A Muller de Balboas ó botala ó mar.
Douarnenez 2004
CMS: o ano 2004 foi o ano máis especial e raro para o Clube Mariño Salnés por moitos motivos. A asociación estaba seriamente “tocada”, nun calexón sen saída, “nin arre nin xo”. Pero ese ano aplicamos aquelo de ou rompe ou racha, así que dende o CMS mandase un bujinaso que resoa coma un aturuxo en toda a Ría: formar unha candidatura para albergar o VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, nin máis nin menos. Había que botarlle un par de relingas.
Así que, no tempo de plegar velas, nos armamos ata a escandalosa. ¿Estábamos tolos?. O senso común dicía que eso non podía ser. Máis mirando a botella chea cando tan so tiña unhas pingas, veu a sentencia: agora ou nunca. Así era, de non facer unha candidatura ese ano, Cambados posiblemente non tería unha oportunidade de albergar un encontro en moitos anos.
A loucura por outra banda estaba calculada, ademais de contar con bos patróns para levar adiante aquela empresa, en Cambados xuntábanse aquel ano condicionantes favorables para emprender a aventura. Así, os outros colectivos cambadeses integrados na FGCMF, Grupo Etnográfico Mascato e Asciación Náutica “As Joritas”, respaldaron a proposta, tamén a Confraría de Cambados e paso a paso outros colectivos foron enganchándose á candidatura: Concello, Asociación de Comerciantes, Asociación de mariscadoras “Guimatur”, Colectivo Ecoloxista do Salnés,.... xa estaba armada a tripulación. Quedaba gañarlle a “loita” á candidatura de Vigo.
Foi un ano de moito traballo pensando no 2005 que estaba á volta da esquina, pero tamén había que atender as citas inmediatas como a presencia do Clube en Douarnenez 2004, a onde fumos coa Muller de Balboas e
cunha expedición de circunstancias. A cita bretona tomouse como unha proba interna para saber si o Clube funcionaba como unha asociación ou si por contra simplemente ía de remolque ou lastre de esforzos persoais. Os integrantes da expedición cambadesa non foron os peores en terras bretonas pero o comportamento colectivo “deixou moito de desexar” e non se soubo estar a altura de representar a unha Asociación e unha vila que ía albergar un Encontro. Así de claro.
Douarnenez 2004 abriu unhas enormes fendas na mesma liña de flotación do Cube, deixando ferida seriamente a unha asociación que definitivamente semellaba afundirse, aínda que eu me negaba a aceptalo. Xa case afundidos seguimos vogando, coma o Cid, pero con dorna e sen cabalo, en camiseta e sen armadura. Quedaba a esperanza de que o Encontro do seguinte ano fose milagreira auga de maio. Era o que quedaba.
A Muller de Balboas navegando (Isidro, Mejete, Toño O Cesteiro e eu). Douarnenez 2004
Festa de Galegos, Vascos e Bretóns, a bordo dunha goleta con motivo do
Aniversario da creación da Federación Bretona pola Cultura Marítima
(por aí se ve a Pardavila, Mónica, Santi, Koki, Juan, Chus... e eu ó acordeón)
Para a Federación, foi o ano de inicio dun novo ciclo, de feito ese ano formalizouse como “marítima e fluvial”, se ben eu, agora de presidente, non ía “protagonizar” este novo ciclo, simplemente me consideraba unha peza de transición ou lanzadeira. Naquel momento eu xa andaba con outros proxectos na cabeza tanto a nivel profesional con Intramar, como a nivel persoal, a miña familia tiña trazas de medrar. Así que plantexei unha presidencia de dous anos cuns cometidos claros: Douarnenez 2004, Encontro 2005 e preparar un equipo forte para coller o relevo no ano 2006. Como acompañantes para eses dous anos formaron equipo comigo Joao (barcos do norte), Rosiña (Portonovo), Arturo Loureiro (Ferrol), Fran (Galos), Víctor (Bouzas) e Uxio (Dorna) e tamén se integraron outras moitas persoas a través das comisións de traballo: exposición (Oswaldo) publicacións (Javucho, Lino, Dionisio, Luís e Paco Rei), navegación (Fernando), lexislación (Paco Paxaro e Pablo Carrera), etc. , moitas delas eran membros tamén da Comisión de Traballo para o Encontro Cambados 2005. Chegou o momento de adxudicar, e Cambados gañou fronte a Vigo. E non foi fácil e mesmo se tivo que chegar a unha segunda volta despois dun empate na primeira votación (eu non empreguei o voto de calidade e me abstiven nas dúas votacións por razóns evidentes).
A Federación seguiu coa política de saír fora, Marsella, Donosti, Vila do Conde e a Barcelona convidados por el FAR, alí presentamos o proxecto do Encontro e plantexamos que “O Mediterráneo” fose o convidado de honra en Cambados. Voltaríamos a Barcelona para participar na Festival del Mar, onde se sentaron as bases para a creación da Confederación Ibérica de Patrimonio Marítimo e Fluvial. Ese ano estrenouse a Revista Ardentía (este nº 1 como apoio da FGCMF á candidatura promovida por Ponte nas Ondas ante da Unesco para o Patrimonio Inmaterial Galaico-Portugués), esto foi dentro da II Xornada de Cultura Tradicional organizada pola Asociación Canle de Lira, nace o I Encontro Vila de Muros e entre as novas incorporación á Federación, a Asociación Esteirana de Remo (estes datos interesantes en relación con Muros 2009). E como non, fumos outra vez a Douarnenez 2004, o maior despliegue ate ese momento de navegantes, barcos, contidos expositivos e animación. Dende aquela primixenia expedición a Brest 1992 a cultura marítima galega, dende a óptica do movemento asociativo, tiña percorrido un bo treito. (recomendo o resumo de Douarnenez 2004 en apupo nº 7 ou ardentía nº 1).
Anécdotas dese ano:
Benuá e Emili

A Benuá (o bretón) o coñecín nun Loureiro en Cambados tomando uns tintos. Contoume que era carpinteiro de ribeira e que estaba pasando unha temporada en Galicia para coñecer o traballo dos asteleiros de madeira. Nos fixemos moi amigos. No 2004 nos veu a visitar a Douarnnez. E dous anos máis tarde me visitou en Cambados, onde saímos con Nacho (tamén socio de Intramar S.L.) a dar unha volta no Zorba (Galicia Vai a Vela S.L.).
E o 2004 foi o ano no que o Chiquitín (hoxe Chasula) en
tra no estaleiro dos Irmáns Garrido para iniciar unha longa restauración dirixida por Isidro Mariño.
O Chasula. Astilleros Garrido
O Grove. 2004