Con ollos de Gato (2ª parte)

Continuamos coas imaxenes do final do vrán,
agora que xa estrenamos o outono,
realizadas por Rafael Padín
( O Gato),
Desembarco de Ons.
14, 15 e 16 de setembro
|  | 
| praia das dornas | 
Evento organizado pola Asociación Os Galos de Bueu e Amigos da Dorna de Portonovo, que marca en gran medida a fin da tempada de navegación para as embarcacións tradicionais.
Bitácora: Saímos no RANA na mañán do sábado 15 de setembro. Ceo despexado, temperatura alta e vento frouxo. Tripulación: Toño cesteiro, Lola e Rafa Padín, (+eu).

Como case en todas as saídas deste ano, ao pouco de saír, aparecen os primeiros indicios de arroases:
Acompañaronnos durante un bó treito ata aproximarnos ao Centolo.
Videos:
anexo Verán II

Imos chegando:
| Detalle: Furna a carón da praia de Melide | 
H: 14.20h
| Toño "O Cesteiro" | 
| Algúns dos organizadores | 
Ao caer a noite nos acompañan outros barcos fondeados nas boias do norte:
| Esquerda: Bote polveiro Asociación: Os galos de Bueu Dereita: traíña | 
| "Nordwest". Holanda | 
| Anxo Dorna "A Jatiña". Amigos da Dorna de Portono | 
DESEMBARCO EN SALVORA
Domingo 15 de setembro.
Saimos de Ons pola mañán con rumbo a illa de Sálvora. Vento lixeiro con tendencia a afrouxar
| Ons e o Centolo pola popa do RÂNÂ. | 
Imos chegando a SALVORA
 
 
|  | 
| Amarramos no embarcadeiro. Praia "do almacén" | 
 A Illa de Sávora pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e dende hai pouco é de titularidade pública.
 A Illa de Sávora pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e dende hai pouco é de titularidade pública.O arquipélago está formado por distintos illotes dos que destacan o de Sagres, Noro e Vionta.
Para visitar a illa é preciso dispoñer do permiso de navegación e fondeo (www. itlánticas.es).
Algúns roteiros son libres, como o do Faro e o do Castelo.
Outros, como o da aldea, se realizan por grupos acompañados polo guía do Parque previa solicitude.
O primeiro que nos atopamos é o Castelo, edificado sobre a antiga salgadeira e a serea dos mariños.
| Foi a primeira salgadeira da Ría de Arousa. Fundada no 1770 por Jerónimo de Hijosa | 
| A serea representa a lenda dos Mariño de Lobeira, presente nos escudos de armas que se poden ver en pazos e casas dos concellos da Ría, por exemplo en Cambados. | 
| Camiño do Castelo. A capela actual era a antiga taberna dos habitates da illa e dos mariñeiros que se achegaban como porto refuxio. | 
Paisaxe e vexetación:
| Xunco mariño Empregáse para a confección de nasas | 
Camiño do Faro.
Despois de realizar as visitas guiadas á salgadeira e a aldea, despedímonos do guía e enfilamos cara o Faro situado na cara sur.
Este Faro foi testemuña de moitos naufráxios.
O de máis soa, o do vapor "Santa Isabel", na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, nos baixos da "Pajar", a escasos 200mts do faro.
Recíbenos Julio, o farero
O faro por dentro:
| antiga lámpada de petróleo para iluninar o faro | 
| Actual luz do faro | 

| castelo nos Rana | 
Camiñamos de regreso ao RANA.
Sálvora despídenos con néboa que se achega dende a costa de Aguiño e nos envolve rapidamente ao pouco de soltar cabos.
Navegamos coa axuda da carta e do GPS.
| detalle: camiño na prolongación dunar | 
| Rafa Padín (O Gato). Cámara dixital | 
| recollendo velas ante a néboa | 
| Comprobando o asubio no medio da brétema | 







 
3 comentarios:
Que barco tan bonito tienes , Xaquín! Y que hermosa es Galicia, su mar y su cultura marítima. Que ganas tengo ya de que llegue el próximo encontro de embarcaciones tradicionales. Esperemos que se pueda hacer. Y si no vendremos igualmente porque os echamos de menos.
Saludos desde el Mediterráneo!
Que sorte, carallo! Calquera día solto o meu lastre pequeno con patas e tómoche a palabra de saír de paseo no Rana, si? apertas morriñentas!
(excelentes fotos, por certo!)
Benvingut Joan a aquesta nova marxa del Boudevara.
Gràcies pels comentaris. Coincideixo en el desig que el XI Encontro se celebri, serà un plaure tornar a veure-us per Galícia on teneis tants amics.
Una forta abraçada
Querida Andrea, pon día e saímos, será un pracer. Gracias pola visita, senon fose por todos vos, este blog sería un faro no deserto. Apertas e bicos para o pequeno lastre.
Publicar un comentario