Lunenburg. Nova Escocia. Canadá |
O pasado 02 de outubro, a goleta Bluenose II voltou ao seu porto base na vila de Lunenburg en Nova Escocia, depois dun Plan de Reconstrucción que se desenvoltou durante os dous últimos anos.
Durante este tempo, milleiros de persoas en todo o mundo seguimos este proceso de restauración por distintos medios en internet e moi especialmente a través das imáxenes que puntualmente nos ofrecía dende o seu perfil de facebook "Bluenose II".
Agora queda completar o proceso de recuperación, xa no mar, e poder reinciar no ano 2013 a súas actividades como barco embaixador e escola de navegación para alongar así a historia e o mito que naceo hai xa noventa anos.
Agora queda completar o proceso de recuperación, xa no mar, e poder reinciar no ano 2013 a súas actividades como barco embaixador e escola de navegación para alongar así a historia e o mito que naceo hai xa noventa anos.
Historia dun mito da navegación
O nome desta goleta, unha das máis famosas da historia da navegación,
ven do alcume polo que se coñecía aos habitantes de Nova Escocia, (blue nose=nariz azul), a causa do frío.
A súa historia se inicia no ano 1921 cando a rivalidade entre as frotas pesqueiras canadense e americana que operaban en Terra Nova era máis ca unha cuestión de honra e uns e outros gabávanse de ter os mellores barcos e homes.
A súa historia se inicia no ano 1921 cando a rivalidade entre as frotas pesqueiras canadense e americana que operaban en Terra Nova era máis ca unha cuestión de honra e uns e outros gabávanse de ter os mellores barcos e homes.
Construcción orixinal .
1921
Botadura da Bluenose. 1921 |
O Capitán Walter J. Angus:
O capitán Walter Angus coa Copa |
A goleta foi un encargo do capitán e armador Walter J. Angus ao arquitecto naval William Roué e foi construída noa asteleiros Smith & Rhuland, de Lunenburg, (Nova Escocia), procedendo á súa botadura o 26
de marzo de 1921, co obxecto de ser barco de pesca e de regata a un tempo, en
resposta á derrota sufrida no ano anterior na recén creada International Fisherman’s Cap Race, cando a goleta local “Delewana” foi derrotada pola goleta
"Esperanto" de Gloucester, levando o trofeo para Nova Inglaterra.
En outubro de 1921 despois dunha tempada de pesca nos Grandes Bancos, a Bluenose venceu á nave “Elsie” de
Gloucester e levouse o trofeo á casa. As goletas estadounidenses Henry Ford, Columbia, Gertrude L. Thebaud, así como moitas embarcacións canadenses
construídas para superar á Bluenose, non puideron
arrebatarlle o trofeo que acadou durante 17 anos consecutivamente.
Eslora: 43,28m Manga: 8,23m Puntal: 4,77m Desprazamento: 270Tn Superficie vélica: 908m2 |
A última regata foi en 1938 cando a Bluenose venceu
á Thebuad, manexándose tan mariñeira coma sempre. A
mais famosa embarcación de Canadá, foi un tributo aos estaleiros de Nova
Escocia e aos mariñeiros que a tripularon.
En 1942, a pesar dos esforzos do Capitán Angus Walters de Lunenburg e moitas outras persoas para manter o barco en Nova Escocia, a Bluenose foi vendida para transportar carga nas Indias Occidentais, rematando a súa vida nun arrecife fronte a Haití o 28 de xaneiro de 1946. Para entón xa se convertera nunha lenda.
A Bluenose na II Guerra Mundial. Conexión cubana
Nos primeiros tempos do conflito, a presenza dos
submarinos alemáns en augas do Caribe, Golfo de México e a costa atlántica de
Norteamérica estivo a punto de paralizar o tráfico marítimo nesas rexións. Só
en 1942, os OU-boats xermanos afundiron nelas máis
de 400 buques. Isto afectou tamén a pesca nos Grandes Bancos. Nesas
circunstancias, dous mozos aventureiros estadounidenses, Thomas
Higgins II e Jesse Spalding III, concibiron a
idea de efectuar transportes en pequenos barcos que non fosen obxecto da
atención dos submarinos alemáns, ocupados en cazar aos grandes transportes e
petroleiros. Foi así que, en xaneiro de 1942, adquiriron a Bluenose,
a cal había un ano que se encontraba amarrada, para dedicala a transportar
cargas entre os portos da costa atlántica de Norteamérica e o Caribe,
principalmente A Habana, e se converteu nun lucrativo negocio. A goleta foi
empregada no transporte de moi diferentes tipos de carga, entre elas, por
solicitude de axencias do goberno estadounidense, transportou dinamita que se
empregou na construción de aeródromos na rexión do Caribe. Tamén transportou
bombas e combustible de aviación e variados produtos alimenticios. Durante tres
anos, dende maio de 1942 a
maio de 1945, a
Bluenose entrou ou saíu da baía habaneira tres e
catro veces ao mes, como media. A composición da súa tripulación foi cambiando
gradualmente, chegando a estar integrada, na súa maior parte, por cubanos.
Segundo o
relato dun dos propietarios da goleta, Jesse Spalding,
foi nunha desas viaxes, cando navegaban entre A Habana e Florida, preto do faro
de Illote Sombreiro, que a súa embarcación foi interceptada por un submarino
alemán. Precisa Spalding que un oficial do
submarino, falando un correcto inglés, lles pediu identificación e razón da súa
viaxe e ao contestárselle polo capitán do Bluenose
que estaban dedicados á pesca, o oficial refutou: "Ud.
