Tamén, a semana pasada pasei pola tenda “foto luz” de Cambados (na praza de Alfredo Brañas) e como sabía que fixera unha reportaxe do Encontro pedinlle que más ensinara. Ten un mundo delas, mireinas no ordenador da tenda e a maioría son espectaculares (quitadas con equipos profesionais claro). Eu xa lle encarguei algunhas en tamaño grande para regalar e outras para enmarcar para min, pero pasarei doutra volta a seleccionar máis. Se alguén está interesado alí está o home para atender encantado, vale a pena, algunhas son moi boas e ten de todo.
"lancha de jábega" de Málaga
Foto: Pavillón na Onda:
Dentro deste Pavillón amosábanse as iniciativas empresariais relacionadas coa conservación do patrimonio marítimo e fomento da cultura marítima (o mesmo que a Federación pero dende outras ópticas xurídicas). Alí estaban por exemplo as mariscadoras de Guimatur, Intramar S.L, Vapores del Atlántico, Fundación Expomar, proxecto Mar de Lira, delegación Douarnenez 2006, Ponte nas Ondas coa súa candidatura. Tamén estaba exposta a dorna que se ía sortear o domingo e mesmo tamén a “librería do Mar”, onde ademais de libros de temática cultural do mar, se realizaban presentacións de libros, revistas, etc. Alí se presentou por exemplo o libro “Homes de ferro en barcos de madeira”.
Nesta foto vemos unha presentación dun poemario do noso gran amigo “Alexandre Nerium” que coñecemos nos tempos do Batallón Literario de Fisterra. Entablei contacto con Manolo a través dun vello e gran amigo común, o poeta Estevo Creus, tamén da costa da Morte que foi quen nos puxo en contacto nun recital de poesía celebrado en Caldas de Reis nese mesmo ano. Tanto Manolo como Modesto Fraga encargáronse de traer a Cambados boa parte dos integrantes do batallón literario a Cambados naquela primixenia exposición que fixo o Clube Mariño Salnés no ano 1998. Naquel recital tamén estaban Tabullo, Bernardino Graña ou Chus Nogueira. Foi un recital de poesía musicada, por Raño, Josito Bahamonde e máis eu. Agora volto ter contacto con Alexandre xa que está contratado no Museo de Pesca, situado no Castelo de San Carlos, batería defensiva do século XVIII e adscrito o proxecto de Turismo Mariñeiro “Fisterra pescando onde o solpor”.
bote tradicional da vila do Cristo con peza do xeito antiga de algodón.
Museo do Mar de Fisterra
foto: moliçeiro
A seguinte foto é a dun Moliçeiro tipo alien “Yamaha”, e destes non falo porque en dornablog tedes un magnífico reportaxe.
foto: regata de dornas do albariñoE esta foto corresponde cos regata do Albariño, que ese ano fundiuse dentro da programación de actividades do Encontro, con todo esta supoñía xa a sexta ou sétima edición?. Parecía que nacera onte pero aquí estaba está regata de dornas consolidándose no panorama galego como cita clásica.
Ben, por hoxe chega, de todas formas voulle pedir ó fotografo oficial de boudevablog se ten fotos da taberna mariñeira (Quico Cadaval, A Viñalar Fantastic Band, as cantigas tabernarias,....) ou das moitas actuacións (MiIlladoiro, Malvela, Nova Galega de Danza, Trebón, .....).
Anécdota: na presentación onde está Dionisio, Fernandez Rei e compañía (non sei o nome de todos), vese unha vela de fondo,.... é a do “Ella”. Lembrades ese barco?. O único que queda del son os paus e botavaras, reconvertidos en columnas de “pórche” e tiro de escaleira caracol de pasamáns. Noutra ocasión vos enseño fotos.
http://video.google.com/videoplay?docid=-1365121978636274071
No hay comentarios:
Publicar un comentario