instrumentos empregan o mesmo principio, o tempo que tarda en ir e volver una
onda de sonido ou ultrasonido. A ecosonda é básicamente unidireccional, apunta hacia abaixo e a súa función é medir a profundidad. O sonar, por contra, é multidireccional e funciona como un radar de profundidade, o seu obxectivo detectar ecos sumerxidos que delatan a presencia dos bancos de peixe.
Recollendo o aparello
Un traballo que se realiza coa axuda dos aladores hidráulicos pero o traballo a man, coma antigamente, segue a ser fundamental para recoller ordenadamente o aparello por proa e por popa.
A enxagua
O peixe empeza a burbullar na superficie, é o momento de ir embarcando o aparello con coidado de non facer "bulsada", esto é, que o peixe non divida o cope en dúas bolsas de peixe superpostas.
É un lance de xurelo grande, de "cinco pezas dous hilos", afirma o patrón.
O peixe
O peixe métese a bordo co salabardo e vaise distribuíndo nas caixas co xeo correspondente para mantelo o máis fresco posible ata chegar á terra.
Alerta laranxa
Os patróns apremian aos mariñeiros para acabar de meter o peixe a bordo. En apenas medio minuto pasamos da calma absoluta a unha galerna que obriga a toda a flota a tirar para terra en busca de abrigo.
As previsións de alerta laranxa acertan. Acábase de recoller o aparello xa co barco a toda máquina para chegar canto antes á lonxa de Ribeira.
De camiño o vento vai en aumento. No radar de superficie amósase un frente activo do suroeste que pronto se deixa notar mais ao norte, a altura da reserva mariña dos Miñarzos (entre Muros e Lira).
As comunicación por radio entre os barcos é constante alertando a toda a flota do empeoramento do tempo.
Descarga en Ribeira
O Costa Cordal é dos primeiros barcos grandes e chegar á lonxa para descargar. O peixe xa está vendido de antemán, a unha media de 14,50€ a caixa. (Unha caixa 12Kgr, aproxim.). A maioría para venta en fresco e moito, para as prazas de Portugal. O patrón estaba no certo, en total arredor de 350 caixas.
En apenas unha hora todo o peixe está metido nos camións de transporte. Son arredor das 11 da noite e os patrón deciden dar un descanso.
De momento non se sabe se o barco vai sair de novo a pescar. As previsións son de vento para toda a noite. Se cadra pola mañán cedo inténtarase outro lance dentro da Ría, posiblemente na Pragüiña. Algús mariñeiros quedan a bordo, os máis novos dediden ir a terra a tomarlle algo. En terra atopamos con moitos mariñeiros coñecidos que comentan as incidencias da noite, da semana, do precio do peixe..., en fin, hai sensación de que o resto da noite vai ser tranquila. Achegáse a fin dunha semana de duro traballo para todos os mariñeiros do cerco, polo menos, estan contentos, o venres é día de cobro.
Regreso
Coas primeiras luces do día, soa de novo a buguina e a tripulación se prepara para regresar a Tragobe. Os patrón deciden non largar de novo, saben que foi unha semana boa de pesca e os mariñeiros están cansos. Non queren tentan á sorte cun derradeiro lance que poida causar unha avería de última hora.
Son as 10, 30h da mañán do venres, estamos atracados de novo no porto de
Tragobe e aos mariñeiros ainda lles queda aclarar o aparello, limpar as
caixonadas e deixar todo listo para a seguinte xornada, pero alomenos
hoxe durmiran na casa e para a semana a empezar de novo na loita co mar e
a vida mesma.
- video:
limpando o aparello
Agradecementos:
Quero agradecerlle aos patróns, a José Ramón e a Moises, que me deixaran embarcar no Costa Cordal para vivir con eles toda unha xornada de pesca ao cerco, dándome a posibilidade de mergullarme no seu día a día, nas súas incertezas sobre a fortuna da pesca, a responsabilidade sobre as almas embarcadas que penden da sabiduría ao timón..., tamén a inquedanza sobre a previvencia dun oficio que desenvolven dende nenos. Moita sorte patróns.
José Ramón:
Moises:
É como nón a todos os mariñeiros que me acolleron coma un mais, compartindo con eles o seu traballo e o súa xeito de vida. Agradecementos para Rafa, Abdulá, David, Alfonso, José Chorén, Rober e Bernald Merche. Sorte amigos, ata sempre.
Remate:
Foi un día intenso, dende as 16.30 horas do xoves ata as 11.00h do día seguinte, unha xornada normal ao cerco onde a incertidume é unha constante. Nunca se sabe o que pode pasar, as veces o peixe é esquivo, como a sardiña, que dun día para outro desaparece. Hoxe mesmo, en menos dun minuto o mar pasou da calma absoluta a unha galerna de medo. Por sorte, o Costa Cordal xa tiña case todo o peixe e o aparello a bordo. "Esto pasa perto das pedras e témola armada", comenta o patrón, para finalizar cun "así é a vida dos mariñeiros", nunca se sabe. Para min, a experiencia foi coma unha xanela aberta ao mundo dos mariñeros do cerco e pesquei un feixe de sensacións novas. Eternamente agradecido e boa pesca compañeiros.
Costa Cordal. Porto de Tragobe. Cambados. 16 de novembro de 2012 |
5 comentarios:
Fantástica reportaxe, muchacho, mesmo parecía que fose eu tamén embarcada! Sempre quixen experimentar como era unha xornada de faena e mira, case case... Liches "Follas de Bacallau" (Xabier Paz, Xerais 2005)? Encantoume ese libro, e tamén explica moi ben como funcionan as mareas a bordo. Bicos patrón!
moi boa, gracinhas por facernos compartir a marea!
Majete: moi bo traballo, eso si, penso que non foi en setembro?
Vaia tres peixes no mesmo lance:
Andrea, teño que conseguir ese libro, se cadra facíase unha boa entrada no blog. Bicos e achuchóns.
Siso, moitas gracias pola visita, xa eres dos habituais e eso agradécese moito. Apertas
Sr. Lino, tés razón, está claro que foi no novembro. Para cando unha entrada das túas?. Xa se te vota menos. Ánimo
o libro ese teñoo eu, si queres xa sabes onde está, fixera unha reseña sobre el para Ardentía, non lembro o numero.
Saúde
Publicar un comentario