Translate

viernes, 20 de noviembre de 2009

Novas Bou e Vara


Resumo da semana:

BOU. A boa noticia
(Por Lino Prieto)


É maís que evidente que nesta semana a boa noticia é a liberación do
Alakrana e os seus tripulantes sanos e salvos, aínda que con unha pegada
imborrable nas súas vidas como o que supón os 47 días de secuestro e
incertidume de mans dos piratas somalís.



Neste caso a historia tivo un desenlace feliz, que nada tivo que ver coa que podería terse liado. Namentras outros siguen a tombos co Willy, a ver se é mayor ou menor de idade, ou se xogaba ás damas ou ao parchís cando estaba na escola… e por outra banda está o de sempre: os réditos políticos, de uns e outros, que son os primeiros que calculan canto valen as vidas dos demais en euros ou en votos, non sei que será peor.

Como dicíamos ao principio, podemos rematar esta semana con unha noticia boa, boa das de verdade.

VARA

A mala nova vai para ese lume devastador que está a estragar o sector productivo vencellado co mar e a pesca.




Nunha tarde de mediados de setembro deste ano, dende Cambados víase unha columna de fume negro pola banda do Barbanza semellante a un tornado lento; era a fábrica de cordelería e aparellos CHICOLINO que ardía sen contemplación.
“A pérda patrimonial é importantísima, non podo calculala", decía un abatido Juan José Fajardo Piñeiro, dono de J.J. Chicolino, despois de que o lume arrasase por completo a súa fábrica de Boiro. O seu fillo engadía: "fóronse ó traste 30 años de traballo e moitas ilusións, agora temos que empezar de cero”.
Os dono da fábrica, a pesar dos pesares, queren retomar a actividade canto antes, se ben son conscientes de que sen o apoio da Administración vai ser difícil.
Chicolino desfeito. Foto: Faro de Vigo

Pois cando estamos aínda co cheiro do aparello chamuscado, esta semana prendeu lume a fábrica de Pinturas PROA no polígono de A Granxa no Porriño, un referente en productos de mantemento dos barcos: imprimacións, pinturas, aceites, barnices, patentes... Así daban a nova na prensa: “Unha pequena deflagración na zona de envasado e materias primas da fábrica, provocou un incendio que nuns momentos afloraba pola cubierta do edificio con grandes chamas e unha mesta fumareda negra que amenazaba pola súa toxicidade”. (EL Pais)


Pinturas proa en chamas. Foto: El País

A vara vai esta semana para o “lume”, ese vello inimigo que nos arrasa os montes e agora as fábricas. Xa o sector do mar vai como vai e inda por riba este lume devorador. Todos contra o lume.

Boa fin de semana e coidado de non vos queimar moito

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Se un fose partidario das teorías conspiratorias pensaría que é moi "raro" que en tan pouco tempo ardan duas fábricas que teñen que ver co mar.

bou de vara dijo...

A min tamén me "chama" a atención. Agardemos que non se repita e pola contra vexamos o nacemento de novas actividades produtivas e de servizos nas comunidades costeiras.
Saúdos