Translate

viernes, 12 de diciembre de 2008

PERSOEIRO DA SEMANA

Onte mesmo falamos neste blog do Pavillón da Onda do Encontro de Cambados-2005, e dunha dorniña que alí estivo exposta agardando que a divina providencia dictaminase pola vía da sorte e do sorteo o seu lexítimo dono. ¿E a quen lle foi a tocare?.

O sábado noite, pola megafonía do escenario da Carpa da Taberna Mariñeira situada no Illote da”Cartuxa” anunciouse que ía dar comezo o sorteo, eu andaba apoiado na barra da Taberna sen prestar moita atención, porque o cansazo estaba a facerse notar. Me acompañaba a despistada Koki, da Asoc. Amigos da dorna de Portonovo, apurando unhas cañas. Cando anunciaron o número premiado, comenteille se tiña rifas e me dixo que creía que si. Meteu a man no blosillo e mirou a rifa, “Ostias, tocounos a dorna”, dixo. ¿Estas segura?, ¡mira que van pensar que che din eu a rifa premiada!.

Koki saíu correndo para buscar á xente da súa Asociación, e ó primeiro que atopou foi a Pelouro, que nada máis enterarse exclamou: VAIA BICOCA.

Botadura da Bicoca. Portonovo 2006

Persoeiro da semana: Pelouro, tamén coñecido como Nardo.

No hay comentarios: