Translate

viernes, 12 de diciembre de 2008

Bendito VENRES: Campaña da Vieira

Descarga da vieira. Porto de Tragobe.
Cambados 2007. Foto: Boudevara

Hoxe venres coñecemos a boa nova da apertura da campaña da vieira así que a partires do vindeiro luns, tanto a flota da vieira de Cambados como a de Rianxo poderán coller este marisco nas augas da Ría de Arousa. Esto foi confirmado onte mesmo pechándose así un longo camiño de negociacións para iniciar a extracción antes do Nadal.

A campaña arrancará cos topes establecidos de 30 kilos de producto por tripulante, ate un máximo de 90 por barco, “despois irase vendo a posibilidade de ir cambiando os cupos, dependendo das necesidades”, declararon os patrón maiores das Confrarías de Cambados e Rianxo.

O prezo acordado coa empresa que se encargará do eviscerado é de 3,7 euros o Kgr.

Así que todos aqueles que veñades por Cambados pasádevos polo porto de Tragobe, porque dende a punta mesmo do espigón, a partir das 9 da mañán, empezan a facer os lances, e sobre as 12 h, van voltando os barcos para a descarga, todo un espectáculo que podedes seguir dende o peirao.

Os máis curiosos tamén podedes visitar en Tragobe a planta de eviscerado, de momento a única autorizada pola Xunta.

E para degustalas, xa vos dixen noutra entrada que están formidables no restaurante O Solar, pero tamén noutros coma O Ribadomar, Posta do Sol, A Traíña, Yayo Daporta, Pandemonium, …., e as volandeiras en Casa Pintos de San Tomé están que se saen. Eso si, todo acompañado cun bo Alvariño.

E agora toca elexir pesoeiro

7 comentarios:

Anónimo dijo...

No taller de tuneado non temos nada

bou de vara dijo...

Lino, pois xa que o persoal non se anima haberá que coller unha foto e tuneala, por decreto e con alevosa raposería. ¡Ai ahoriña!.

Anónimo dijo...

Santi:
Pois non fixen dorna, tiña a intención de fasela, liar a manta á cabesa, xa que non e´o mellor momento para o meu erario, pero andar de prestado toda a vida non pode ser.
Cheguei a falar con Sr. Moncho pero entretanto apareceu por internet (como non) unha dorna das feitas en Aguiño, seminova, con un ano de vida e unha sola saida ao mar, gardada nunha sombra ben aireadiña e fun a mirarla, e cheguei a acordo co dono, un tio de autentico (dito sexa de paso), así que acordamos precio e aos poucos días xa estaba no meu garaxe. Agora estou co do nome, que manda carallo! pero ao final voulle faser homenaxe a miña avoa materna, que me criou e me aturou unha chea de anos, e ainda que ela xa non o vaia ver sempre é un detalle, porque estou orjulloso de ser seu neto.
Xa a veredes!

Anónimo dijo...

Por certo, que se me olvidaba, a dorna é de 9 cuartas, aparellada de xeito normal,. coma todas lo, pero ten unha particularidades: as velas. Si, dixen ben, velas, en plural, porque son duas, unha maior e un pequeno foque. Un vajeo! cousa de Julio e Ramonet, haberá que ver como marea.
Aínda que para as regatas seguirei indo coa vela de sempre, a miña vela de Gestenaval.

bou de vara dijo...

Ola Santy, non sei se viches as fotos da Feira Franca no blog de Portonovo, tedes unha moi boa ti e máis Anxo no pau da Jatinha. Outra foto que está moi ben e a do camastro de palla que se armou Anxo para durmir a bordo en plan medieval. Imaxino que agora, moitas noites, desas de "pasar en vela", darias por bo durmir nas panas aínda que fose sen palla,non é?.
Bueno, nada que non pase nuns anos.

bou de vara dijo...

Sr. Lino, penso que xa sei de que dorna se trata. De feito penso que é unha que teño visto en fotos por internet, coa madeira vista, nova do trinque.
No tema velas, tamén se aparellaron dornas con latina (mira a foto no libro de Morling), e Isidro e outra xente gustaban de montar un tormentin a proa (foque pequeno con doble escota) para navegar en solitario, cando o vento era moito ou como vela de fortuna e seguridade.
Tamén os vellos, con ventos de popa fortes, transformaban a vela de relinga en vela cuadra. Así que non te preocupes que inda o que nos queda por ver.(sobre todo mentres anden por aí Julio e Ramoné.
¿Veremos algún día os barcos da Ocean Race con relinga ou latina?. En dornablog se fala de algo desto non?.
En todo caso, cando vemos a dorna neste blog?

Lino dijo...

A ver se este nadal lle poño xa man á cuberta e fago unhas fotos para subilas.
A dorna está noviña, eso si que é verdá pero ajora ven o do justo do consumidor.