é o Bluenose, que saíu da Habana, con carga para Port Everglades. Se non me gustase o seu barco, agora
mesmo afundiríao. Sigan o seu camiño e non regresen. A próxima vez, o conto
será diferente". E dito isto, o submarino somerxeuse
A Bluenose II.
1963
A perda da Bluenose foi un duro golpe para os habitantes de Nova
Escocia, que non esquecían os momentos de gloria que viviron a carón das
fazañas da goleta. Chegado o ano 1963, Öland Brewery decide financiar o
proxecto de elaborar unha réplica da orixinal para facer publicidade dos
seus productos ao tempo que promover o patrimonio marítimo de Nova Escocia e fomentar
o turismo.
A nova Bluenose
II foi botada en Lunenburg o 24 de xullo de 1963,
construída no mesmo asteleiro que a Bluenose, cos plans orixinais e por algúns
dos mesmos traballadores. O mítico capitán da Bluenose,
Angus J. Walters, tomou o temón da nova réplica para a súa viaxe
inaugural, converténdose en embaixadora da cultura maritima de Nova Escocia e
atractivo turísitico principal da vila de Lunenburg.
A Bluenose II amarrada no porto de Lunenburg. 2003 |
No ano 1971, a Bluenose II foi regalada ao Goberno de Nova Escocia actuando
coma símbolo do patrimonio marítimo de Nova Escocia, realizando navegacións
regulares abertas ao público percorrendo os portos ao longo de Nova Escocia, e
así mesmo participa en misións comerciais e promocinais de Nova Escocia e
Canadá.
Misión:
Misión:
1. Promover a historia e o legado da Bluenose,
así como o pasado e presente patrimoio marítimo de Lunenburg
e do Canadá Atlántico.
2. Ensinar e promover as habilidades mariñeiras e a vida do mar ao mozos
canadenses a través da oportunidade de servir a bordo de Bluenose
II.
3. Servir como embaixador de navegación para Lunenburg,
a provincia de Nova Escocia e Canadá.
Reconstrucción.
2010-2012
Co paso do tempo e ante o deterioro da goleta, decídese emprender un
Plan de Reconstrucción integral da nave.
Bases do Plan
1. O casco de Bluenose
II será completamente reconstruído para garantir a súa conservación durante as
próximas décadas. Así mesmo, incorporanse novos sistemas mecánicos e
eléctricos.
2. Gran parte da nave orixinal reutilízase. mastros, aparellos, velas,
ferraxes, estruturas de cuberta, equipos de seguridade e a electrónica.
3. En
xeral, a configuración da cuberta parecerase máis á Bluenose
orixinal, ofrecendo unha experiencia máis auténtica para os visitantes e
pasaxeiros.
Os traballos de restauración foron encargados á Alianza do Estaleiro Lunenburg, composto por Covey Island Boat Works, Estaleiro de Snyder e Lunenburg Industrial Foundry & Engineering .
Una restauración con polémica:
A pesares das boas intención do Plan de Restauración, xuden moitos
críticos que entenden que a intención non é crear unha réplica auténtica da Bluenose orixinal e os construtores non vai empregar os
planos orixinais.
Ademais, o 80% da nave pasou por unha trituradora de madeira, deixando só os mastros, as velas, a enxarcia, ferraxes e candeleiros do orixinal.
Moitas persoas, pensan que algunhas partes da antiga Bluenose II debería ter sido conservada nun museo ou mesmo postas a venda ao público coa fin de de preservar o mito.
A Bluenose II antes de entrar en dique seco |
O proceso de restauración
Fonte: Bluenose II facebook
Preparación da nave
O que queda do orixinal:
Elaboración de cuadernas e costillaxe:
detalle da proa lanzada caracterísrica da Bluenose |
reconstrucción da roda en madeira laminada |
Espello e codaste:
Sobrequilla, cabillas e lastre
Colocación do forro interior:
Bances, clavación e tapíns:
Baos, mamparos e durmientes:
Posta da cuberta, barraganetes e regala:
Imprimación, pintura e patente
Barco listo
Ao mar:
A nova Blounose II, despois das probas de mar, volveu
oficialmente á provincia de Nova Escocia para rematar o proceso de recostrucción. Está previsto que para o ano 2013 retome as súas actividades como embaixador de Nova Escocia e buque escola.
Enlace video ceremonia botadura da nova Bluenose II
Remate:
Deixando ao marxe as polémicas sobre o proceso de reconstrucción, a atracción e paixón por este barco é moi dificil de explicar. Esta entrada no blog simplemente quere manifestar a admiración polas vellas goletas de pesca no Gran Banco e o espíritu de superación e aventura daqueles homes, que coma Angus Walters, puxeron "o mundo nas súas máns", e igual que na película protagonizada por Gregory Peck e Antony Queen, converteron a navegación nunha forma de entender a vida, sen límites nin fronteiras, facendo do mar a nación da liberdade.
"Cando Bluenose II esté a navegar de novo, darase a coñecer a excelencia nas habilidades de construción de barcos que sempre existiron aquí. Se o meu avó estivese aquí, diría simplemente "estou orgulloso de todos eles".
O capitán
Wayne Walters - neto do
capitán da Bluenose, Angus Walters
2 comentarios:
1fermosísima historia, co narís azul ou encarnado! E moi ben documentada. Hoxe déitome un pouco máis sabia... bicos, patrón!
Gracias pola visita Andrea.
Publicar un comentario